Xaneiro na Biblioteca Infantil Afundación. Santiago de Compostela
EXPOSICIÓN BIBLIOGRÁFICA: «OS CONTOS DA PAZ»
Autores, personaxes, historias… unha interesante exposición sobre o que significa a palabra PAZ para nós. Con esta exposición coñecerás a Malala, a Nasreen ou a bibliotecaria de Basora, entre outros moitos homes e mulleres que contribuíron cos seus actos a crear un mundo mellor.
OBRADOIROS E ACTIVIDADES
Hora do conto. Martes ás 18.30 h
Obradoiros de dinamización lectora. 18.30 h
Xoves 3: Taller de creación plástica: Tarxetas de Nadal.
Venres 4: Pasatempos de Nadal.
Luns 7: Taller artístico: Collage de contos.
Mércores 9: Divertímonos reciclando (Taller de educación medioambiental).
Xoves 10: Taller de creación literaria.
Venres 11: Taller lúdico-literario.
Luns 14: Taller artístico: Creacións con plastilina.
Mércores 16: Creacións artísticas en 3D.
Xoves 17: Taller de educación emocional: Inventamos fábulas.
Venres 18: Pasatempos literarios.
Luns 21: Adornando historias con goma eva.
Mércores 23: Divertímonos pintando.
Xoves 24: Taller de creación literaria: Inventamos adiviñas.
Venres 25: Trivial literario.
Luns 28: Debuxando a paz.
Mércores 30: Tarde de historias para un mundo mellor.
Xoves 31: Taller literario: Ensalada de contos.
ACTIVIDADES DO CONCELLO (Información no propio centro)
- Teatro. Todos os luns a partir das 18.00 h
- Venres en familia. A partir das 18.00 h
OLLO! Non esquezas devolver ao longo do mes os libros que levaches. Ten en conta que aplicaremos a «penalización solidaria» para os libros que se entreguen con retraso!