• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Mostra «Oswaldo Guayasamín 1919-1999. Dúas series. Dous aniversarios». Lugo

Cultura Exposicións Xeral Gratuíta
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Mostra «Oswaldo Guayasamín 1919-1999. Dúas series. Dous aniversarios». Lugo
  • 26-09-2019 11-01-2020 Mostra «Oswaldo Guayasamín 1919-1999. Dúas series. Dous aniversarios». Lugo Chega a Lugo o universo pictórico do grande artista ecuatoriano, un dos máximos expoñentes do cubismo e o expresionismo con temática indíxena Sede Afundación Lugo Praza Maior, 16 / Praza Santa María, s/n. Lugo (Lugo) Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Sede Afundación Lugo

    Praza Maior, 16 / Praza Santa María, s/n. Lugo (Lugo)

  • Datas:

    26 de setembro ao 11 de xaneiro 2020

    HORARIO DE NADAL.

    Pechado os días 24, 25 e 31 decembro e 1 e 6 de xaneiro. 

  • Horario:

    Luns a sábados de 18.00 a 21.00 h

  • Entrada:

    Gratuíta
Solicitar visita

A Sede  Afundación de Lugo trae a exposición «Oswaldo  Guayasamín 1919-1999. Dúas series. Dous aniversarios», unha oportunidade única para coñecer o universo do artista ecuatoriano, un dos máximos representantes das vangardas de principios do século XX, especialmente cubismo e expresionismo. Visítaa a partir do 26 de setembro ao 11 de xaneiro no noso edificio lucense.

 

Visita guiada inaugural o 26 de setembro ás 19.30 h coa comisaria da mostra Pilar Cagiao. De balde!

 

Visitas guiadas para público xeral, previa inscrición no 982 289 096 ou a areaeducativalugo@afundacion.org

Prezo 1 €/ participante

 

OBRADOIROS DE GRAVADO

Dúas sesións a cargo da profesional Tita Fraga.

Sábados 21 e 28 de decembro | 11.30 h a 13.30 h

Entrada libre e sen previa inscrición.

+ INFO

 

CONFERENCIAS

Domingo González Lopo: «Unha ponte entre as ribeiras do Océano: os santos tamén emigraron» | 30 OUT. | 19.00 h 
O profesor Domingo González Lopo, especialista, entre outras materias, en Historia de América, aborda a chegada e troca relixiosa e cultural que se produciu na colonización do continente. O tema é o papel das devocións e festas relixiosas como mecanismo cultural para manter viva a lembranza da terra e a propia identidade na emigración e, ao tempo, procurar acougo nos momentos de angustia, percorrendo ao valemento dos santos, coñecidos na casa desde a infancia. Asemade, o contacto con novos santuarios nos lugares de destino fixo nacer novos afectos espirituais que foron chegando cos emigrantes retornados, abríndose un oco nas vilas galegas ata gañar carta de natureza, e volvéndose tan enxebres coma os autóctonos.
 
Pilar Cagiao Vila: «A volta ao mundo de Magallanes» | 12 DEC. | 19.00 h 
A comisaria da mostra, Pilar Cagiao, proponnos un relatorio ao fío do Ano Magallanes, este 2019, cumpríndose o V Centenario da expedición marítima que o protagonista capitaneou no século XVI, dando lugar á primeira circunnavegación da Terra na historia. Falaranos das expedicións ao novo mundo por parte dos navegantes galegos, desde a célebre viaxe magallánica ata a exploración das terras austrais. 
 
Inscricións aquí para asistir ás conferencias

 

DIDÁCTICA escolares

Oswaldo Guayasamín é un dos artistas latinoamericanos máis destacados do século XX, coñecido polos seus retratos de importantes personalidades e pola súa vinculación ao muralismo, ademais de pola súa alta sensibilidade e coñecemento da vida indíxena e as culturas prehispánicas. Desde a Área Educativa de Afundación preparamos un programa para toda a comunidade escolar en que tratamos valores e numerosos encontros entre as culturas española e americana.

 

  • Pachakuti wawakuna. Infantil a 3º de primaria

Visita conto que recolle historias do pasado en quechua

  • Tinkukuy qhiswa. 4º de primaria a 2º ESO

Visita obradoiro. Encontros en quechua

  • Oswaldo Guayasamín. 3º e 4º ESO, bacharelato e C.F.

Visita obradoiro

 

Prezo: 1 € / participante

Información e reservas no 982 289 096 ou areaeducativalugo@afundacion.org

 

A MOSTRA

A mostra conmemora o centenario do nacemento do pintor Oswaldo Guayasamín (Quito, 1919) e, ao mesmo tempo, o vixésimo aniversario do seu falecemento (Baltimore, 1999), ademais de ser o Ano Internacional das Linguas Indíxenas. Por todo iso, faise propicia para devolver á actualidade a incrible obra pictórica do artista.

 

En colaboración co Museo do Gravado á Estampa Dixital de Artes, presentamos dúas series de gravados: «De  Orbe  Novo  Decades» e «Emocións». A primeira, unha análise sobre a vida indíxena e o fenómeno da descuberta, foi concibida para ilustrar unha edición facsimilar do libro de nome homónimo de Pedro Mártir de Anglería, publicado orixinalmente en 1516. Se o relato do humanista italiano inspirou as 57 ilustracións do mestre ecuatoriano, efectuadas nos anos oitenta do pasado século, esas mesmas litografías e  augafortes, que se refiren ás visións mutuas entre dous mundos que tiveron lugar a partir de 1492, suxeríronnos unha nova ollada desde os textos históricos, literarios ou xornalísticos. Doutra banda, a serie «Emocións», denominada así pola propia Fundación Museo das Artes, a través de 20 litografías realizadas en España polo pintor quiteño, achéganos ao mundo dos sentimentos, outra das súas principais preocupacións pictóricas, onde, a dicir do propio Guayasamín, «puxen alí toda a miña alma e reflectín os temas máis eternos».

  

Comisariado e textos: Pilar Cagiao, profesora de  Hª de América.  Universidade de Santiago de Compostela

Deseño da mostra: José Luis Rey

 

«(…) coñecín un novo pintor ecuatoriano, de gran futuro, ao meu xuízo. Oswaldo  Guayasamín (…) no que el quere pintar, aínda que con influencias fatais, vin o indíxena (…) porque sente con amor sinxelo, profundo, invariable (…)» Juan Ramón Jiménez.

 

«(…) un dos últimos cruzados do  imaxinismo: o seu corazón é  nutricio e  figurativo, está cheo de criaturas, de dores terrestres, de persoas angustiadas, de tortura e de signos. É un creador do home máis espazoso, das figuras da vida, da imaxinación histórica». Pablo  Neruda.

 

«Guayasamín é un pintor  telúrico e solar (…), eu vexo a Oswaldo  Guayasamín parado, firmes os seus pés sobre a terra e  admirativo baixo o sol, recibindo todas as  substancias que dá a selva  emborrachada pola calor solar, no  trópico; e a bafarada do chairo, na serra, azoutado tamén polo sol. E os ollos ben abertos, preguntando en actitude  devoradora. Pregunta á terra  xeradora de vidas e de mortes; pregunta aos homes, pacientes de dor ou extáticos de xúbilo».  Benjamín  Carrión.

 

«Pintei coma se berrase desesperadamente, e o meu berro sumouse a todos os berros que expresan a humillación, a angustia do tempo que nos tocou vivir. Coa esperanza de chegar un día para construír un mundo en que as culturas traballadas polos pobos ―como o oleiro fai o seu cántaro―, sexan coidadas como o campesiño coida con amor a terra e a súa semente». Oswaldo  Guayasamín.

 

«Hai sentimentos comúns a todos os homes coma o odio, o amor, a tenrura, as aspiracións, as crenzas relixiosas, aínda que cada grupo humano teña distintas maneiras de expresar estas cousas profundas. Nos meus cadros quero referirme a estas paixóns totais do home. Pinto procesos de expresión da figura que van desde momentos de timidez ata os de furia, sen interesarme se son homes ou mulleres; nin o sexo nin outros atributos me interesan, só o xesto que denota o sentimento que é universal». Oswaldo  Guayasamín.

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078