• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos+60
      • Acompañamento +60
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Emocións e soidades
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Exposición SOÑO DE NAVEGANTE. Colección de arte cubano contemporáneo Luciano Méndez Sánchez, en Ferrol

Cultura Exposicións Xeral Gratuíta
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Exposición SOÑO DE NAVEGANTE. Colección de arte cubano contemporáneo Luciano Méndez Sánchez, en Ferrol
  • 21-09-2023 05-01-2024 Exposición SOÑO DE NAVEGANTE. Colección de arte cubano contemporáneo Luciano Méndez Sánchez, en Ferrol Agora chega a Ferrol esta gran mostra con pezas, memorias e viaxes imaxinadas, onde se reconstrúe a historia visual e cultural dunha nación a través dos seus artistas. Descubre na cidade herculina unha ollada sobre a cubanidade Sede Afundación Ferrol Praza da Constitución s/n. Ferrol (A Coruña) Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Sede Afundación Ferrol

    Praza da Constitución s/n. Ferrol (A Coruña)

  • Datas:

    21 SET 2023 a 5 XAN 2024

  • Horario:

    LUNS a VENRES | 17.00 a 20.30 h

    SÁBADOS | 11.00 a 14.00 e 17.00 a 19.00 h

    DOMINGOS e FESTIVOS | pechado

  • Entrada:

    Gratuíta

Visita virtual

A partir da revisión dos fondos da Colección de Arte Cubano Contemporáneo Luciano Méndez Sánchez, a exposición Soño de Navegante convida a realizar un percorrido pola arte cubana contemporánea do últimos cincuenta anos; transitando por diferentes temáticas, estilos, soportes e autores que se converteron en imprescindibles dentro do escenario plástico da Illa. A diversidade e riqueza nesta Colección tradúcense na pluralidade coa que se relata a historia pasada e presente: a través da esencia das raíces, da revisitación do “eu”, do soño, e da propia viaxe que supón a identidade. Desde o 21 de setembro e ata o 5 de xaneiro de 2024, visítaa na Sede Afundación Ferrol.

 

ACTO DE INAUGURACIÓN

21 SET | 19.00 h | Sede Afundación Ferrol

Inscrición aquí

 

comisarias | YADIRA DE ARMAS e ANA GABRIELA BALLATE

 

Esta exposición enmárcase en CULTURA POR ALIMENTOS, unha iniciativa de Afundación en prol de FESBAL (Federación Española de Bancos de Alimentos). Accede e colabora doando algún alimento non perecedoiro que irá destinado ao banco de alimentos local.

Entra aquí e infórmate polo miúdo.

 

Sen evocar unha cronoloxía precisa, Sueño de Navegante discorre entón por unha serie de pezas, memorias e viaxes imaxinadas, onde se reconstrúe a historia visual e cultural dunha nación narrada na voz dos seus propios artistas. Propón unha mirada sobre a cubanidade xunto a unha visión máis introspectiva e mística, vinculada ao que somos, de onde vimos e cara a onde imos. É así, como descubríndonos nese soño e nesa viaxe, na procura das raíces, é posible desvelar na mostra, desde a narración e o parafraseo visual, lazos con Galicia, esoutra terra de onde navegantes, migrantes, soñadores, partiron cara á illa de Cuba e deixaron -tanto como se permearon no mapa social, cultural e antropolóxico-, parte da súa pegada en 500 anos de historia que comprenden un cúmulo insospeitado de legados a ambos os dous lados do océano.

 

ARTISTAS

Roberto Diago / Santiago Rodríguez Olazábal /José Bedia / Pedro Pablo Oliva / Manuel Mendive / Carlos Quintana / Alfredo Sosabravo / Moisés Finalé / Roberto Fabelo / Pedro Pablo Oliva / Ernesto Rancaño / Carlos Otero e Ira Kononenko / Alexis Leyva Machado / Luis Enrique Camejo / Alejandro Gómez Cangas / Juan Carlos Pérez Balseiro / Niels Reyes / Daniela Águila / Gabriel Sánchez Toledo / Rafael Pérez Alonso / Jorge Otero / Vicente Hernández

 

A EXPOSICIÓN

Entrelazadas por unha historia común, un tronco orixinario do cal, mesturado con outras raíces xurdiron pólas de singularidade excepcional, a cultura cubana e a española posúen numerosos elementos en común. A idiosincrasia, moitas das tradicións, vocábulos, refráns e maneiras de ver a vida, son o froito do fluxo constante entre unha terra e a outra, que durante séculos, fraguou a relación entre estes dous países.

Entre Cuba e Galicia os lazos son igual de estreitos. Chegando a ser A Habana a segunda cidade co maior índice de galegas e galegos fóra de España a principios do século XX; tendo orixe o himno de Galicia na Habana; e confeccionándose a primeira bandeira galega en Cuba; a relación entre ambos os escenarios é innegable. Desta maneira, explícase que unha colección de arte cubana, entretecida pola man dun coleccionista español -Luciano Méndez Sánchez-, poida contar entre os seus pasos coa presenza en chan galego.

A arte cubana responde ao seu contexto, en igual sentido que a arte contemporánea cubana o fai á súa época. Con todo, as influencias das que bebe son palpables, e desde Goya ata Picasso, desde o mito africano ata a herdanza hispana, poden ser prezados en cada unha das súas obras. Artistas cubanos e españois tiveron como influencia semellantes referentes que logo evolucionaron ata xerar o seu propio discurso. Como exemplo basta subliñar que o Museo Nacional de Belas Artes de Cuba posúe, hoxe en día, a mellor colección de pintura do século XIX español fóra das nosas fronteiras.

Artistas españois de toda índole viaxaron a terras cubanas para poder entender e comprender todo o seu traballo, pero non só os artistas plásticos senón tamén literatos, bailaríns, músicos, intelectuais... Comprender a arte cubana resulta case imposible entón sen ter en conta a súa orixe e o constante regreso ás raíces tricontinentais de Europa, África e Latinoamérica. Produto dos innumerables préstamos que nestas viaxes se xeraron, configurouse, cos anos, a identidade da arte da Illa. O resultado final, enunciando ao gran Fernando Ortiz, é o dun “ajiaco” cultural, no cal a mestura dos seus compoñentes orixina un produto final, tal cal a crioulidade, traducido en cubanidade e que se viste de insularidade.

Agora ben, máis aló de estilos, técnicas ou pertenza a movementos artísticos, algo que se expón como un tronco común na arte cubana é a presenza da súa idiosincrasia. Unha idiosincrasia única e singular, que, aínda que atopa puntos en común con outras culturas, pon de manifesto quen somos e de onde vimos. E nesa procura por aqueles elementos que afianzan a relación cultural e histórica entre Cuba e España, a arte converteuse nun escenario onde palpar esas interconexións. Un legado que ata o día de hoxe transita e viaxa pola cosmogonía dos seus creadores.

Un dos trazos que sustentou a creación e a cultura galega foi precisamente o seu arraigado misticismo: as súas crenzas, os seus mitos, parte das súas tradicións que quedaron documentadas e que transcenderon á súa literatura, a súa música, a súa arte. Iso tamén o posúe a cultura cubana, por unha banda como parte dun legado, polos mitos e os ritos que foron levados á Illa por quen de Galicia e tantas outras rexións atoparon nesoutra terra o seu novo fogar, ou o seu sitio de tránsito; ou polos constantes intercambios artísticos e intelectuais que na Illa tiveron lugar. Así como por esa mestura que sustenta a identidade cubana, fundamentalmente aborixe, africana e española, que forxou unha noción mística para os insulares e que, máis aló dunha actividade espiritual, se concibe coma unha actitude perante a vida, unha maneira de vela e unha forma de vivila, arraigada ao propio ser.

As e os artistas que posúe a Colección de Arte Contemporánea Cubana Luciano Méndez Sánchez, expoñen coa súa imaxinería visual e conceptual, esa maneira individual, introspectiva e mística de entender a vida e entender a nación. Os seus temas erixen sentenzas, case refráns ocultos dunha cultura que nos seus códigos opera cunha sensibilidade inigualable para comprender e superar a existencia.

 

CATÁLOGO DA MOSTRA. Descarga de balde!

Sueño de navegante. Colección de Arte Cubano Contemporáneo Luciano Méndez Sánchez (Afundación, Obra Social ABANCA, 2023)

 

Soño de navegante
Soño de navegante
Soño de navegante
Soño de navegante
Soño de navegante. Ferrol
Soño de navegante. Ferrol
Soño de navegante. Ferrol
Soño de navegante. Ferrol
Soño de navegante. Ferrol
Soño de navegante. Ferrol
Soño de navegante. Ferrol
Soño de navegante. Ferrol
Soño de navegante. Ferrol
Soño de navegante. Ferrol
Soño de navegante. Ferrol
Soño de navegante. Ferrol
Soño de navegante. Ferrol
Soño de navegante. Ferrol
Soño de navegante. Ferrol
Soño de navegante. Ferrol
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078