• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

CANTAREIRAS. O poder da poesía do pobo, con JARA ORTÍZ, en Santiago de Compostela

Cultura Concertos Escolares Gratuíta
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
CANTAREIRAS. O poder da poesía do pobo, con JARA ORTÍZ, en Santiago de Compostela
  • 06-06-2025 06-06-2025 CANTAREIRAS. O poder da poesía do pobo, con JARA ORTÍZ, en Santiago de Compostela Un concerto didáctico para Primaria e Secundaria onde se transmitirá a sabedoría popular das cantareiras a través de contos, cantigas e ritmos Auditorio ABANCA Preguntoiro, 23. Santiago de Compostela (A Coruña) Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Auditorio ABANCA

    Preguntoiro, 23. Santiago de Compostela (A Coruña)

  • Datas:

    6 XUÑ 2025

  • Horario:

    10.00 h

    12.00 h

  • Entrada:

    Gratuíta

CANTAREIRAS. O poder da poesía do pobo é o concerto que Jara Ortíz trae á Sede Afundación Santiago de Compostela o 6 de xuño. Será un espazo sonoro para escolares dedicado á nosa música tradicional, concretamente, a transmitida de xeración en xeración a través dos cantos e pandeiretas das mulleres, a nosa poesía popular. O alumnado de Primaria e Secundaria poderá afondar no coñecemento destas cantadoras, ás que se lle dedica este 2025 o Día das Letras Galegas. Saberán onde e para que cantaban as mulleres, aprenderán a técnica e as partes da pandeireta, coñecerán a procedencia dos diferentes ritmos tradicionais e cantos, e afondarán nas letras das cantigas, un tesouro poético do noso pobo.

Animamos a traer pandeiretas da casa para rematar o encontro cunha foliada dirixida, onde se tocará e cantará, facendo parte da transmisión oral, que segue viva.

 

• 10.00 h | alumnado de Primaria
• 12.00 h | alumnado de Secundaria

 
Entrada de balde!

Previa reserva a través do correo-e areaeducativacompostela@afundacion.org ou no teléfono 981 552 577.

 

OBRADOIRO

O obradoiro consiste nun concerto didáctico e participativo sobre o papel fundamental das cantareiras como transmisoras da historia da nosa música tradicional galega que deixaron un legado incalculable de melodías, ritmos e cantos. Aprenderemos a procedencia de diferentes ritmos e cantos, historias curiosas sobre a pandeireta, e saberemos como se toca unha muiñeira, ou onde e para qué cantaban e cantan as cantareiras, facendo fincapé nas letras e na riqueza lingüística destas poetas do pobo coa idea de aprender a cantar unhas cantigas para que participe todo o mundo e facer unha gran foliada cantareira final. 

Vai dirixido a centros educativos, para nenas e nenos de primaria de entre 6 e 12 anos, e para o alumnado de 1°, 2°, 3° e 4° da ESO

DURACIÓN 45 min

 

JARA ORTÍZ

Dende as fonduras da música de raíz, Jara Ortiz conflúe como cantareira, cantora, percusionista, arranxista e compositora en distintos estilos musicais. Dedícase á música profesionalmente e á docencia como mestra de pandeireta e canto tradicional dende 2007. Alén da música folk, experimenta e ten experiencia como vocalista noutros estilos musicais como o rock, reggae, funky, ska, bossa nova e música portuguesa debido á formación dos diferentes proxectos profesionais. Tamén traballa como actriz en espectáculos infantís, contacontos, clown, locutora e actriz de dobraxe infantil, realizando un traballo completo de voz e corpo.
 

  • PROXECTOS
    Habelas Hainas: foi fundadora, voz principal e percusionista do grupo folk durante 12 anos. Dende unha ollada feminista e social, experimentando coa tradición e creando un son propio, fresco, enerxético e orixinal nunha intensa traxectoria como músicas ao vivo, participando en festivais nacionais e internacionais como: Pardiñas, Festival da Poesía do Condado, Festival Intercéltico de Lorient (Bretaña)...
    A banda do verán: proxecto musical teatral infantil de Xoán Curiel, no que forma parte dende os inicios en 2013 como vocalista e actriz cos espectáculos e libros-disco editorial Galaxia: “Estamos no verán!!!” e “A casa do terror”. Premio na categoría “Música Infantil” dos Premios da Música Galega Martín Códax 2019.
    Lúa Triangular: proxecto propio de contacontos musical con perspectiva de xénero baseado na novela infantil “Marta e a píntega” de Eli Ríos.
     
  • COLABORACIÓNS DISCOGRÁFICAS
    “Arrolos de salitre” Xabier Díaz e Guille Fernández
    “Rosalía pequeniña” Uxía Senlle
    “Pitusa semifusa” Olga Brañas
    “Alegría” Sergio Tannus
    “Nai” Xoán Curiel
    “Mares de Tempo” Susana Seivane
      

Aproveita para visitares a axenda web e decatáreste de todas as propostas culturais que che ofrecemos ao longo do mes. Tamén podes entrar na nosa ticketeira Ataquilla.com para informarte doutras actividades escénicas.

Cantareiras. O poder da poesía do pobo con JARA ORTÍZ
Cantareiras. O poder da poesía do pobo con JARA ORTÍZ
Cantareiras. O poder da poesía do pobo con JARA ORTÍZ
Cantareiras. O poder da poesía do pobo con JARA ORTÍZ
Cantareiras. O poder da poesía do pobo con JARA ORTÍZ
Cantareiras. O poder da poesía do pobo con JARA ORTÍZ
Cantareiras. O poder da poesía do pobo con JARA ORTÍZ
Cantareiras. O poder da poesía do pobo con JARA ORTÍZ
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078