• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Xosé Miranda recibiu hoxe o XXIII Premio de Poesía Afundación
Sala de prensa

Xosé Miranda recibiu hoxe o XXIII Premio de Poesía Afundación

martes, 16 de decembro de 2025
Cultura

Xosé Miranda, gañador do XXIII Premio de Poesía Afundación pola súa obra As torres abolidas, recibiu o seu recoñecemento hoxe, martes 16 de decembro, ás 19.00 h, no Centro ABANCA Obra Social de Santiago de Compostela (praza de Cervantes, s/n), nunha gala na que tamén se presentou o poemario.

A este acto de celebración da poesía galega asistiron o director xerente de Afundación, Pedro Otero; o director xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo; o presidente do Centro PEN Galicia, Luís González Tosar; e o gañador da XXIII edición do Premio de Poesía Afundación, Xosé Miranda.

O premio, convocado por Afundación, a Obra Social de ABANCA, co patrocinio da Xunta de Galicia e a colaboración do Centro PEN de Galicia, foille outorgado a Miranda, entre as 44 obras inéditas presentadas, pola súa obra As torres abolidas. En palabras do xurado, presidido por Luís González Tosar, con Míriam Ferradáns como secretaria, e integrado por Marica Campo, Manuel Figueiras Fernández e Modesto Fraga Moure como vogais, a obra gañadora presenta «un traballo poético cuxo tratamento da nosa mitoloxía, con lucidez e acerto, o eleva ao nivel das mitoloxías clásicas. O autor, inclinado polas formas clasicistas, nomeadamente recorrendo ao soneto, logra a musicalidade e a altura da palabra, cun emprego habelencioso da ferramenta literaria; a nosa lingua propia. Así mesmo, no caso deste poemario, debemos salientar o tratamento dos ecos histórico-literarios e a vontade de estilo».

A gala contou coa presenza Adri Méndez, á zanfona, e Manuel Lucas, á guitarra, integrantes do grupo De Ninghures, que ofrecerán unha actuación expresamente composta para a presentación deste poemario, en cuxa temática se inspiraron para a súa creación.

 

As imaxes da entrega estarán dispoñibles a partir das 20.00 h aquí.

 

Pedro Otero, director xerente da Obra Social de ABANCA, quixo subliñar «a gratitude de Afundación a Xosé Miranda por darnos As torres abolidas, un universo onde a cultura, a mitoloxía, as formas clásicas da nosa poesía e os ecos sonoros dun vívido pasado regresan con forza para lembrarnos as bases sobre as que nos viñemos construíndo. Poeta, narrador, investigador, profesor, as obras de Xosé Miranda levan anos acompañándonos, axudándonos a comprendernos. Agora, con As torres abolidas trasládase á poesía a brétema do mítico e agasállanos cunha lírica de fonda reivindicación dos alicerces e que nos volve demostrar a vixencia do que eu creo que é o noso xénero literario máis emblemático, e que hoxe, renovado e actualizado, segue reivindicando o seu espazo. Por iso mesmo, Afundación considera imprescindible este certame literario, que segue ano a ano colectando éxitos de participación en cada nova convocatoria. E é un orgullo que neste proxecto nos acompañen, desde tanto tempo xa, a Xunta de Galicia e o Centro PEN Galicia, para quen Afundación non ten máis que palabras de agradecemento».

Finalmente, o director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, salientou «a contribución ao prestixio e á produción poética en galego que representa o Premio de Poesía Afundación, promovido desde hai máis de vinte anos por esta institución, pola Xunta de Galicia e o Centro PEN Galicia». O representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude felicitou o gañador por pasar a formar parte «dun selecto grupo integrado por importantes nomes da poesía galega contemporánea».

 

O PREMIADO E O PREMIO

 

Xosé Miranda Ruiz (Lugo, 1955). Licenciado Bioloxía pola USC, exerceu como profesor en diversos institutos da Coruña, Ourense e Lugo. Como poeta publicou Sonetosfera (1996), Amantes e viaxeiros (Premio Eusebio Lorenzo, 1996), Carozo azul (1997), Permiso para o corso (Premio Esquío, 1998), As cidades mergulladas. Poesía reunida 1973-2002 (2003), Capitán dos teus ollos (2005), e Piratas polo Miño (2006).

Como narrador escribiu Historia dun paraugas azul (Premio Manuel García Barros, 1991), A biblioteca da iguana (1994), A tres bandas (1995), Vestio (1995), O demo á orella (1996), Morning Star (Premio Xerais de novela, 1998), Infancia e desventura de Lino Carrán (2000), Ariadna (2002), Pel de lobo (Premio Merlín, 2002), Tarxeta vermella (2003) e As mans do medo (2007).

Dentro do campo da literatura infanto-xuvenil viron a luz Lúa e os nubeiros (2000), O coello Federico (2000), Feitizo (2001), Álvaro e Álvaro (2004), Amancio Amigo e o meigo de Salamanca (2006), Federico na silveira (2006), Amancio Amigo e o demo da botella (2008).

En colaboración con A. Reigosa e X. R. Cuba deu ao prelo o Diccionario dos seres míticos galegos (1999), Pequena mitoloxía galega (2001), Cando os animais falaban (2002), Contos colorados. Narracións eróticas da tradición oral (2001) e a colección de contos Cabalo Buligán (1998-2004).

Con A. Reigosa publicou Arrepíos e outros medos. Lendas de Galicia (2004) e A flor da auga (2006).

 

O galardón, que implica a publicación do libro na colección «Arte de trobar» e unha dotación económica de 7000 euros, comezou o seu percorrido no ano 2002 a instancias do PEN Club de Galicia e de Afundación. No seu elenco de gañadores figuran poetas galegos como Xavier Seoane, María do Cebreiro, Román Raña, Arcadio López Casanova, Marilar Aleixandre, Carlos Penelas, Luís Vale Regueiro, Emma Pedreira, Xavier Rodríguez Baixeras, X. Daniel Costas, Yolanda Castaño, Elías Portela, Miguel Anxo Fernán Vello, Olalla Cociña, Estíbaliz Espinosa, Gonzalo Hermo, Miguel Sande, Oriana Méndez, Medos Romero, Ledicia Costas, Rafa Vilar e Miguel Rodríguez Monteavaro, gañador da anterior convocatoria.

O premio, que celebra a súa vixésimo segunda edición, conta co apoio e a participación da Xunta de Galicia, cuxa implicación no proxecto garante a estabilidade do galardón e contribúe a preservar esta cita de referencia na axenda cultural galega, á vez que estimula a creación literaria. Afundación e o Centro PEN de Galicia, tras máis de dúas décadas de implicación e compromiso coa poesía e coa literatura galega, continúan traballando por un xénero indispensable que serve de alicerce para a consolidación da renovación estética e para a normalización da lingua galega.

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078