• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Exposición CORNAMUSAS PRIMITIVAS E ICONOGRAFÍA DA GAITA, en Lugo

Cultura Exposicións Xeral Gratuíta
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Exposición CORNAMUSAS PRIMITIVAS E ICONOGRAFÍA DA GAITA, en Lugo
  • 27-02-2025 24-05-2025 Exposición CORNAMUSAS PRIMITIVAS E ICONOGRAFÍA DA GAITA, en Lugo Somérxete na historia da gaita e descubre as súas variantes ao longo dos séculos e de diversos lugares arredor do mundo. Ampliamos ata o 24 de maio! Sede Afundación Lugo Praza Maior, 16 / Praza Santa María, s/n. Lugo (Lugo) Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Sede Afundación Lugo

    Praza Maior, 16 / Praza Santa María, s/n. Lugo (Lugo)

  • Datas:

    27 FEB a 24 MAI 2025

  • Horario:

    LUNS a SÁBADOS | 17.30 a 20.30 h

    DOMINGOS e FESTIVOS | pechado

  • Entrada:

    Gratuíta

A Sede Afundación Lugo acolle na súa sala de exposicións CORNAMUSAS PRIMITIVAS E ICONOGRAFÍA DA GAITA.
Historia da civilización,
 unha mostra onde coñecer a historia e variantes do instrumento galego máis icónico, que tamén forma parte de diferentes culturas e pobos ao longo e ancho do mundo. Europa, Asia ou África amosan variantes morfolóxicas e tímbricas do instrumento ao pescudar na súa iconografía, desde a mostra escultórica sobre rocha en Taq-i-Bostan (Kermanshah, s. VI d.C.) en Persia (actual Irán), ata a xirolarrua (País Vasco), tomada das portadas das catedrais peninsulares (s. XIII). Visítaa ata o 24 de maio de 2025.
 

Ruth Foxo e Xosé Lois Foxo | COMISARIADO

 

VISITA GUIADA INAUGURAL

Con Xosé Lois Foxo e Ruth Foxo

xoves 27 FEB | 19.00 h

Actividade libre e gratuíta.

 

Esta exposición forma parte do noso programa solidario CULTURA POR ALIMENTOS, unha iniciativa coa que te convidamos a colaborares doando produtos non perecedoiros para os bancos de alimentos locais, en colaboración con FESBAL, Federación Española de Bancos de Alimentos. Grazas!

Máis información

 

Hai máis de 2.600 anos, na antiga Persia, na actual zona de Irán, as cornamusas xa eran obxecto de representación artística. Durante séculos, o ser humano expandiunas polo planeta e foi dándolle diferentes formas e nomes. Sobre a viaxe do instrumento musical polo tempo e o espazo, e sobre como foi representada co devalar dos séculos, trata esta exposición.

A historiadora e música Ruth Foxo, e o musicólogo e director da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense, Xosé Lois Foxo, comisarían a mostra, que tamén aproxima o público ao valioso documento que conforman as diferentes denominacións da gaita en cada rexión cultural. A gaita chega aos tempos actuais dende a máis remota antigüidade. Cada pobo e cada cultura déronlle a súa pegada morfolóxica e tímbrica. A viaxe que presenta a exposición «Cornamusas primitivas e iconografía da gaita» é tamén un percorrido, a partir da gaita, por terras coma as actuais Suecia, Xeorxia, Romanía, Croacia, Tunisia, Irán, Turquía, Malta, Ucraína ou España.

Ruth Foxo explica que a cornamusa nace coma un mero desenvolvemento da frauta de cana simple para chegar desde culturas como a exipcia e a persa ata outras como a grecolatina, estendéndose por Europa, África e Asia. As persoas que visiten a mostra poden coñecer tamén como foi variando, na xeografía e no tempo, a maneira de representar o instrumento.

 

DIDÁCTICA

  • INFANTIL a 4º PRIMARIA | Visita-conto con obradoiro | «A arte de converter o aire en música»
  • 5º PRIMARIA a 2º ESO | Visita con obradoiro | «Fun polo aire e vin polo vento»
  • 3º ESO, BACHARELATO e CF | Visita comentada con obradoiro opcional | «Cornamusas primitivas, historia da civilización»

2 €/estudante

Máis información e reservas en areaeducativalugo@afundacion.org ou no 982 289 096

 

Cornamusas, Lugo
Cornamusas, Lugo
Cornamusas, Lugo
Cornamusas, Lugo
Cornamusas, Lugo
Cornamusas, Lugo
Cornamusas, Lugo
Cornamusas, Lugo
Cornamusas, Lugo
Cornamusas, Lugo
Cornamusas, Lugo
Cornamusas, Lugo
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078