IV Mostra Internacional de Cine e Educación (CINEDUCA), en Santiago de Compostela
A IV Mostra Internacional de Cine e Educación (CINEDUCA) do Ateneo de Santiago, céntrase nesta edición no tema «Educación e Cidadanía», un enfoque sobre a educación como axente central da construción social a partir da cinematografía. O concepto de cidadanía, complexo e multidimensional, non é doado de definir, pero nel cabe incluír temáticas como os valores, o respecto ás diferenzas, o sentimento de pertenza a unha comunidade cultural e social, os dereitos e deberes como cidadán/á, etc. Nesa mesma visión de cidadanía está comprometida a educación en todos os seus niveis, da etapa infantil á universidade, e o cine recolleuna en non poucas películas. Convidámoste nestas semanas de marzo e ata abril a asistir á Sede Afundación Santiago de Compostela para desfrutar deste ciclo con encontros, proxeccións e o Premio Ateneo CINEDUCA 2025.
CONFERENCIAS E DEBATES
- Conferencia «Educar en cidadanía: un compromiso co futuro» con José Antonio Caride, Catedrático de Pedagoxía e Didáctica da USC e presenta Miguel Zabalza, Catedrático de Didáctica e Organización Escolar e Profesor emérito da USC. Luns, 17 MAR 2025 | 19.30 h
- Mesa redonda «Cine, Educación e Cidadanía» Coordina: Xosé Armas, Profesor de Didáctica das Ciencias Sociais da USC Luns, 24 MAR 2025 | 19.30 h
PREMIO ATENEO CINEDUCA
Proxección dos traballos seleccionados.
Entrega de Premios e clausura da Mostra | Martes, 1 ABR 2025 | 19.00 h Sede Afundación Santiago de Compostela
FILMES
19.00 h | Sede Afundación Santiago de Compostela
Amal, de Jawad Rhalib, Bélxica, 2023 | Martes, 11 MAR 2025
Esta terra é miña (This Land is Mine), de Jean Renoir, Estados Unidos, 1943 | Mércores, 12 MAR 2025
Unha razón brillante (Le brio), de Yvan Attal, Francia, 2017 | Martes, 18 MAR 2025
Adeus, rapaces (Au revoir les enfants) | Louis Malle, Francia, 1987 | Mércores, 19 MAR 2025
No mundo a cada intre (En el mundo a cada rato), de Patricia Ferreira, Pere Joan Ventura, Chus Gutiérrez, Javier Corcuera e Javier Fesser, España, 2004 | Martes, 25 MAR 2025
O mestre que prometeu o mar (El mestre que va prometre el mar), de Patricia Font, España, 2023 | Mércores, 26 MAR 2025
Organiza o Ateneo de Santiago, patrocinan a Deputación da Coruña e o Concello de Santiago e colabora Afundación, Obra Social ABANCA.