• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Gonzalo Hermo, gañador do XVI Premio de Poesía Afundación

Cultura Outras Profesionais Gratuíta
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Gonzalo Hermo, gañador do XVI Premio de Poesía Afundación
  • 17-07-2018 22-07-2018 Gonzalo Hermo, gañador do XVI Premio de Poesía Afundación O taragoñés (Rianxo) gaña a nova edición do Premio de Poesía con A vida salvaxe Sede Afundación Santiago de Compostela Rúa do Vilar, 19. Santiago de Compostela (A Coruña) Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Sede Afundación Santiago de Compostela

    Rúa do Vilar, 19. Santiago de Compostela (A Coruña)

  • Datas:

    17 de xullo 2018

  • Horario:

    18.30 h

  • Entrada:

    Gratuíta

Gonzalo Hermo, poeta de Taragoña (Rianxo), gaña a XVI edición do Premio de Poesía Afundación, á que se presentaron un total de 31 obras. O xurado, composto polas escritoras Alba Cid e Estíbaliz Espinosa (gañadora da anterior edición); Xosé Ramón Pena, escritor; Xabier Castro Martínez, escritor e secretario do xurado; e Luís González Tosar, presidente do Centro PEN de Galicia e presidente do xurado, decidiu que A vida salvaxe de Gonzalo Hermo fose o traballo gañador desta nova edición. A Sede Afundación de Santiago de Compostela acolleu o acto do fallo o 17 de xullo.

 

A vida salvaxe, presentada por Gonzalo Hermo baixo o lema A vida salvaxe, «ofrece desde a sobriedade e a contención –en palabras do xurado­– un regreso á natureza que incorpora o autobiográfico e o metapoético». Esta obra entronca –engaden– con poéticas abertas na creación contemporánea tanto na súa busca do salvaxe coma no recurso dun misticismo estético». Quen integraron o xurado destacaron así mesmo que a variedade de liñas poéticas que ofrece o conxunto dos traballos presentados «constatan o actual intre creativo».

 

Gonzalo Hermo (Taragoña, Rianxo, 1987) é licenciado en Filoloxía Galega e doutor en Lingüística pola Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente vive en Cataluña, onde é profesor asociado da Universitat Autònoma de Barcelona e imparte o curso anual de poesía da Escuela de Lletres de Tarragona. Publicou dous libros de poesía: Crac (Barbantesa, 2011) e Celebración (Apiario, 2014), traducido ao catalán (Godall, 2016) e ao castelán (La Bella Varsovia, 2017). Recibiu os premios Xuventude Crea da Xunta de Galicia en 2010, o Premio da Crítica Galega en 2015 e o Premio Nacional de Literatura na modalidade de Poesía Nova «Miguel Hernández» en 2015. Exerceu puntualmente como crítico literario para diferentes medios e como tradutor de poesía galega contemporánea. É membro fundador da editora-librería-espazo de creación Chan da Pólvora, con sede en Santiago de Compostela.

 

O Premio de Poesía Afundación, que implica a publicación do libro na colección «Arte de trobar» e unha dotación económica de 6000 euros, comezou o seu percorrido no ano 2002 a instancias do PEN Club de Galicia e de Afundación. No seu elenco de gañadores figuran poetas galegos coma Xavier Seoane, María do Cebreiro, Román Raña, Arcadio López Casanova, Marilar Aleixandre, Carlos Penelas, Luís Valle Regueiro, Emma Pedreira, Xavier Rodríguez Baixeras, X. Daniel Costas, Yolanda Castaño, Elías Portela, Miguel Anxo Fernán Vello, Olalla Cociña ou Estíbaliz Espinosa, gañadora da anterior convocatoria.

 

O premio, que celebra a súa decimosexta edición, conta co apoio e a participación da Xunta de Galicia, cunha implicación no proxecto que garantiza a estabilidade do galardón e contribúe a preservar esta cita de referencia na axenda cultural galega, ao tempo que estimula a creación literaria. Afundación e o Centro PEN de Galicia, tras quince anos de implicación e compromiso coa poesía e coa literatura galega, continúan traballando por un xénero indispensable que, aínda que minoritario, serve de alicerce para a consolidación da renovación estética e para a normalización da lingua galega.

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078