• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Área educativa
      • IESIDE
      • Formación profesional
      • Oferta educativa
      • Axenda
      • Educación S. XXI
    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos+60
      • Acompañamento +60
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Emocións e soidades
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Mostra «A Arte no Cómic». Vigo

Cultura Exposicións Gratuíta
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Mostra «A Arte no Cómic». Vigo
  • 26-04-2018 30-06-2018 Mostra «A Arte no Cómic». Vigo Un proxecto expositivo de Fundación Telefónica e Afundación Sede Afundación Vigo Policarpo Sanz, 24 - 26. Vigo (Pontevedra) Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24 - 26. Vigo (Pontevedra)

  • Datas:

    26 de abril a 30 de xuño 2018

  • Horario:

    Luns a venres 17.30 a 20.30 h

    Sábados 11.00 a 14.00 e 17.30 a 20.30 h

  • Entrada:

    Gratuíta

O proxecto expositivo de Fundación Telefónica, «A Arte no Cómic», chega a Vigo. Do 26 de abril ao 30 de xuño podes coñecer o traballo de máis de 70 ilustradores de prestixio que reinterpretan algunhas das obras máis emblemáticas da historia da arte. Visítaa na Sede Afundación de Vigo.

 

Co gallo da mostra preparamos un completo programa de ACTIVIDADES PARALELAS coma un ciclo de cinema ou interesantes coloquios con xente destacada do mundo da ilustración. Aquí tes o próximo:

«O museo e o cómic». Con Fabrice Douar 7 XUÑO // 19.00 h

O director de publicacións do Museo do Louvre visitaranos para abordar a súa visión sobre a frutífera e recente relación entre o cómic e o mundo dos museos.

 

«A Arte no Cómic» estrutúrase en tres grandes ámbitos: o primeiro deles recolle a relación entre os grandes centros de arte e o cómic a través de obras da colección do Louvre ou do Museo de Orsay xunto á editorial Futuropolis, mostrando o traballo de autores tan recoñecidos como Catherine Meurisse, Manuele Fior, Enki Bilal ou David Prudhomme, así como a obra de Edmond Baudoin sobre Dalí, editada polo Centro Nacional de Arte e Cultura Georges Pompidou. Tamén se inclúen iniciativas dos centros de arte españois, coma os cómics de Miguel Ángel Martin, Álvaro Ortiz, David Sánchez e Santiago García, editados polo Museo Thyssen-Bornemisza e a editorial Astiberri. Fundación Telefónica tamén se sumou a esta iniciativa encargando versións libres dalgunhas das mellores pezas do seu patrimonio artístico a diferentes ilustradores, que ofrecen a súa visión de obras de Picasso, Tàpies ou René Magritte.

 

O segundo ámbito está centrado no cómic desenvolto por autores galegos como Brais Rodríguez e Miguelanxo Prado, ao que se engaden con motivo da mostra en Vigo dous novos autores, Begoña García-Alén e Andrés Magán. Ademais,  Jacobo Fernández Serrano preparou para este proxecto, por encarga de Afundación, unha historieta baseada nalgunhas das obras e autores máis sobresaíntes da Colección de Arte Afundación, Pikiblinder: Leiro, Maruja Mallo, Castelao, Laxeiro, Lugrís ou Minguillón, entre outros.

 

Por último, a exposición recolle como as grandes obras da pintura aparecen no cómic, facendo especial fincapé na actual corrente museográfica que avoga por un achegamento á novena arte como unha disciplina que ineludiblemente ha de estar presente na programación dos museos e grandes centros. Trátase dunha nova visión do mundo da pintura, unha mirada persoal e unha homenaxe dos autores de bandas deseñadas que, conscientes da capacidade narrativa desta, utilizan os seus recursos para nos mostrar o mundo da pintura dun modo distinto ao que habitualmente ofrecen críticos e teóricos da arte.

 

VISITAS GUIADAS para grupos

Todos os xoves 19.00 h GRATIS

Ou luns a venres en horario a convir, previa cita no 986 129 032 ou por correo-e a areaeducativavigo@gmail.com. 1 € / asistente

 

ACTIVIDADES ESCOLARES

DO LENZO AO CÓMIC. Infantil a 3º de primaria
BOCADILLOS DE CÓMIC E HISTORIA. 4º de primaria a 2º de ESO
A ARTE NO CÓMIC. 3º e 4º de ESO, bacharelato e CF

 
Prezo: 1 € / participante

 

ACTIVIDADES PARALELAS

Ao longo dos próximos meses tes na nosa Sede Afundación de Vigo varios eventos interesantes con relación á mostra «A Arte no Cómic»: un CICLO DE CINEMA coas películas de animación máis galardoadas, COLOQUIOS con ilustradores de primeiro nivel e a exhibición dun CÓMIC XIGANTE deseñado expresamente para a sala de exposicións por dous artistas de Vigo e Pontevedra, Andrés Magán e Begoña García-Alén. Infórmate polo miúdo aquí!

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
Copyright 2020 © Fundación Galicia Obra Social
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078