• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos+60
      • Acompañamento +60
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Exposición THIS IS POP! DAS LATAS DE ANDY WARHOL ÁS TÚAS en Santiago de Compostela

Cultura Exposicións Xeral Gratuíta
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Exposición THIS IS POP! DAS LATAS DE ANDY WARHOL ÁS TÚAS en Santiago de Compostela
  • 17-10-2023 27-01-2024 Exposición THIS IS POP! DAS LATAS DE ANDY WARHOL ÁS TÚAS en Santiago de Compostela Dentro del programa CULTURA POR ALIMENTOS, arranca esta muestra con obras de Warhol, Lichtenstein, Robert Rauschenberg, Rafael Canogar, Takashi Murakami y un largo etcétera Sede Afundación Santiago de Compostela Rúa do Vilar, 19. Santiago de Compostela (A Coruña) Afundación [email protected] Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Sede Afundación Santiago de Compostela

    Rúa do Vilar, 19. Santiago de Compostela (A Coruña)

  • Datas:

    17 OUT a 27 XAN 2024

  • Horario:

    LUNS A SÁBADOS | 12.00 a 14.00 e 16.30 a 20.30 h 

    (Pechado, 25 decembro, 1 e 6 xaneiro)

  • Entrada:

    Gratuíta

Sesenta e tres producións de vintenove artistas que abordan a arte Pop desde as súas orixes nos anos 50 ata os nosos días. Andy Warhol, Roy Lichtenstein, Robert Rauschenberg, Eduardo Paolozzi, Richard Hamilton, Peter Blake, Yayoi Kusama, Equipo Crónica, Equipo Realidad, Eduardo Arroyo, Rafael Canogar, Damien Hirst, Takashi Murakami, Jeff Koons, Yoshitomo Nara, Julian Opie, Mr., Shepard Fairey (Obey), Kaws, D*Face, Boamistura e Okuda, etc. Queres gozar de todos estes artistas? Visita THIS IS POP! DAS LATAS DE ANDY WARHOL ÁS TÚAS ata o 27 de xaneiro de 2024 na nosa Sede Afundación da Rúa do Vilar. 

 

comisaria | ANTONELLA MONTINARO

 

VISITAS GUIADAS para público xeral

14 DEC 2023 | 19.00 h (máx. 25 persoas)

11 XAN 2024 | 19.00 h (máx. 25 persoas)

INSCRÍBETE AQUÍ

 

Asiste de balde a cambio da túa doazón para o banco de alimentos local co programa CULTURA POR ALIMENTOS! Esta iniciativa de Afundación Obra Social ABANCA en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos, nace co obxectivo de contribuír, a través de doazóns, a incrementar os recursos dos Bancos de Alimentos de Galicia.

Entra aquí e infórmate polo miúdo.

 

A arte pop foi un movemento xurdido a finais da década de 1950 en Reino Unido e Estados Unidos como reacción artística ante o expresionismo abstracto e que se caracterizou polo emprego de imaxes e temas tomados da sociedade de consumo e da comunicación de masas aplicados á arte. Utilizaban imaxes coñecidas cun sentido diferente para acadar unha postura crítica da sociedade de consumo. O neo-pop, pola súa parte, é unha corrente artística vivo exemplo da posmodernidade do século XX, onde ironía, repetición, apropiación, deconstrución e distintas linguaxes ou referencias xeran unha arte a veces kitsch e de matices mixtos. Non hai homoxeneidade, igualmente se utilizan como fonte de inspiración as imaxes da cultura popular coma os medios de comunicación de masas. Todos os artistas neo-pop teñen en común o feito de utilizar a iconografía dos cómics, dos debuxos animados, dos anuncios publicitarios ou incluso da obra doutros artistas pop xa consagrados. Igualmente, se algo caracteriza a arte urbana do século XXI arredor do mundo é a súa heteroxeneidade. As intencións dos seus autores son moi diversas e variadas, non todos manexan a linguaxe da subversión e a ironía, non todos tratan de incitar no público reflexións sociais nin políticas, pero si buscan chamar a atención, sorprender ao ocuparen un espazo público non concibido inicialmente para albergar obras deste tipo, ao converteren a rúa nun museo ao aire libre. 

O que une todos estes movementos é un sistema referencial e subxectivo. Trátase duns estilos que regresan á realidade cotiá da vida diaria, unha cultura popular con protagonismo da televisión, as revistas ou os cómics.

Esta exposición inclúe unha selección de artistas que levan traballando a linguaxe pop desde as súas orixes a mediados do século XX ata os nosos días, realizando unha análise comparada das producións artísticas de EEUU, Reino Unido e España. A través dun percorrido multidisciplinar e de carácter divulgativo, o público poderá contemplar desde as serigrafías de Marilyn Monroe elaboradas por Andy Warhol, ata as famosas latas Campbell protagonistas da súa produción, ou a repercusión en España co Equipo Crónica, pasando pola arte pop en Reino Unido e a continuidade no pop urbano.

 

ESCOLARES

Visita obradoiro STEAM | INFANTIL A 4º PRIMARIA | 2 € escolar
Non STOP para a arte POP. Un divertido xogo de pistas para coñecer e achegármonos á cultura pop, clave e referencia do mundo do cómic, a televisión, o cinema e a música.

Visita obradoiro STEAM | 5º PRIMARIA A 2º ESO | 2 € escolar
Comeríate a versos! Unha viaxe desde os anos 50 do século XX até a actualidade, da man dunha das manifestacións artísticas máis representativas da cultura da posmodernidade.

Visita obradoiro STEAM | 3º ESO, BACHARELATO e C.F. | 2 € escolar
This is pop. Unha viaxe pola arte pop desde as súas orixes á actualidade.


Información e reservas: 981 552 577 | [email protected]

 

Para saber más sobre actividades para escolares entra aquí.

«This is Pop! Das latas de Andy Warhol ás túas» en Vigo
«This is Pop! Das latas de Andy Warhol ás túas» en Vigo
«This is Pop! Das latas de Andy Warhol ás túas» en Vigo
«This is Pop! Das latas de Andy Warhol ás túas» en Vigo
Exposición en Vigo
Exposición en Vigo
Exposición en Vigo
Exposición en Vigo
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    [email protected]
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 120 078