• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Voluntarias do Espazo +60 Afundación confeccionan almofadas artesanais de lactación para o CHUO
Sala de prensa
Voluntarias do Espazo +60 Afundación confeccionan almofadas artesanais de lactación para o CHUO

Voluntarias do Espazo +60 Afundación confeccionan almofadas artesanais de lactación para o CHUO

mércores, 25 de febreiro de 2026
Mayores

Voluntarias do Espazo +60 Afundación de Ourense entregaron esta mañá na planta de maternidade do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) almofadas de lactación artesanais que realizaron no taller solidario no que colaboran durante todo o ano.

Trátase dun xesto solidario que se suma ás demais iniciativas que o Espazo +60 Afundación de Ourense e o Servizo de Atención ao Paciente e Humanización da área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras levan a cabo en colaboración. Así, no mesmo taller, as voluntarias tamén dedican tempo a elaborar manguitos acolchados para nenos hospitalizados e almofadas para pacientes intervidas de cancro de mama.

Como recoñecemento a este xesto solidario e á súa contribución ás distintas iniciativas que desenvolven as voluntarias no taller solidario do Espazo+60 de Ourense, participaron nunha visita guiada á exposición do CHUO «Arte e música para pacientes», conducida por María Jesús Blanco, viúva de Xaime Quessada e socia tamén do Espazo+60 de Ourense.

UNHA INICIATIVA SOLIDARIA CONSOLIDADA

Durante todo o ano comparten horas, coñecementos e aprendizaxes nos talleres dos Espazos +60 de Afundación en Ourense. Son as 35 persoas voluntarias que participan no programa «O valor da experiencia» da Obra Social de ABANCA.

As almofadas entregadas hoxe no CHUO, son un xesto máis de apoio ás persoas ingresadas neste centro sanitario, nesta ocasión dirixido ás novas nais na súa etapa post-parto. Como o son tamén as almofadas solidarias en forma de V que confeccionan as voluntarias artesanalmente a partir dun patrón e apoiando unha iniciativa nada nos Estados Unidos en 2001 para facilitar a recuperación de persoas que están a ser tratadas de cancro de mama. Ou os manguitos acolchados personalizados para os nenos e nenas hospitalizados, deseñados para axudar a que os pequenos pacientes non dobren o brazo por onde teñen colocada a vía intravenosa. Son manguitos elaborados con tecidos suaves e decorados con alegres estampados infantís, que achegan cor e calidez á súa estancia no hospital.

O taller solidario, promovido polo Espazo +60 de Afundación en Ourense desde 1999 coa participación de persoas socias, desenvólvese no marco do programa «O valor da experiencia» da área de Maiores da Obra social de ABANCA, que ten como obxectivo potenciar o papel activo dos maiores na sociedade e o desenvolvemento de actividades interxeracionais e de voluntariado. A actividade ten tamén como finalidade o desenvolvemento de hábitos de reciclaxe e promove a creatividade e a imaxinación á vez que fomenta a solidariedade e a cooperación entre as persoas participantes.

 

Imaxes da entrega AQUÍ

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078