• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Mostra «Terras de Salitre. Cristina Mittermeier». Santiago

Cultura Exposicións Xeral Gratuíta
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Mostra «Terras de Salitre. Cristina Mittermeier». Santiago
  • 04-05-2018 02-09-2018 Mostra «Terras de Salitre. Cristina Mittermeier». Santiago A gran fotógrafa dos océanos descobre parte do seu traballo nas nosas salas Sede Afundación Santiago de Compostela Rúa do Vilar, 19. Santiago de Compostela (A Coruña) Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Sede Afundación Santiago de Compostela

    Rúa do Vilar, 19. Santiago de Compostela (A Coruña)

  • Datas:

    4 de maio a 2 de setembro 2018

  • Horario:

    Luns a domingos de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 h (Domingos de xullo e agosto, pechado)

     

    VISITAS GUIADAS:

    Previa cita para grupos (mín. 10 persoas) en horario de apertura ao público.
    1 € persoa.
    Infórmate no 981 552 577 ou en areaeducativacompostela@afundacion.org
  • Entrada:

    Gratuíta

Do 4 de maio ao 2 de setembro, Cristina Mittermeier, a gran fotógrafa dos océanos, chega á Sede Afundación Santiago de Compostela. Vénnos amosar as incribles imaxes da súa cámara, que percorreu nos últimos anos paraxes fascinantes que van da Columbia Británica en Canadá, ata Hawai, A India, Madagascar e mesmo Galicia, onde conviviu con mariscadoras, redeiras ou percebeiras. A paixón polo mar é o fío condutor do seu traballo e a fotografía, a ferramenta coa que busca defendelo. Co nome «Terras de salitre» esta mostra anoa xentes e mar, en moitas culturas unha unión indisoluble.

A exposición que presentamos lévanos por numerosos lugares afastados entre si, mais cun nexo, o mar e as súas xentes. Cristina Mittermeier busca a reivindicación dun mar máis digno, por iso canda o seu traballo creou a plataforma SeaLegacy polo coidado dos océanos, unha organización sen ánimo de lucro que denuncia, informa e contribúe con campañas para defender pequenas zonas costeiras. É hoxe unha das plataformas máis recoñecidas no plano internacional pola importancia das súas consecucións, sen desbotar o seu atractivo artístico.

 

Seguindo as obras de Mittermeier pola sala podemos descubrir moitas e comprometidas olladas. En 2010, como integrante da Liga Internacional de Fotógrafos Conservacionistas e da organización Conservación Internacional, a fotógrafa viaxou á área protexida do Parque Mariño de Abrolhos, na costa central do Brasil. Buscábase conseguir unha maior protección mariña dun lugar que acolle os arrecifes de coral máis extensos do Atlántico Sur e en que se dá unha pesca artesanal e sustentable para a localidade. As imaxes amosan a vida das comunidades do litoral e dos pescadores, que dependen dun ecosistema san.

 

O Ártico e A Antártida foron outros dous campos de traballo. O cambio climático está a transformar rapidamente a superficie das rexións polares e só unha acción inmediata pode frear as emisións de carbono que o provocan. Mostrando os diversos xeitos do cambio, desde as penurias dos osos polares ata a transformación dos padróns meteorolóxicos da península antártica, trata de que a xente conecte emocionalmente co problema máis importante da nosa xeración.

 

Madagascar, gran illa da costa este de África, alberga unha misteriosa vida salvaxe, mais o interese de Cristina Mittermeier céntrase nas tribos indíxenas. Coma en moitos países de África, unha boa parte dos seus recursos pesqueiros foron esquilmados por barcos de pesca estranxeiros.

 

Durante o verán de 2015 dirixiu unha  expedición de SeaLegacy ao sur da India para documentar a situación das pesqueiras artesanais nos estados costeiros de Tamil Nadu e Kerala. Desde Kanyakumari, na punta máis setentrional do continente, ata Chennai, a capital de Tamil Nadu, visitou todas as comunidades de pesca e constatou que a medida que as frotas pesqueiras foron medrando, o tamaño dos peixes e o volume de capturas diminuíu. A razón é sinxela, hai demasiadas persoas e demasiados barcos, mais non peixes abondo.

 

Un novo encargo da revista National Geographic levouna a Hawai, onde durante seis meses viviu na praia de Mahaka. Alí documentou o rexurdir da cultura hawaiana e a relación que os seus habitantes teñen co mar. En contraste co glamour e a elegancia de Waikiki e Honolulu, a costa occidental presenta un longo elenco de problemas sociais.

 

Groenlandia, seguinte parada, como parte dunha expedición da revista National Geographic, da súa rama ambientalista National Geographic Pristine Seas, e da súa propia organización, SeaLegacy. Durante tres semanas cruzou o mar xeado en zorras de cans, en compañía dun grupo de cazadores inuit. As capas de xeo de Groenlandia estanse a derreter de xeito alarmante: os seus enormes bloques de xeo almacenan o 10 % da auga doce do globo. A fotógrafa di «O que fagamos –ou deixemos de facer– na vindeira década determinará como será o noso planeta dentro de miles de anos».

 

Desde a punta norte da Illa de Vancouver ata a franxa de Alaska, o Mar do Gran Oso está intimamente ligado aos ecosistemas de bosques tépedos que cobren toda a costa e aos hábitats mariños dunha riqueza e diversidade de importancia global. Aquí botou raíces a mexicana, forxando relacións de amizade e colaboración coas comunidades indíxenas e as organizacións que traballan na zona. O que sente coma o seu fogar, o Mar de Salish na Columbia Británica, é a morada ancestral de moitas comunidades indíxenas. As augas costeiras desta rexión acollen máis de oito millóns de habitantes e, con todo, aínda conservan unha gran biodiversidade. Entre os seus veciños atópanse non só os membros das tribos de Primeiras Nacións Salish, senón tamén as focas, as candorcas e os salmóns. Como moitos habitantes desta zona, Mittermeier sente unha profunda conexión e familiaridade coa natureza do lugar.

 

BIOGRAFÍA

Cristina Goettsch Mittermeier naceu na Cidade de México en 1966 e medrou preto, en Cuernavaca, no estado de Morelos. É unha bióloga mariña que durante os últimos 25 anos traballa como escritora, conservacionista e fotógrafa. Graduouse na Universidade ITESM en México cun título en Enxeñería Bioquímica en Ciencias do Mar e logo asistiu ao programa de Fotografía de Belas Artes no Corcoran College for the Arts en Washington DC.

En 2005 fundou a prestixiosa Liga Internacional de Fotógrafos de Conservación (ILCP) para proporcionar unha plataforma para fotógraf@s que traballan en cuestións ambientais. En 2015, cofundou SeaLegacy, unha organización sen fins de lucro dedicada a protexer o océano, xunto co seu socio, o fotógrafo canadense Paul Nicklen. A parella vive en Nanoose Bay, na illa de Vancouver.

SeaLegacy é unha organización dedicada a promover a protección dos océanos do mundo a través da narración de historias. O traballo de Cristina foi exhibido en centos de publicacións, incluíndo National Geographic Magazine, McLean's e TIME.

En 2010, Mittermeier recibiu o Premio da Misión da Asociación de Fotografía da Natureza de América do Norte (NANPA) e o Premio á Fotógrafa da Conservación Smithsonian do Ano. Mittermeier pertence á World Photographic Academy e foi elixida por Sony como Artesá da Imaxe de Sony. Hai pouco foi recoñecida, pola revista Outdoor, coma unha das 40 fotógrafas de natureza máis influentes do mundo. En 2017 viaxou a España por primeira vez e pasou varios días visitando algunhas das zonas pesqueiras de Galicia.

 

«Para os galegos, o mar é unha fonte de orgullo e identidade; non me cabe dúbida de que polas súas veas corre a auga salgada», Cristina Mittermeier.

 

DIDÁCTICA INFANTIL

Como focas ao sol en primavera. Infantil a 3º de primaria 
Unha visita conto  para os máis pequenos coa que comprenderán como se vive noutros lugares do mundo e como axudar e colaborar para que a vida dos nosos ecosistemas mariños sexa marabillosa.

 

Mares de coñecemento. 4º de primaria a 1º ciclo ESO 
Unha viaxe de descubertas a través das afastadas e sorprendentes paraxes recollidas por Cristina Mittermeier, unha visita con xogo de investigación e un obradoiro sobre ciencias mariñas. 

 

Terras de Salitre de Cristina Mittermeier. 2º ciclo ESO, bacharelato e CF 
Cristina Mittermeier e a súa loita pola conservación do planeta e os ecosistemas, historias de mares e de persoas cun único obxectivo, facer deste planeta un planeta mellor.

 

Prezo: 1 € / escolar

Información e reservas no 981 552 577 ou en areaeducativacompostela@afundacion.org

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078