Conferencia «Os menores ante as novas tecnoloxías: beneficios e riscos» con José Torres. Ferrol
O xoves 18 de xaneiro a Sede Afundación de Ferrol acolle a conferencia «Os menores ante as novas tecnoloxías: beneficios e riscos», impartida por José Torres dentro do ciclo Educación e docencia no s. XXI. José Torres, experto en seguridade e privacidade nas TIC, abordará as respostas que debe afrontar a escola ante os novos retos que se lle propoñen ao alumnado actual.
A globalización e o uso masivo de Internet e as TIC depararon innumerables beneficios que están fóra de toda dúbida, mais, lamentablemente, cada día coñecemos novos casos de delitos relacionados coas novas tecnoloxías. Lonxe de criminalizar ou demonizar o seu uso, é importante ser conscientes dos riscos e perigos que implica, especialmente cando se trata dun colectivo tan vulnerable coma o dos menores. É unha responsabilidade compartida.
Temas a tratar:
a) Telefonía móbil: seguridade nos dispositivos, protección da información
b) Xeolocalización e redes wifi
c) Mensaxaría instantánea móbil: Whatsapp, Telegram, Snapchat etc.
d) Ciberacoso: tipos. Diagnóstico, tratamento e prevención do ciberacoso
e) Protección da intimidade
f) Redes sociais
g) Videoxogos
h) Tecnoadición
i) Responsabilidade dos menores e a súa protección