• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Exposición COMEDY WILDLIFE, en Vigo

Cultura Exposicións Xeral Gratuíta
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Exposición COMEDY WILDLIFE, en Vigo
  • 09-02-2024 27-04-2024 Exposición COMEDY WILDLIFE, en Vigo Chega ao noso Teatro de Vigo esta colección de imaxes, seleccionadas do Premio Comedy Wildlife Photo dos anos 2015 ao 2022. Visítanos e colabora no noso programa solidario Cultura por Alimentos coa túa doazón Teatro Afundación Vigo Policarpo Sanz, 13. Vigo (Pontevedra) Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Teatro Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 13. Vigo (Pontevedra)

  • Datas:

    9 FEB a 27 ABR 2024

  • Horario:

    LUNS a VENRES | 17.30 a 20.30 h
    SÁBADOS | 11.00 a 14.00 e 17.30 a 20.30 h

    DOMINGOS e FESTIVOS | pechado

  • Entrada:

    Gratuíta

Visita virtual

Estreamos exposición en Vigo. Chega «Comedy Wildlife» o 9 de febreiro ao Teatro Afundación de Vigo para amosarnos a cara máis divertida da vida salvaxe. A través das fotografías seleccionadas no recoñecido Premio Comedy Wildlife Photo, dos anos 2015 a 2022, goza dunha magnífica colección na que as diferentes especies animais se conectan co ser humano.

Unha exposición fantástica para visitar en familia, onde moitas das fotos che sacarán un sorriso, e mesmo algunha te fará rir a escachar!

Visítanos na rúa Policarpo Sanz, 13, para coñecela ata o 27 de abril de 2024.

 

VISITAS GUIADAS para familias

4, 11, 18 ABR | 19.00 h

25 ABR | 17.30 e 19.00 h

INSCRICIÓNS AQUÍ

 

Asiste e colabora coa iniciativa solidaria CULTURA POR ALIMENTOS.

 

Esta mostra enmárcase no programa solidario CULTURA POR ALIMENTOS, en colaboración con FESBAL. Convidámoste a colaborares con alimentos non perecedoiros que podes depositar no acceso ao edificio, e que serán destinados aos bancos de alimentos locais.

Máis información

 

Sesenta fotografías son as que compoñen a exposición homónima, «Comedy Wildlife», do certame internacional. As imaxes foron realizadas en distintos recunchos de todos os continentes e todas elas resultaron seleccionadas entre 2015 e 2022 como as mellores instantáneas de animais feitas en clave de diversión e humor no mundo, grazas á colaboración entre Afundación e Terra Espléndida e tras abarrotar en 2023 museos e centros de exposicións dos Países Baixos, Inglaterra, Portugal ou Canadá.

Evitar as mensaxes e as imaxes «deprimentes» é o que busca este certame, e con el a exposición. Isto é o que asegura o cofundador dos premios The Comedy Wildlife, o tamén fotógrafo especializado na natureza Paul Joynson-Hicks, que «as cuestións de conservación e sustentabilidade da vida silvestre están a gañar impulso a nivel mundial, pero as mensaxes e as imaxes tenden a ser negativas, deprimentes e enervantes». E que por iso se animou, xunto aos fotógrafos de natureza Tom Sullam e Michelle Wood, a crear estes galardóns. Desde 2015, premian as imaxes máis divertidas de animais tomadas nun mundo «extraordinariamente belo e interconectado».

«Comedy Wildlife» é unha exposición que cativa toda a familia ao utilizar o humor e a sorpresa como unha forma efectiva de involucrar no encanto do reino animal. As imaxes son extremadamente populares, atraen todas as idades e transcenden todas as culturas e idiomas. Así, as 60 instantáneas seleccionadas que se presentan en Vigo mostran, nas posicións e momentos máis divertidos, a animais como tartarugas, mapaches, osos, pingüíns, etc.

Unha foto divertida de animais é incriblemente eficaz porque non hai barreiras para a comprensión, ou tabús que deben ser negociados. A imaxe aproveita o impulso polo antropomorfismo, que está ben documentado como un dos disparadores máis potentes para a empatía humana. Para entender realmente os animais e as cuestións que lles afectan temos que empatizar con eles como concidadáns do mesmo planeta.
 

DIDÁCTICA
Para facer máis accesible esta exposición e a súa mensaxe ao colectivo escolar, Afundación deseñou un amplo programa de actividades didácticas e talleres adaptadas ás diferentes idades. Unha proposta que aúna sustentabilidade, diversión e STEAM. Más de 1000 escolares da área metropolitana de Vigo, están apuntados a estes talleres antes da inauguración da mostra para a que se deseñaron tamén visitas familiares e para público xeral, todos os xoves ás 17.30 e 19.00 h.

Máis información

Tony Dilger "Last tango"
Tony Dilger "Last tango"
Kevin Biskaborn "Quarantine life"
Kevin Biskaborn "Quarantine life"
Philip Marazzi "Polar bear cub with mum"
Philip Marazzi "Polar bear cub with mum"
Miguel Illana "Military Regiment"
Miguel Illana "Military Regiment"
Co Grift "Indecent proposal"
Co Grift "Indecent proposal"
Harry Walker "Oh my!"
Harry Walker "Oh my!"
Ayala Fishaimer "Tough negotiations"
Ayala Fishaimer "Tough negotiations"
Daniel Edermo "Tern tuning its wings"
Daniel Edermo "Tern tuning its wings"
Esa Ringbom "Doggo"
Esa Ringbom "Doggo"
Krisztina Scheef "Seriously, would you share some"
Krisztina Scheef "Seriously, would you share some"
Kunal Gupta "Wait up, mommy, look what I got for you!
Kunal Gupta "Wait up, mommy, look what I got for you!
Mark Fitzpatrick "Terry the turtle flipping the bird"
Mark Fitzpatrick "Terry the turtle flipping the bird"
Roland Kranitz "Missed"
Roland Kranitz "Missed"
Miroslav Srb "Hello everyone"
Miroslav Srb "Hello everyone"
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078