Agua: La sangre de la tierra
- Autor(es)
-
VALCÁRCEL CABO, Manuel
VALCÁRCEL CABO, Manuel
Esta obra é o catálogo que complementa unha exposición de fotografía e son do mesmo título. Supón un percorrido pola relación do ser humano co elemento vital: os seus diferentes estados e as paisaxes que conforma; a auga, tamén na cultura e a espiritualidade; a auga, como precioso recurso do que debemos facer unha xestión racional. O talento de catro persoas —Manuel Valcárcel Cabo, fotógrafo e director do proxecto, Augusto Pérez-Alberti, textos e locución, Alexandro González Castro, autor da banda sonora, e Antón Atrio González, realizador— únese neste traballo que combina imaxes e sons da auga tomados en seis lugares dos cinco continentes: o deserto de Atacama (Chile), o río Lor na serra do Courel (Lugo, España), o río Níxer (Mali), o río Ganxes (Varanasi, India), as terrazas de cultivo de arroz en Guilin (China) e os Alpes meridionais (Nova Zelandia).
Textos: Augusto Pérez-Alberti e Manuel Valcárcel Cabo
Obra Social Caixa Galicia, 2008
2008
179 páxinas, ilustracións, fotografías en cor, 22 x 22 cm, libro + DVD