"A IA, unha solución para pequenas e grandes empresas" con NICOLÁS SÁNCHEZ na Coruña e AfundaciónTV
Nesta conferencia, o especialista Nicolás Sánchez explica cales son as posibles vías de adopción da Intelixencia Artificial e que diferentes solucións existen nos distintos provedores de cloud para facilitar o desenvolvemento de solucións de IA.
Cando se fala de Intelixencia Artificial habitualmente trátase de grandes compañías como Meta, Google, Netflix, etc. e asócianselle grandes Investimentos de I+D+i o cal parece afastala das pequenas e medianas empresas, pero a realidade é que, máis aló deses proxectos sumamente complexos e afastados das capacidades técnicas e económicas da maior parte das compañías, existen múltiples posibilidades de aplicación da IA que non requiren eses grandes investimentos e que están ao alcance de case calquera compañía.
Este encontro forma parte do ciclo de conferencias AI: MORE THAN HUMAN sobre intelixencia artificial, actividade paralela á exposición homónima na Sede Afundación A Coruña.
MÁIS INFORMACIÓN AQUÍ sobre a exposición AI: MORE THAN HUMAN.
NICOLÁS SÁNCHEZ
Enxeñeiro de Telecomunicacións pola Universidade de Vigo e Executive MBA en UIE. Conta con máis de 25 anos de experiencia profesional nos que pasou por diferentes multinacionais como France Telecom ou Oracle, empresas de consultoría como Tecnocom e desempeñou o cargo de director de tecnoloxía en startup do ámbito da mobilidade. Desde o 2009 desenvolveu a súa actividade en proxectos relacionados coa transformación de plataformas tecnolóxicas e o asesoramento en procesos de transformación dixital de empresas do sector retail, banca e industria; desempeñando desde 2019 o posto de director da práctica de datos en Plexus Tech.
Esta exposición enmárcase na iniciativa CULTURA POR ALIMENTOS que levamos a cabo en colaboración con FESBAL e que pretende achegar alimentos de primeira necesidade aos bancos de alimentos locais. Colabora, achegando a túa doazón de alimentos non perecedoiros ao acceder ao edificio.
AQUÍ máis información.