• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias UIE nace co compromiso de ser unha universidade de calidade e innovadora para beneficio de Galicia
Sala de prensa
UIE nace co compromiso de ser unha universidade de calidade e innovadora para beneficio de Galicia

UIE nace co compromiso de ser unha universidade de calidade e innovadora para beneficio de Galicia

martes, 13 de xullo de 2021
Educación superior

13.07.2021. A Universidad Intercontinental de la Empresa (UIE), promovida por Afundación, inicia a súa andaina despois de que o Parlamento de Galicia aprobase hoxe a súa lei de recoñecemento, e faino coa determinación de empezar a súa actividade no curso 2022-2023. O presidente de Afundación e da Fundación Universidad Intercontinental de la Empresa, Miguel Ángel Escotet, agradece a confianza da cámara galega, en representación dos cidadáns e cidadás, nun proxecto que «vén sumar e diversificar a educación universitaria e postuniversitaria en Galicia» e subliña que se trata dunha entidade sen ánimo de lucro, de servizo público e xestión privada «que centrará todos os seus esforzos nos estudantes e na sociedade galega. Así, a UIE será fiel ao lema do seu escudo: cognitio, innovatio, ductus (coñecemento, innovación, liderado)».

 

UIE, unha das primeiras universidades a nivel internacional especializada na empresa, nace co compromiso de ser «unha universidade de calidade e innovadora, orientada á creación de valor económico, social e cultural para Galicia». Como un proxecto estratéxico de responsabilidade social corporativa e institucional de ABANCA e Afundación, financiada exclusivamente cos seus propios recursos, os seus beneficios reinvestiranse completamente na institución e ata o 25 % dos seus estudantes gozará de bolsas, dando prioridade a persoas con talento e baixo nivel de renda.

 

O seu obxectivo é converterse nunha institución universitaria de prestixio, tanto polos seus programas como pola excelencia na formación, investigación e a empregabilidade e desenvolvemento profesional dos seus estudantes, que adquirirán unha formación tecnolóxica de vangarda nun contorno multinacional e plurilingüe. UIE será unha alternativa para que os universitarios galegos que cursan os seus estudos de grao e posgraduado noutras comunidades permanezan na comunidade. Ademais, será un foco de atracción para estudantes de fóra de Galicia.

 

UIE avanzará na internacionalización, consolidando e ampliando as súas alianzas xa existentes coas outras institucións de educación superior no mundo, buscando o rigor académico. Un espírito de colaboración que traslada, así mesmo, ás tres universidades galegas, co ánimo de sumar, e contribuír ao fortalecemento da sociedade científica e profesional de Galicia.

 

O proxecto de UIE, altamente especializado, preséntase como un innovador modelo académico e de ensino-aprendizaxe. A súa oferta formativa, constituída por graos interdisciplinares e especialidades tecnolóxicas e empresariais, deseñouse conforme ás necesidades profesionais a 5, 10 e 15 anos vista, atendendo a filosofía da educación ao longo da vida. Dentro dun modelo curricular que combina os sistemas de educación superior europeo (Boloña) e anglosaxón, os seus programas constarán de áreas científico-tecnolóxicas, administrativas e de procesos, aplicadas á empresa pública e privada e áreas de xestión dixital, ciencias aplicadas á sostibilidade, intelixencia artificial, neurowork, robótica do desenvolvemento e tecnoloxía de datos. Unha oferta formativa complementaria e non competitiva, e unha investigación especializada.

 

A sostibilidade, a dixitalización e a transición ecolóxica serán os seus eixes vertebradores. Unha orientación ética e social que se incorpora ao currículo académico, cunha aprendizaxe servizo e un modelo baseado na personalización da formación e no mentoring. En palabras de Miguel Ángel Escotet, «unha universidade para a innovación, que permita unha vigorosa capacidade de creación, investigación e cambio; e unha universidade para o ser humano, orientada ao progreso científico-tecnolóxico, cultural e socioeconómico e centrada no servizo da persoa e o seu hábitat».

 

UIE consolidará o liderado en formación universitaria en dirección e administración de empresas e os vínculos construídos desde 1987, durante máis de 30 anos, polo seu xermolo, IESIDE, co sistema empresarial galego, reducindo a fenda entre empresa e universidade. Así mesmo, será unha institución que xerará valor económico e social, desde un sentido ético, creando emprego directo, mellorando a empregabilidade dos seus estudantes e contribuíndo ao desenvolvemento humano e económico de Galicia. En suma, unha universidade para o pensamento democrático, para a innovación e creación, e para o desenvolvemento da persoa e o seu medio. Unha universidade ancorada no futuro.

 

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078