• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Área educativa
      • IESIDE
      • Formación profesional
      • Oferta educativa
      • Axenda
      • Educación S. XXI
    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos+60
      • Acompañamento +60
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Emocións e soidades
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Mostra «O universo musical de Andrés Gaos (1874-1959)». A Coruña

Cultura Exposicións Xeral Gratuíta
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Mostra «O universo musical de Andrés Gaos (1874-1959)». A Coruña
  • 10-10-2019 14-12-2019 Mostra «O universo musical de Andrés Gaos (1874-1959)». A Coruña Unha mostra deliciosa sobre o recoñecido compositor galego Andrés Gaos. Convidámoste a coñecelo, en colaboración coa USC Sede Afundación A Coruña Cantón Grande, 8. A Coruña (A Coruña) Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. A Coruña (A Coruña)

  • Datas:

    10 de outubro a 14 de decembro 2019

     

     

  • Horario:

    Luns a venres de 17.00 a 21.00 h e sábados e festivos de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 h

    Domingos, pechado

  • Entrada:

    Gratuíta
Solicitar visita

Visita virtual

A partir do 10 de outubro inauguramos na Sede Afundación da Coruña unha mostra excepcional sobre o recoñecido compositor galego Andrés Gaos. Convidámoste a visitar, a través do fondo conservado polo fillo Andrés Gaos Guillochón, un inxente material que atesoura partituras, borradores, correspondencia, críticas, programas, fotografías, dedicatorias e mesmo varios violíns usados polo propio Gaos. A mostra «O universo musical de Andrés Gaos (1874-1959)», en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, bríndache a posibilidade de saber dun dos grandes artistas destacados dentro e fóra das nosas fronteiras cunha vida e obra dignas de admirar. Non perdas detalle ata o 14 de decembro na cidade herculina.  

 

VISITAS GUIADAS
17 de outubro | 19.00 h | Montserrat Capelán e Javier Garbayo
14 de novembro | 19.00 h | Javier Garbayo
12 de decembro | 19.00 h | Montserrat Capelán e Javier Garbayo
Previa inscrición no 981 185 060, a areaeducativacoruna@afundacion.org ou na propia recepción da Sede.
DE BALDE
 

INAUGURACIÓN | 10 de outubro | 18.30 h |  Inscríbete aquí

 

CONCERTO «O violín restaurado de Andrés Gaos» | 8 de outubro | 20.00 h | DE BALDE | MÁIS INFO 

Reserva aquí as túas invitacións

Florian Vlashi, un dos violíns primeiros da Orquesta Sinfónica de Galicia, interpretará a Gaos con un dos violíns que se amosarán na exposición e que foi restaurado recentemente polo Consello da Cultura Galega. Canda el, Julio Mourenza no piano. 

  

A MOSTRA

A exposición «O universo musical de Andrés Gaos (1874-1959)», que comisarían os profesores da USC Montserrat Capelán e Javier Garbayo, está formada por numerosos obxectos e materiais contidos no Fondo Gaos, doado recentemente pola familia Gaos Guillochón á Universidade de Santiago de Compostela. Estrutúrase a mostra en seccións temáticas que permiten ver as súas relacións familiares, o seu tempo, a súa faceta como intérprete, compositor e director ou a súa relación coa Arxentina e con Galicia, e nela expóñense tamén os violíns que se conservan de Gaos, dous deles procedentes do fondo da USC, un dos cales foi restaurado recentemente grazas ao Consello da Cultura Galega, e outros dous cedidos polo Concello da Coruña. Outra documentación completa a exposición: programas, cartas, fotografías, críticas, partituras e documentación persoal.

 

Este proxecto permitiranos saber das múltiples e diversas facetas de Andrés Gaos, intérprete, docente, director, e un dos grandes compositores galegos do século pasado. A súa obra compositiva conta con máis de 70 títulos incluíndo repertorio escénico, orquestral, pianístico, para violín, para violoncello, e para voz e piano. Escóllese este 2019 como «Ano Gaos», cadrando co 60 aniversario do seu pasamento. 

 

Ven coñecer a vida e obra dun dos grandes compositores galegos do século pasado por xenerosidade da súa familia, que custodiou durante anos un incrible fondo, hoxe doado á Universidade de Santiago de Compostela. Esta xenerosa e comprometida entrega pon ao alcance de toda Galicia poder gozar dun anaco máis do patrimonio cultural a partir dun tesouro que amosa un encomiable traballo e un talento extraordinario, organizado e catalogado celosamente durante anos por parte do fillo do artista, Andrés Gaos Guillochón.

 

VISITA VIRTUAL Preme aquí.

 

Andrés Gaos Berea (1874-1959) foi un importante compositor, intérprete, director de orquestra e docente galego. En 1874 nace na Coruña no seo dunha importante familia de músicos. Aos 6 anos trasládase a Vigo onde o seu pai rexentará, na rúa Príncipe, unha tenda e un salón musical. Comeza os seus estudos co violín a idade temperá, e aos 9 anos dá os seus primeiros concertos con grande éxito por parte da crítica. Bolseiro pola Deputación da Coruña, continúa a súa formación con Jesús de Monasterio en Madrid e con Eugène Isaÿe en Bruxelas. Unha vez finalizados os seus estudos, realiza diferentes xiras por todo o mundo, actividade que continuará ao longo da súa vida. En 1895 recala na Arxentina, país en que fixa a súa residencia permanente ata o seu pasamento, tras unha pequena estancia en Uruguai e algún período posterior en Francia.

Podes saber más do artista aquí.

 

Entrevista a Montserrat Capelán en La Opinión de A Coruña sobre a exposición de Andrés Gaos.

Exposición Andrés Gaos
Exposición Andrés Gaos
Exposición Andrés Gaos
Exposición Andrés Gaos
Exposición Andrés Gaos
Exposición Andrés Gaos
Exposición Andrés Gaos
Exposición Andrés Gaos
Exposición Andrés Gaos
Exposición Andrés Gaos
Exposición Andrés Gaos
Exposición Andrés Gaos
Exposición Andrés Gaos
Exposición Andrés Gaos
Exposición Andrés Gaos
Exposición Andrés Gaos
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
Copyright 2020 © Fundación Galicia Obra Social
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078