Exposición de pintura socios/as do Espazo +60 Ferrol
A Sede Afundación Ferrol acolle unha exposición que reúne as obras realizadas polas persoas participantes nos obradoiros do Espazo +60 de pintura, debuxo e acuarela ao longo do ano.
A mostra ofrece un percorrido por diferentes estilos, técnicas e olladas artísticas, reflexo do proceso creativo e da evolución do alumnado. Trátase dunha oportunidade para descubrir o talento e a expresión artística nun espazo aberto a todos os públicos.
Lugar: Sede Afundación Ferrol (patio central, planta 1)
Datas: do 18 ao 22 de maio de 2026
Entrada: libre