• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Yo solo quiero irme a Francia, protagonizada por María Galiana, segunda proposta da Tempada de abonos do Teatro Afundación
Sala de prensa
Yo solo quiero irme a Francia, protagonizada por María Galiana, segunda proposta da Tempada de abonos do Teatro Afundación

Yo solo quiero irme a Francia, protagonizada por María Galiana, segunda proposta da Tempada de abonos do Teatro Afundación

xoves, 05 de febreiro de 2026
Cultura

Canto pesan as herdanzas emocionais que se trasladan entre xeracións? Ese é o tema que aborda Yo solo quiero irme a Francia, a obra programada pola Tempada de abonos do Teatro Afundación o xoves 12 de febreiro -20:30 horas-. Cun elenco de tres actrices liderado por María Galiana e edificada sobre un texto que é a primeira incursión da actriz Elisabeth Larena como dramaturga, a trama comeza cun velorio. As persoas que queiran asistir ao espectáculo e non dispoñan de abono poden conseguir algunha das últimas localidades dispoñibles en Ataquilla.com.

 

Hai imaxes dalgúns dos espectáculos nesta ligazón.

 

A trama comeza cun misterio: Pilar organiza o seu propio velorio, ao que acode Inés. Ambas as mulleres nunca se coñeceran, pero Pilar fixera a Inés herdeira da súa casa. Tamén chegarán ao velorio Marisol e Leo, neta de Pilar e desconcertada polo que está a acontecer. O encontro convértese nunha viaxe cara a un pasado descoñecido. As memorias familiares que permanecían ocultas dende os últimos meses da Guerra Civil e os anos de Pilar na Sección Feminina son unha parte importante de todo o que acontece.

 

Teatro de muller

María Galiana, que dentro de tres meses cumprirá 91 anos, interpreta a Pilar. A actriz galega Alicia Armenteros, a Inés. A intérprete Ana Mayo dálle vida a Leo, a neta de Pilar. E Nieve de Medina a Marisol. O texto e a dirección son da actriz bilbaína Elisabeth Larena, coñecida pola súa participación en populares series de televisión -La que se avecina, Servir y proteger- e tamén en producións cinematográficas coma -No matarás-. Larena conta dende o escenario a historia de catro mulleres de diferentes xeracións que buscan ese lugar que tanto anhelan e imaxinan: o espazo no que habita a liberdade.

Yo solo quiero irme a Francia é un espectáculo de Contraproducións, a compañía galega de distribución e produción teatral creada polo dramaturgo e actor Cándido Pazó.

 

A Tempada de abonos de teatro segue en marzo

En marzo, a Tempada de abonos do Teatro Afundación programa dous espectáculos cuxos textos asinan dúas das escritoras máis importantes do século XX, ambas as dúas francesas: Marguerite Duras e Simone de Beauvoir.

O xoves 12 de marzo Ana Duato e Darío Grandinetti subirán ao escenario do teatro da Obra Social de ABANCA en Vigo para interpretar La música, con texto de Marguerite Duras que narra o reencontro dunha parella cuxos membros levan dous anos apartados e que se reúnen nun hotel, toda unha noite, para pechar os trámites do seu divorcio.

A actriz Anabel Alonso presentarase en solitario sobre o escenario do Teatro Afundación o domingo 22 de marzo para interpretar La mujer rota. Con texto de Simone de Beauvoir, a obra explora a crise existencial dunha muller que, soa na súa casa, sen poder durmir, se enfronta aos seus recordos, ao seu presente e ao seu futuro.

 

Cultura por alimentos

A Tempada de abonos do Teatro Afundación forma parte do programa solidario «Cultura por alimentos», desenvolto pola Obra Social de ABANCA en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL). Os asistentes ás funcións poderán colaborar depositando alimentos non perecedoiros nos colectores dispostos para tal fin no teatro. As doazóns serán distribuídas por FESBAL entre familias en risco de exclusión de Vigo e a súa área de influencia.

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078