• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Exposición AUGA. O sangue da terra, en PAZOS DE BORBÉN

Cultura Exposicións Xeral Gratuíta
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Exposición AUGA. O sangue da terra, en PAZOS DE BORBÉN
  • 12-09-2024 11-10-2024 Exposición AUGA. O sangue da terra, en PAZOS DE BORBÉN Dentro do ciclo de exposicións CORRENTE CULTURAL, chegamos con estas impactantes fotografías de Manuel Valcárcel ao teu concello CENTRO EXTERNO Centros fuera de sedes y Centros. Externo Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    CENTRO EXTERNO

    Centros fuera de sedes y Centros. Externo

  • Datas:

    12 SET A 11 OUT 2024

  • Horario:

    LUNS A VENRES | 8.00 a 15.00 h

  • Entrada:

    Gratuíta
  • Modalidade:

    Presencial

Hall do Concello | PAZOS DE BORBÉN

 

Unha fascinante colección de fotografías que nos leva por numerosos puntos do planeta na procura do ben máis prezado: a auga. Manuel Valcárcel é o autor deste coidado proxecto co que pretende enfocar un factor vital para o funcionamento do globo e que, a miúdo, pasa desapercibido en occidente. Visita agora AUGA, O SANGUE DA TERRA no teu concello ata o 6 de xullo de 2024.

 

Coa colaboración do Concello, xunto a Afundación Obra Social ABANCA e ABANCA. 

 

Esta exposición enmárcase no programa solidario CULTURA POR ALIMENTOS, en colaboración con FESBAL, para axudar os Bancos de Alimentos locais. Convidámoste a colaborares, depositando a túa doazón de alimentos non perecedoiros ao accederes á mostra. 

 

Este proxecto fotográfico de Valcárcel quere concienciar a poboación sobre a importancia do uso racional e responsable da auga. Para conseguir as impactantes imaxes viaxou a algúns dos recunchos máis remotos do planeta azul: Nova Zelandia, o río Ganxes, as plantacións de arroz da China, Níxer ou o deserto de Atacama, así como ao lucense río Lor, onde a presenza ou a ausencia da auga determinou culturas, paisaxes e ecosistemas.

Manuel Valcárcel transmite a súa mensaxe: «A auga, elemento vital ao que quixen render humilde homenaxe en comparación co que representa, parte de todo o que somos e todo o que crea. Elemento vital que debe ser motivo de unión e xamais de discordia. Elemento que debemos coidar e protexer porque marcará o devir das xeracións vindeiras porque, quen somos os seres humanos para crernos por riba da nai natureza? que escultura existe tan fermosa como, por exemplo, a elaborada pola auga na praia das Catedrais na costa lucense? ou que viaxe máis sinxela e á vez máis trepidante, cá dunha folla caendo ao río, deixándose arrastrar pola súa corrente ata chegar ao mar?».

As imaxes da mostra distribúense en tres bloques:

Os estados da auga recolle fotografías tomadas en Nova Zelandia e Galicia. No primeiro caso o traballo centrouse en plasmar o paso da auga en estado sólido a líquido e, ao mesmo tempo, os puntos de unión entre a montaña e o mar. O leito do río Lor, no Courel, é o protagonista galego: "Neste caso tentouse plasmar visualmente os cambios que ofrece un río ao longo do ano. Non só como fluxo de auga senón, especialmente, como a materia que crea recunchos, texturas, cores que van cambiando co paso das estacións". 

A auga e a vida sitúa a ollada sobre Asia, en dous lugares diferentes. Un deles é Varanasi, Río Ganxes, na India, onde a auga é algo máis que materia en calquera estado. O Ganxes forma parte da vida espiritual dos hindúes; por iso é un lugar de peregrinación ao que se achegan multitude de persoas a se somerxeren nas súas augas durante a súa vida e a fundirse con elas, na súa morte. O outro lugar é Longshen Guilin, na China, onde o manexo da auga deu lugar a unhas paisaxes marcadas pola actividade humana. Alí as ladeiras reconstruíronse, cubertas na súa totalidade por terrazas en que se cultiva o arroz.

Vivindo na escaseza ocúpase da escaseza e ausencia da auga. Para iso seleccionáronse outros dous lugares, un en África, concretamente en Malí e outro en América, en Chile. No primeiro caso, plásmase a vida dos pescadores Bozo que, aproveitando a época seca, recollen todo o peixe que poden no río Níxer para vendelo polas aldeas. No segundo caso, optouse pola rexión de Antofagasta, no Deserto de Atacama, onde a actual ausencia da auga propicia a existencia dunha paisaxe lunar.

www.manuelvalcarcel.com

 

CATÁLOGO

AGUA: LA SANGRE DE LA TIERRA | MERCAR

 

Esta mostra encádrase dentro do proxecto CORRENTE CULTURAL, unha aposta de ABANCA e Afundación para espallar cultura por toda Galicia, polos diferentes concellos e contando coa súa colaboración, construíndo unha rede de calidade que leve novas propostas máis alá dos nosos edificios. As iniciativas que conforman este ciclo parten dunha produción de nivel, cun interese específico para a comunidade e unha estreita vinculación coas nosas tradicións e historia.

· Hall del Concello de Pazos de Borbén

Exposición AUGA. O sangue da terra, en PAZOS DE BORBÉN
Exposición AUGA. O sangue da terra, en PAZOS DE BORBÉN
Auga. O sangue da terra
Auga. O sangue da terra
Vista aérea do río Níxer
Vista aérea do río Níxer
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078