• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Mostra: A Fronteira Infinda. Os artistas galegos e a emigración. Ferrol

Cultura Exposicións Xeral Gratuíta
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Mostra: A Fronteira Infinda. Os artistas galegos e a emigración. Ferrol
  • 04-10-2018 12-01-2019 Mostra: A Fronteira Infinda. Os artistas galegos e a emigración. Ferrol As coleccións ABANCA e Afundación anóanse nun proxecto que nos amosa as particularidades pictóricas dos nosos artistas no exilio Sede Afundación Ferrol Praza da Constitución s/n. Ferrol (A Coruña) Afundación [email protected] Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Sede Afundación Ferrol

    Praza da Constitución s/n. Ferrol (A Coruña)

  • Datas:

    4 de outubro a 12 de xaneiro 2019

  • Horario:

    Luns a venres de 17.00 a 21.00 h

    Sábados de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 h

    VISITA GUIADA: 3 xan. 19.30 h

    Horarios especiais os días 26, 27 e 28 de decembro e 2, 3 e 4 de xaneiro. De 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 h.

  • Entrada:

    Gratuíta
Solicitar visita

Ampliamos ata o 12 de xaneiro de 2019 a apaixonante exposición «A fronteira infinda. Os artistas galegos e a emigración» na Sede Afundación de Ferrol. Coñece de primeira man esta selección das Coleccións de Arte ABANCA e Afundación, unha proposta que trae obras creadas ao longo do século XX por algúns dos nosos artistas máis destacados, desde Castelao a Isaac Díaz Pardo ou Luís Seoane. O nexo que os une é o teren representado nos seus cadros a pegada da experiencia migratoria desde fóra das nosas fronteiras.

 

VISITAS GUIADAS

Xoves 3 de xaneiro (19.30 h) para público xeral.

 

ACTIVIDADES PARA ESCOLARES

  • Un compás, un sextante e un mapa… Infantil a 3º de primaria
  • O meu mundo en tres maletas. 4º de primaria a 2º de ESO
  • A fronteira infinda. 3º e 4º de ESO, bacharelato e C.F.

Prezo: 1 € / participante
Sede Afundación Ferrol | Praza da Constitución, s/n
[email protected] | 981 330 280

 

A mostra, comisariada por Carlos L. Bernárdez, reúne 40 obras de 19 artistas galegos que contan cun amplo recoñecemento tanto dentro coma fóra das nosas fronteiras. «A fronteira infinda. Os artistas galegos e a emigración» incide na achega cultural do fenómeno migratorio e a influencia que exerceu esta experiencia vital na evolución artística de cada un dos creadores escollidos.

 

O percorrido parte dunha das figuras chave na historia da arte galega: Castelao, cunha presenza da emigración constante na súa obra. A través del chégase a un segundo núcleo expositivo constituído polos artistas exiliados en América tras a guerra civil. Arturo Souto, Manuel Colmeiro, Eugenio Granell, Luís Seoane, Isaac Díaz Pardo ou Laxeiro son algúns dos creadores destacados cando falamos da arte galega á outra beira do Atlántico. A través das súas obras podemos observar como evoluciona a súa produción artística, en que está presente o país que deixaron atrás e a nova realidade americana, adoptando as expresións dunha sólida renovación formal que os conectan coas correntes internacionais máis avanzadas.

 

A exposición finaliza cunha representación das novas xeracións formadas na posguerra, un colectivo que protagoniza un novo fenómeno migratorio, esta vez principalmente cara a Madrid, o centro do sistema da cultura dominante, e outras cidades coma Nova York ou París. Leopoldo Nóvoa, Jorge Castillo, Manuel Mampaso, Luis Caruncho, Antonio Lago Rivera ou Tino Grandío son algúns dos representantes desta segunda diáspora con creacións que forman parte da mostra.

 

RELACIÓN DE AUTORES

Isaac Díaz Pardo // Castelao // Manuel Pailós // Manuel Colmeiro // Luís Seoane // Laxeiro // Angel Botello // Arturo Souto // Eugenio Granell // Isaac Díaz Pardo // Tino Grandío // Mario Granell // Manuel Mampaso // Manuel Molezún // J. M. Labra // Luis Caruncho // Tino Grandío // Jorge Castillo // Antonio Lago Rivera // Leopoldo Nóvoa

 

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    [email protected]
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 120 078