• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Ciclo de cinema: Sonoro Empeño. A Coruña

Cultura Proxeccións Xeral Gratuíta
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Ciclo de cinema: Sonoro Empeño. A Coruña
  • 04-02-2019 25-02-2019 Ciclo de cinema: Sonoro Empeño. A Coruña Descubre 4 interesantes filmes que falan de arte e coñece a nosa mostra que vencella pintura e música Sede Afundación A Coruña Cantón Grande, 8. A Coruña (A Coruña) Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. A Coruña (A Coruña)

  • Datas:

    4, 11, 18 e 25 de febreiro 2019

  • Horario:

    19.00 h

  • Entrada:

    Gratuíta

Co gallo da nosa mostra na Sede Afundación da Coruña, «Sonoro empeño. A música nas coleccións ABANCA e Afundación», estreamos un pequeno ciclo de cinema baixo o mesmo título, «Sonoro empeño». Poderás degustar catro filmes nas butacas do auditorio do Cantón Grande os luns de febreiro, ás 19.00 h e, de paso, coñecer as xoias pictóricas da mostra. As películas escollidas son traballos recoñecidos por crítica e público e con grandes premios internacionais no seu haber, que tratan o tema da arte desde diferentes perspectivas. 

 

Entra aquí para máis información sobre a mostra e as actividades paralelas que programamos canda ela. 

 

CALENDARIO

4 febreiro Loving Vincent (19.00 h)

11 febrero La Dama de Oro (19.00 h)

18 febreiro Big Eyes (19.00 h)

25 febreiro El profesor de violín (19.00 h)

 

FILMES

Loving Vincent

Dorota Kobiela e Hugh Welchman, Polonia, 2017. 90 min. NRM 12 anos.
Elenco: Douglas Booth, Helen McCrory, Saoirse Ronan, Aidan Turner, Eleanor Tomlinson, Chris O'Dowd, Jerome Flynn, John Sessions, Holly Earl, Robert Gulaczyk, James Greene, Bill Thomas, Martin Herdman, Josh Burdett, Richard Banks, Shaun Newnham

Un ano despois da morte de Vincent van Gogh, o carteiro Roulin pídelle ao seu fillo Armand que entregue persoalmente a derradeira carta do artista ao seu irmán Theo, logo de que os seus intentos de lla enviar fallasen. A pesar de non o ter apreciado e lembrar o incidente de cando se mutilara a orella e lla dera a unha prostituta, Armand acepta a encomenda… Primeira longametraxe composta por pinturas animadas, en que cada fotograma é un cadro pintado sobre óleo por unha gran listaxe de excelentes artistas, inspirándose no estilo do xenio. Compoñen o filme un total de 56.800 fotogramas.  

 

La Dama de Oro (Woman in Gold)

Simon Curtis, Reino Unido, 2015. 109 min. NRM 7 anos.
Elenco: Helen Mirren, Ryan Reynolds, Daniel Brühl, Tatiana Maslany, Charles Dance, Katie Holmes, Antje Traue, Max Irons, Elizabeth McGovern, Jonathan Pryce, Tom Schilling, Moritz Bleibtreu, Anthony Howell, Allan Corduner, Henry Goodman

Baseada nunha historia real. En 1998 Maria Altmann (Helen Mirren), unha muller xudía que fuxiu de Viena durante a II Guerra Mundial, volve sesenta anos despois para reclamar as propiedades que os nazis confiscaron á súa familia, entre as que se atopa o célebre Retrato de Adele Bloch-Bauer I, de Gustav Klimt. Un avogado mozo (Ryan Reynolds) terá a ben axudala na súa loita co goberno austríaco e coa Corte Suprema dos Estados Unidos. Ao mesmo tempo, Maria deberá enfrontarse ás terribles lembranzas do seu pasado.

 

Big Eyes

Tim Burton, Estados Unidos, 2014. 106 min. NRM 7 anos.
Elenco: Amy Adams, Christoph Waltz, Danny Huston, Jason Schwartzman, Krysten Ritter, Terence Stamp, Heather Doerksen, Emily Fonda, Jon Polito, Steven Wiig, Emily Bruhn, David Milchard, Elisabetta Fantone, Connie Jo Sechrist, James Saito

Baseada nunha historia real. Margaret Keane comezou a ter un éxito inusitado nos anos 50 e 60 a raíz dos seus cadros, característicos polos grandes ollos dos personaxes que representaba. Eran nenas e nenos que cativaban debido á súa mirada penetrante. Walter Keane, o seu marido, tíñaa convencida de asinar as obras co nome del porque disque era moi hábil para as cousas do marketing... En canto ela comeza a decatarse da manipulación, Walter amosa todas as súas frustracións.  

 

El profesor de violín (Tudo que aprendemos juntos)

Sérgio Machado, O Brasil, 2015. 92 min. NRM 12 anos.
Elenco: Lázaro Ramos, Kaique de Jesus, Elzio Vieira, Sandra Corveloni, Fernanda de Freitas, Hermes Baroli, Criolo, Rappin' Hood, Thogun Teixeira, Graça Andrade

Laertes (Lázaro Ramos), un violinista de gran talento que foi rexeitado na prestixiosa Orquestra Sinfónica do Estado, comeza a dar clases de música a adolescentes dunha escola pública en Heliópole, un barrio dunha zona deprimida de São Paulo. Esta experiencia cambiará a súa vida e a do seu alumnado... Inspirada na verdadeira historia do mestre brasileiro Silvio Bacarelli, que nos anos 90 conseguiu estimular a inclusión social e cultural da mocidade dunha das favelas máis grandes da cidade.

 

19.00 h

Entrada de balde ata encher capacidade. As invitacións deberán recollerse na Sala de Exposicións (Máximo 2 por persoa)

VOSE (Versión Orixinal Subtitulada en Español)

 

Sede Afundación A Coruña

Cantón Grande, 8

981 185 060

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078