• Español
Teatro Afundación Vigo
  • En cartel
  • Entradas
  • Abonos
  • O teatro
  • En cartel
  • Entradas
  • Abonos
  • El teatro
Inicio Teatro Afundación Vigo

O Teatro

  • Dirección: Dirección: Policarpo Sanz, 13
  • Información e reservas 986 447 369 socioculturales@afundacion.org
Visital virtual

Situado en pleno corazón da cidade de Vigo, o Teatro Afundación inaugúrase en 1984. Trátase dunha obra de recuperación de patrimonio histórico sobre o magnífico teatro García Barbón, que o arquitecto Antonio Palacios proxectara a principios do século XX. O seu estilo cualifícase de eclecticismo academicista, coas características curvas e contracurvas do arquitecto galego, que se inspirou na Ópera Garnier de París. O edificio é un dos máis emblemáticos da arquitectura histórica viguesa, destacando no exterior o excelente tratamento de cantería, executado en granito branco de Castrelos. Na disposición interior, Palacios puxo a énfase no acceso ao teatro cun amplo vestíbulo oval e unha escaleira de honra, iluminada cenitalmente a través dunha vidreira realizada pola casa Maumejean. 

Ofrecemos o aluguer dos seus espazos a entidades públicas e privadas, así como a organizacións non gobernamentais que desempeñen actividades acordes coa nosa filosofía. Os devanditos espazos dispoñibles para aluguer son: o teatro e a sala de concertos, o auditorio, a sala de conferencias, as salas de seminarios, as salas de exposicións, o salón de recepcións e a biblioteca.

Accesos

Autobuses. Liñas : C3, CAC, C7, L11, 12B, C4A, C5A, C4B, L8, C5B, 12A, C9A. L17, C9A, C15C. Información da estación de autobuses de Vigo.

Estación de trens Guixar: r/ Areal, s/n Vigo. Información da estación de trens Vigo-Guixar.

Aeroporto: a 17 km de distancia. Información do aeroporto de Peinador.

Se che interesa alugar os nosos espazos, ou se tes algunha dúbida, podes chamarnos a 986 120 082 ou escribirnos a socioculturales@afundacion.org

Visita virtual Teatro Afundación Vigo
 
subvención Next Generation

Espazos e Salas disponibles

  • Auditorio

    Auditorio

  • Hall

    Hall Teatro Afundación Vigo

  • Sala de conferencias

    Sala de conferencias

  • Sala de exposiciones

    Sala de exposicións

  • Sala de seminarios nº 1

    Salas de seminarios

  • Salón de recepciones

    Salón de recepcións

  • Teatro

    Teatro

  • Características
  • Horarios
  • Localización
  • Contacto

Características

O Teatro Afundación é un dos edificios emblemáticos da cultura galega e a súa historia está unida á propia historia de Vigo. Nos primeiros anos do século XX, o empresario García Barbón mercou o Teatro Rosalía de Castro co fin de garantir aos vigueses o seu uso como recinto de artes escénicas. Con todo, un ano despois do falecemento de García Barbón, en 1910, un incendio destruíu o local.

As sobriñas do mecenas encargaron ao arquitecto Antonio Palacios erixir un novo teatro. O deseño de Antonio Palacios contemplaba un edificio monumental que integraba diversas funcións. Debido á súa grandiosidade, as obras foron avanzando con lentitude ata fins de 1926.
O inmoble constaba dun teatro, un cinematógrafo e unhas dependencias para o casino. Na parte inferior, Palacios aproveitou o desnivel para dispor unha sala ampla de usos múltiples. O arquitecto tamén creou unha gran vidreira para iluminar o ampuloso vestíbulo e a escaleira de honra que conectaban as diferentes estancias do edificio.
En 1982 a Caja de Ahorros Municipal de Vigo adquiriu o teatro para convertelo no seu centro cultural. Tras as obras de rehabilitación realizadas polo vigués Desiderio Pernas, o teatro inaugurouse o 22 de marzo de 1984.
Desiderio Pernas procurou respectar o proxecto de Antonio Palacios e axustar o espazo para novos usos. Como resultado final, o teatro mantén o estilo dos teatros italianos de ópera do século XIX e a área para exposicións conta con salas cóncavas e grandes piares de granito que deixan ver a estrutura orixinal do edificio.
Ademais, no alto da fachada engadíronse dúas estatuas ecuestres da autoría de Juan Oliveira Vieitez, así como varias figuras de pedra de Manuel García Vázquez . As pezas de Buciños funcionan como alegoría das artes que acolle o centro: pintura, teatro, escultura, literatura, cine e música.

Horarios

Salas de exposicións.

Luns a venres de 17.30 a 20.30 h
Sábados de 11.00 a 14.00 e de 17.30 a 20.30 h

Pechado os domingos e festivos

Localización


Ver mapa más grande

Contacto

  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2016 © Fundación Galicia Obra Social
  • Teatro Afundación Vigo

    teatroafundacionvigo@afundacion.org
    986 120 082