• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Máis de 1000 bolsas e envoltorios e 2000 anacos de plástico entre os case 140 quilos de lixo mariño retirados por Afundación
Sala de prensa
Máis de 1000 bolsas e envoltorios e 2000 anacos de plástico entre os case 140 quilos de lixo mariño retirados por Afundación

Máis de 1000 bolsas e envoltorios e 2000 anacos de plástico entre os case 140 quilos de lixo mariño retirados por Afundación

venres, 06 de marzo de 2026
RSC

Preto de 140 quilos de residuos, entre os que destacan por volume máis de 1000 bolsas e envoltorios e máis de 2300 anacos plásticos, é o total que reflectiu a balanza tras a pesada final coa que concluíu hoxe a xornada de voluntariado ambiental convocada pola Obra Social de ABANCA na praia de Cesantes (Redondela).

Os traballos iniciáronse ás 10 da mañá coa repartición de funcións e as indicacións sobre como realizar a limpeza de modo que sexa respectuosa coa contorna. Repartidos en pequenos grupos, e ao longo de toda a praia, máis de 50 estudantes do Colexio Hogar Afundación percorreron o areal buscando os residuos. 

Por unha banda, localizaron restos de aparellos e utensilios relacionados coa actividade pesqueira como os escarvadentes empregados nas bateas para evitar a caída dos mexillóns das cordas (72), restos de sedelas, cabos e cabiños (400), 161 anacos de poliespán e escumas sintéticas, nasas portuguesas ou cubos.

As imaxes da xornada están dispoñibles  nesta ligazón.

Como é habitual neste tipo de xornadas, as persoas voluntarias recolleron tamén distintos obxectos relacionados coas actividades de recreo que se desenvolven no propio espazo, en áreas próximas ou que son arrastrados polo mar. Nesta ocasión contabilizáronse, ademais dos máis de 1000 restos de bolsas e envoltorios, bastonciños de limpar os oídos e outros obxectos relacionados coa hixiene persoal, un móbil, varias pilas e lámpadas, 95 tapóns, unha ducia de pezas de calzado, 69 botes, latas e botellas, varios chisqueiros, xoguetes, cabichas e outra serie de residuos cuxo orixe é difícil de coñecer por mor da súa fragmentación e deterioración no mar.

Como é habitual nestas convocatorias, a xornada contou coa colaboración do Concello de Redondela, que se encargará da xestión de todos os residuos retirados da praia ao longo da xornada, na que participou tamén o concelleiro de Medio Ambiente, Alberto Álvarez.

Con iniciativas de voluntariado ambiental como a realizada hoxe na praia de Cesantes, dentro do LIC da Enseada de San Simón, un espazo protexido integrado na Rede Natura 2000, así como a través doutras accións formativas e de sensibilización, Afundación impulsa o seu plan de conservación territorial PLANCTON co obxectivo de preservar o litoral e promover a ssotibilidade das actividades socioeconómicas que se desenvolven tanto na costa como no medio mariño. Trátase con iso de fomentar unha actitude responsable por parte da sociedade, garantindo un uso equilibrado e consciente dos recursos naturais, compatible co seu goce presente e coa súa conservación futura. Todo isto en coherencia co compromiso da Obra Social de ABANCA cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, de maneira especial cos ODS 13 Acción polo clima, ODS 14 Vida submarina e ODS 17 Alianzas para lograr os obxectivos.

Esta é a terceira ocasión na que o voluntariado estudantil do Colexio Hogar Afundación actúa neste espazo do concello de Redondela, unha contorna no que retiraron xa case 600 quilos de lixo mariño e flora exótica invasora.

UN COMPROMISO CONTINUADO DESDE 2021

Desde que se Afundación puxo en marcha o seu proxecto PLANCTON, en 2021 conseguíronse retirar xa de diferentes enclaves de toda a costa galega máis de 148 toneladas de residuos e preto de 20 toneladas de flora exótica invasora. Unha iniciativa que é posible grazas a implicación directa de diversas entidades e colectivos, como centros de ensino, administracións (local, autonómica e estatal), clubs deportivos, asociacións naturalistas e do terceiro sector, clubs náuticos, portos e o propio sector pesqueiro a través das confrarías e asociacións de mariscadoras, entre outros.

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078