DERRADEIROS DÍAS! Mostra: «Papiromates. Matemáticas + Creatividade = Papiroflexia». Ferrol
Descubre a maxia da papiroflexia e origami coa mostra «Papiromates. Matemáticas + Creatividade = Papiroflexia» na Sede Afundación de Ferrol. Visítaa este verán no noso edificio, do 19 de setembro ao 25 de xaneiro.
Visitas guiadas para público xeral, previa inscrición no 981 330 280
Prezo 1 €/ participante
Esta mostra está dedicada á relación entre as matemáticas e a papiroflexia e origami, unha relación imprescindible para o deseño das figuras de papel. Na realización destas pezas, de valor case escultórico, non se usaron cola nin tesoiras, tan só o pregado do papel. Imos descubrir que é o padrón de cicatrices e a súa importancia á hora de deseñar novos modelos, como o origami modular constrúe corpos xeométricos, encaixando figuras de papel idénticas, ou como nas teselacións un mesmo motivo se repite numerosas veces, cubrindo un plano a través de centos de pregos.
A exposición tamén repasa as achegas dalgúns nomes propios relevantes no campo da papiroflexia coma o da pregadora galega Covadonga Blanco, papiroflecta, gran matemática, docente e divulgadora.
ORGANIZAN: EMOZ (Escuela Museo Origami Zaragoza) e Afundación
COLABORAN: AGAPEMA, Grupo Zaragozano de Papiroflexia, AEP (Asociación Española de Papiroflexia) e Ayuntamiento de Zaragoza