• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Concerto «O violín restaurado de Andrés Gaos». A Coruña

Cultura Concertos Xeral Gratuíta
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Concerto «O violín restaurado de Andrés Gaos». A Coruña
  • 08-10-2019 08-10-2019 Concerto «O violín restaurado de Andrés Gaos». A Coruña O violinista Florian Vlashi e o pianista Julio Mourenza rescatan para o público pezas de Gaos canda un dos violíns que se conservan do compositor e que acaba de ser restaurado recentemente Sede Afundación A Coruña Cantón Grande, 8. A Coruña (A Coruña) Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. A Coruña (A Coruña)

  • Datas:

    8 de outubro 2019

  • Horario:

    20.00 h

  • Entrada:

    Gratuíta
Mercar

A Sede Afundación A Coruña abre as súas portas a partir de outubro a unha exposición única sobre o gran compositor galego Andrés Gaos. Arrincamos a homenaxe o martes 8 de outubro coa celebración dun concerto especial da man do violinista Florian Vlashi e mais do pianista Julio Mourenza. Os dous artistas ofrécennos a oportunidade de escoitar as senlleiras notas dun violín propiedade de Gaos, despois de anos en desuso. Esta delicada peza volve brillar nun escenario despois de se ver sometido a unha coidada restauración. Convidámoste a correr connosco o pano do auditorio herculino non só para asistir a un destacado recital, senón a toda unha homenaxe ao compositor e á súa familia, que acaba de deixarnos a todas e todos un legado valiosísimo, doándolle os seus fondos á Universidade de Santiago de Compostela.

 

Retira aquí as túas invitacións!

 

PROGRAMA

Romanza para violín e piano, op. 20

Sonata para violín e piano, op. 37
Allegro con Brio
Adagio
Allegro Moderato

 

Neste 2019 celébranse os 60 anos do pasamento do compositor e intérprete Andrés Gaos, por iso non pode acaer mellor esta homenaxe en forma de proxecto expositivo e, por suposto, en forma de música co concerto que presentamos. O violín que tocará Florian Vlashi é un modelo alemán de finais do século XVIII da contorna da escola de Mittenwald e que revela a influencia dos modelos da familia Klotz.  Atopábase moi deteriorado polo paso do tempo e a falta de mantemento, así que foi restaurado grazas á Universidade de Santiago de Compostela e en colaboración co Consello da Cultura Galega. O violín foi entregado ao lutier Xosé Catoira, que nun ano levou adiante un proceso integral de rehabilitación seguindo as correntes e técnicas máis avanzadas neste campo. O proceso tivo un obxectivo claro, realizar unha intervención absolutamente respectuosa co instrumento orixinal co fin de devolver o violín ao estado en que debera telo tocado Andrés Gaos a finais do século XIX, e facelo soar nas salas de concertos actuais.

 

FLORIAN VLASHI | Violín
Naceu en Durres (Albania) en 1963. Estudou con V. Papa, R. Stefi e I. Madhi. En 1989 gañou o Primeiro Premio no Concurso de Solistas e de Orquestras Sinfónicas de Albania. Desde 1992 é membro da Orquestra Sinfónica de Galicia. En 1999 saíu ao mercado o seu traballo discográfico Andrés Gaos – Integral para violín e piano. Desde 1996 é creador e director do Grupo Instrumental SÉCULO XX, integrado por solistas da Orquestra Sinfónica de Galicia. Conta cun repertorio de máis de 200 obras e estreou ata a data 144 obras de autores na maior parte españois, algunhas encargo do propio grupo.

 

JULIO MOURENZA | Piano
A Coruña, 1969. Iniciou os seus estudos con Natalia Lamas na cidade herculina. Ampliou a súa formación na Musik Akademie der Stadt Basel, de Basilea (Suíza) e na Academia Franz Liszt de Budapest. Actuou en prestixiosas salas de España, Suíza, Holanda e Hungría. Realizou a estrea absoluta e a gravación da Sonata para violonchelo e piano ‘Diálogos’, de Rogelio Groba y Groba, e a estrea da obra pianística de José Arriola (1895-1954), por encargo do Consello da Cultura Galega. Na actualidade é catedrático de Piano do Conservatorio Superior de Música da Coruña.

 

ANDRÉS GAOS
Andrés Gaos Berea naceu na Coruña o 21 de marzo de 1874, cidade onde o seu tío e padriño, Canuto Berea Rodríguez, rexentaba un prestixioso almacén de música que subministrou durante moitos anos instrumentos, materiais e partituras a toda Galicia, mesmo chegando a abrir sucursais noutras capitais. Precisamente a familia Gaos trasladouse a Vigo en 1880 para facerse cargo da nova sucursal. Formado o pequeno Andrés musicalmente en Vigo e A Coruña, foi cursar estudos superiores de violín a Madrid e a Bruxelas con bolsas da Deputación da Coruña. Logo de xiras por toda Europa e América, casou coa gran violinista venezolana América Montenegro e asentou en Bos Aires. Desde alí, ademais da súa dedicación como docente, realizou xiras internacionais con notable éxito. Logo, tras o seu segundo matrimonio con Luísa Guillochón, residiu breves etapas en Francia para acabarse instalando definitivamente na capital bonaerense. A vida musical de Andrés Gaos repartiuse entre a actividade de concertista, a compositiva e a docente.

Chegou a ser considerado un dos representantes de maior prestixio da escola nacionalista arxentina, xunto con Alberto Williams, López Buchardo ou Julián Aguirre, entre outros, ata o punto de ser elixido para representar á Arxentina como director de repertorio na Exposición internacional de París de 1937.

O seu catálogo, con máis de 70 obras, abrangue música para escena, orquestral, música de cámara co violín como protagonista, para canto e piano. Ademais, contén unha interesante serie de composicións para solos de piano, instrumento que chegou a tocar con gran perfección. Andrés Gaos é, sen dúbida, un dos máis importantes compositores galegos do século pasado, cun tratamento posromántico de temas
propios ou tomados da música popular galega, española ou arxentina; ou ben con ecos de autores da escola francesa de fins do XIX. Nos seus traballos salienta a grande habilidade para reflectir unha «patria» como homenaxe aos países onde viviu e traballou.

 

A partir do 10 de outubro, exposición «O universo musical de Andrés Gaos (1874-1959)» na Sede Afundación da Coruña. Infórmate aquí!

Florian Vlashi
Florian Vlashi
Julio Mourenza
Julio Mourenza
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078