• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

ARQUITECTURAS NARRADAS. Unha exposición SIMULTÁNEA, en Santiago de Compostela

Cultura Exposicións Xeral Gratuíta
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
ARQUITECTURAS NARRADAS. Unha exposición SIMULTÁNEA, en Santiago de Compostela
  • 09-10-2024 25-01-2025 ARQUITECTURAS NARRADAS. Unha exposición SIMULTÁNEA, en Santiago de Compostela Celebramos o noso décimo aniversario cunha festa creativa en todas as nosas sedes, SIMULTÁNEA! Sete exposicións nas sete principais cidades galegas en torno á Colección de Arte Afundación. Entra e infórmate sobre as mostras e toda a programación paralela Sede Afundación Santiago de Compostela Rúa do Vilar, 19. Santiago de Compostela (A Coruña) Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Sede Afundación Santiago de Compostela

    Rúa do Vilar, 19. Santiago de Compostela (A Coruña)

  • Datas:

    9 OUT a 25 XAN 2025

    (Visitas escolares ata 1 FEB 2025)

  • Horario:

    LUNS a SÁBADOS | 12.00 a 14.00 e 16.30 a 20.30 h

    DOMINGOS | pechado

     

    ESPECIAL NADAL: 

    24, 25, 31 DEC e 1, 6 XAN 2025 | pechado

  • Entrada:

    Gratuíta

Visita virtual

Co gallo do 10º aniversario de Afundación, Obra Social ABANCA, convidámoste a unha festa creativa que celebra por toda Galicia a arte e a cultura a través do macroproxecto SIMULTÁNEA, sete exposicións en sete cidades. A Colección de Arte Afundación é o eixe deste traballo minucioso que se expón a un tempo nos nosos espazos culturais. A Sede Afundación de Santiago de Compostela acolle, do 9 de outubro ao 25 de xaneiro de 2025, unha das mostras do proxecto baixo o nome de ARQUITECTURAS NARRADAS, unha viaxe polas obras da Colección, que reflexiona sobre as relacións da cidade e a arte. Visítanos no noso edificio da Rúa do Vilar.  

 

Coñece todo sobre o noso macroproxecto expositivo SIMULTÁNEA, AQUÍ.

 

ILUSTRACIÓNS AO VIVO con Iria Fafián

A artista chega á Sede Afundación de Santiago de Compostela para realizar unhas ilustracións ao vivo nas paredes da sala de mostras co gallo do macroproxecto SIMULTÁNEA. 

9 XAN | 18.30 h

Entrada libre.

 

Iria Fafián levou a termo os seus estudos de Arte en Pontevedra, Angoulême (Francia) e Altea, ademais de facer un posgrao de ilustración na escola BAU de Barcelona e o mestrado de obra gráfica na Fundación CIEC (Betanzos). A partir de 2014 publicou varios álbumes ilustrados, realizou diferentes murais -2.º premio Certame Xuventude Crea de Muralismo, 2014- e participou en feiras de arte coma Made in Galicia, Ilustratour ou Ilustrísima. A súa práctica de ilustración en caixa de luz levouna crear a exposición Irusu Ville (2018-2019) e a participar en Ilustrad/as no Instituto Cervantes de Nova York (2020/2021).

Entre as súas obras están Quen salva un can (ilustracións), Xerais, 2019; A casa do terror (ilustracións), Galaxia, 2018; A bruxa Discordia (ilustracións), Galaxia, 2015; En boca del lobo (ilustracións), Walrus, 2014.

 

VISITAS GUIADAS

A partir do 17 de outubro, cada xoves, ás 19.00 h

Inscricións AQUÍ

 

PASAPORTE SIMULTÁNEA

Convidámoste a viaxares por Galicia adiante e aproveitares para ir visitando cada unha das nosas exposicións SIMULTÁNEA nas sete principais cidades galegas. Con visitares 3 delas e selares o pasaporte, entras nun sorteo! 

Comeza a desfrutar do periplo, descubrindo a arte e a tradición galega en cada espazo. Ao final do camiño, igual tes premio!

Solicita xa O TEU PASAPORTE AQUÍ. 

Comisariado | PALOMA VELA

 

CULTURA POR ALIMENTOS, en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos FESBAL, tamén forma parte das sete exposicións de SIMULTÁNEA. Colabora cos bancos de alimentos locais, accedendo á mostra e ás súas actividades paralelas cunha doazón de alimentos non perecedoiros. Grazas pola axuda!

A ilusión compartida que nos move. Infórmate aquí

 

A MOSTRA

O espazo arquitectónico e urbanístico tivo unha gran presenza na pintura, primeiro, e na escultura, fotografía e mesmo no cine, despois. Desde as arquitecturas que exercían de fondo na plástica relixiosa medieval ata a época contemporánea coa ruptura artística das vangardas e a aparición de novas formas de mostrar o hábitat do ser humano, este tema suscitou debates e reflexións aos que non é allea a creación artística. 

Ao nos enfrontarmos á representación da arquitectura, mergullámonos nunha determinada época e na súa cultura, asistimos á construción mesma dunha paisaxe e facémolo a través da mirada creativa e enriquecedora do artista. Esta multiplicidade de enfoques ―históricos, sociais, estéticos e persoais― converte a presenza da arquitectura nas artes plásticas nun xénero rico e complexo. 

Dado que a traxectoria vital e profesional dos artistas se desenvolve en ámbitos urbanos que, ademais, tenden ao crecemento continuo, é lóxica a importante presenza deste tema nas artes visuais. As cidades son utilizadas como reflexo dun contorno doméstico, como destino exótico ou ideal, como recurso existencial ou opresivo, ou como realidade imaxinada, o que nos permite achegarnos á arquitectura e ao urbanismo desde moi diferentes ópticas.  

«Arquitecturas narradas» exemplifica á perfección esta pluralidade de visións e enfoques. Da súa man podemos reflexionar sobre a iconografía do urbanismo, os códigos da arquitectura rural, viaxar a lugares imaxinados ou descubrir novos destinos. Visións a rentes de chan ou a vista de paxaro construídas nas máis variadas linguaxes que abranguen desde o romanticismo ata o graffiti pasando pola arte conceptual ou a nova figuración, unha ampla representación da creación artística galega desde o século XIX ata os nosos días.

Sobresaen nomes coma os de Mario Granell, José Villamil, Tatiana Medal, Segura Torrella ou os santiagueses de nacemento Alfonso Costa, Manuel López Garabal, Aymerich, Romero Masiá e Antón Cabaleiro.

 

APARTADOS

COMPOSTELA

A cidade compostelá ofrece un perfil característico cos seus fitos, prazas, alamedas e, por suposto, o Camiño de Santiago, que outorga significados á cidade mesmo antes de chegar a ela. O centro histórico despunta como atractivo para artistas e transeúntes: a granítica forma das súas rúas e construcións mantén unha linguaxe común na urbe, cuxa erosión, rotundidade e plasticidade ofrece un sentido histórico de grande interese para o pincel do artista.

 

LUGARES CON PERSONALIDADE

Non é ata a chegada da Ilustración, a mediados do século XVIII, cando a temática arquitectónica se converte na arte de describir e de retratar cidades. Neste novo xénero, as panorámicas móstrannos os lugares máis significativos das urbes, ademais de conformar un testemuño histórico da súa evolución nas súas diferentes dimensións. Estas vistas panorámicas adoptan múltiples formas conforme pasa o tempo. A arte contemporánea aproveita os seus novos límites para servir á visión dos artistas e amosar tanto a personalidade da súa linguaxe artística como a do momento ao que pertence.

TRAZOS RURAIS

O mundo rural adoita asociarse, a miúdo univocamente, con valores de tradición, humildade, esforzo e cultura popular folclórica; pero o contorno rural é tamén inspiración contemporánea, vangarda e fonte de creatividade. A iconografía rural reflectida nestas obras articúlase arredor da presenza constante dos tellados a dúas augas, os soportais protectores, os símbolos relixiosos como vertebradores do espazo e das pequenas casas de pedra. Diferentes contornos rurais e diferentes linguaxes artísticas, que nos remiten a un espazo común e, en ocasións, idealizado.  

 

PASEANDO POLAS RÚAS

Na construción da imaxe da cidade moderna xogan un papel fundamental as representacións urbanas e a plástica das súas rúas. Miradas cruzadas á paisaxe urbana, críticas ou creativas, obxectivas, imaxinadas ou recreadas que revelan os valores, a identidade e a linguaxe das nosas cidades: sinais de tráfico, vallas publicitarias, luces de neon ou graffitis, como sinais de identidade da cidade contemporánea. O ser humano que aparece nestas escenas faino despoxado de humanidade, convertido en parte da paisaxe, como un elemento da gráfica urbana. 

 

RAÑANDO O CEO

O rañaceos e a catedral exercen o seu magnetismo vertical e convértense en punto de referencia da paisaxe urbana; son, ademais, símbolo de poder, forza económica e capacidade técnica, o que os converte nunha fonte de inspiración moi potente para a creación artística. As cidades e as súas construción máis representativas exercen de musas da arte contemporánea e inspiran obras moi diferentes cun punto en común, unha mirada artística recreada na conquista dos ceos e no perfil que identifica algunha das cidades máis emblemáticas do mundo. 

ARQUITECTURAS DESHABITADAS

As arquitecturas esvaecen e crean espazos ficticios, construcións ateigadas de fantasía que rememoran edificios pasados, futuros ou inexistentes, nun proceso do que desaparece a pegada dos seus habitantes e só a visión do artista establece o que existe e o que non. A arquitectura convértese así nun medio ao servizo dun discurso en defensa dos soños, do espazo insinuado, do extraordinario agachado tras a cotidianeidade, ou da pincelada intensa e esvaecida.

 

CATÁLOGO

O proxecto SIMULTÁNEA, coas súas sete exposicións nas sete urbes galegas, recóllese neste traballo que pretende centrar a ollada nas relacións e diálogos que enriquecen a lectura da Colección de Arte Afundación alén do seu interese cronolóxico. Este catálogo, pois, é un reflexo da diversidade de ópticas con que foi analizada e organizada desta volta a Colección. Foron sete especialistas quen abordaron as introducións de cada un dos sete capítulos:

José Manuel García Iglesias, MODO RETRATO; Asunta Rodríguez, O OBXECTO CONTEMPORÁNEO E DOMÉSTICO; Carlos L. Bernárdez, ESCENAS DE COSTA E MAR ABERTO; Federico L. Silvestre, ESPAZO ABERTO E NATUREZA; Miguel Ángel Cajigal, ABSTRACCIÓNS E MENSAXES CIFRADAS; Mercedes Rozas, ARQUITECTURAS NARRADAS; Pilar Corredoira, VOAR COA IMAXINACIÓN.

 

Coñece todo sobre o noso macroproxecto expositivo SIMULTÁNEA AQUÍ.

Alfredo Souto
Vista de una calle del pueblo de Estribela, 1900
Óleo sobre lienzo
45 x 29,5 cm
Alfredo Souto Vista de una calle del pueblo de Estribela, 1900 Óleo sobre lienzo 45 x 29,5 cm
Tatiana Medal
OF 981, 2005
Fotografías con impresión Lambda sobre aluminio
60 x 80 cm c/u
Tatiana Medal OF 981, 2005 Fotografías con impresión Lambda sobre aluminio 60 x 80 cm c/u
Silverio Rivas
As agullas da catedral, 1992
Bronce
66 x 18 x 28 cm
Silverio Rivas As agullas da catedral, 1992 Bronce 66 x 18 x 28 cm
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078