Actividades paralelas «A Arte no Cómic». Vigo
A mostra «A Arte no Cómic» trae canda si varias actividades para gozárela dun xeito máis completo na Sede Afundación de Vigo. Olla a seguir...
VISITAS GUIADAS DE ASISTENCIA LIBRE
Xoves (Ata remate da exposición) // 19.00 h
Visitas para ti, para percorreres a exposición descubrindo as claves da novena arte, a súa vinculación ao atractivo mundo dos museos e para te encheres de inspiración coas grandes obras da historia da arte levadas a outro punto creativo. Coñece a fondo as mentes máis anovadoras do xénero da ilustración.
CICLO: CINEMA E CÓMIC
Martes 22 MAIO a 19 XUÑO // 19.00 h
VOSE (Versión Orixinal Subtitulada Español)
(Entrada libre ata encher a capacidade)
Pintura e cinema francés, unha combinación perfecta para gozares dunha hora de lecer cultural!
Aya de Yopougon, de Marguerite Abouet e Clement Oubrerie. Francia. 2013 // 22 MAIO
Le Tableau, de Jean-François Laguionie. Francia. 2011 // 29 MAIO
Le Chat du Rabbin, de Joann Sfar e Antoine Delesvaux. Francia. 2011 // 5 XUÑO
Le jeune fille sans mains, de Sébastien Laudenbach. Francia. 2016 // 12 XUÑO
Quai D’Orsay, de Bertrand Tavernier. Francia. 2013 // 19 XUÑO
COLOQUIOS
Inscricións no 986 120 078 ou neste formulario
«Vigo no cómic» Con María Vilar, Octavio Beares, Andrés Magán, Fernando Llor e Carlos Puerta 24 MAIO // 19.00 h
Unha reflexión da man de destacados autores vigueses sobre o papel do cómic na cidade olívica, percorrendo os camiños da industria, a creación, o consumo, a demanda e a oferta que existe hoxe alí en todo o referente á novena arte.
«Mulleres que fan cómic». Con Ana Galván, Rubén Romero, Begoña García-Alén e Asier Mensuro 31 MAIO // 19.00 h
Estas dúas grandes ilustradoras xunto co comisario da mostra, Asier Mensuro, e Rubén Romero da Editorial Fosfatina, abordarán un encontro en que conversarán sobre o papel da muller na industria do cómic, as súas derivas e a situación actual. Ademais elas falarán sobre as súas últimas obras no mercado editorial. E tende conta, para completar a súa visita galega, Ana Galván pasará por algunhas tendas de cómic para asinar exemplares, tamén en Compostela! (Máis información no cartel de embaixo, creado pola autora).
«O museo e o cómic». Con Fabrice Douar 7 XUÑO // 19.00 h
Comunicamos que, lamentablemente, o prestixioso ilustrador e autor de cómic Sagar Forniés non pode asistir á conferencia por motivos persoais.
O director de publicacións do Museo do Louvre visitaranos para abordar a súa visión sobre a frutífera e recente relación entre o cómic e o mundo dos museos.
CÓMIC XIGANTE
«Un home na ventá» 26 ABRIL a 30 XUÑO
No marco da exposición atópase unha creación realizada ex profeso para este espazo por Begoña García-Alén e Andrés Magán, ilustradores locais que abordan con esta obra a súa particular lectura de dúas pezas de René Magritte en clave de cómic. Trátase dunha obra híbrida que, partindo do concepto de tríptico, narrativa de cómic de vangarda e instalación, se fusiona nunha peza única e suxestiva en que están presentes elementos de forte sabor surrealista, coma a anamorfose ou a ilusión óptica.
PRESENTACIÓN TRABAJO
O picoto do pai. Da Escola de Banda Deseñada O Garaxe Hermético. 28 XUÑO
Como última actividade paralela á exposición en Vigo, Kiko da Silva chega con estudantes e profesorado da súa escola de banda deseñada para presentar o traballo de fin de curso deste ano 2018. Na presentación, en que participarán algúns dos máis recoñecidos debuxantes da nosa escena, profesores da escola pontevedresa, tamén participarán as alumnas e alumnos artífices da proposta O picoto do pai, que nos explicarán e falarán sobre o proceso creativo, temática, técnicas e outros aspectos interesantes desta fascinante construción debuxística. Ademais, o comisario da exposición A Arte no Cómic, Asier Mensuro, guiará un coloquio con todos eles. O Garaxe Hermético é a día de hoxe unha reputada escola de banda deseñada onde estudar a arte do xénero en Galicia con vistas á profesionalización. Nos últimos seis anos xa pasaron por ela máis de 250 alumn@s, impartiron máis dunha vintena de master class con convidados de excepción do mundo do cómic e recolleu galardóns e recoñecementos, así coma moitos dos seus alumnos, o último a través do European Comic Schools para Miriam Iglesias.