• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Tunes, Vietnam, Camboxa e Córsega e Sardeña, entre os destinos do programa de viaxes de lecer e cultura de Afundación
Sala de prensa
Tunes, Vietnam, Camboxa e Córsega e Sardeña, entre os destinos do programa de viaxes de lecer e cultura de Afundación

Tunes, Vietnam, Camboxa e Córsega e Sardeña, entre os destinos do programa de viaxes de lecer e cultura de Afundación

mércores, 11 de febreiro de 2026
Mayores

Afundación, a Obra Social de ABANCA, presenta o seu programa de viaxes de lecer e cultura para persoas maiores de 55 anos para este ano 2026. A oferta abarca desde destinos nacionais, como Córdoba ou Valencia, ata internacionais entre os que destacan Tunes, un cruceiro por Croacia e Montenegro, ou Córsega e Sardeña. O prazo de solicitude de inscricións abrirase o vindeiro xoves 19 de febreiro ás 10.00 h.

A Obra Social de ABANCA comezou a incluír as viaxes na súa programación de actividades en 2016. Ademais do turismo e do coñecemento de destinos de interese en todo o mundo, as viaxes están pensadas para apoiar a dinamización das relacións entre participantes. Dous membros do equipo de Afundación acompañan ás persoas viaxeiras en cada destino.

Desde Córdoba ata Camboxa

En 2026, o programa de destinos peninsulares inclúe unha saída a Córdoba do 9 ao 14 de abril; unha visita a Teruel do 24 ao 29 de maio e outra a Valencia do 6 ao 11 de setembro.

En canto a destinos internacionais, o primeiro será o norte de Italia do 10 ao 14 de abril. Ámsterdam será a seguinte proposta cunha estancia do 30 de xuño ao 4 de xullo. O programa continúa cun cruceiro polo Mar Adriático con visitas a Croacia e Montenegro, do 16 ao 23 de xullo. No mes de setembro, os destinos posibles son Córsega e Sardeña, do 4 ao 11, e en outubro Tunes, do 18 ao 25. Para pechar o programa, Vietnam e Camboxa, do 2 ao 14 de decembro.

Toda a información sobre o programa de viaxes, dispoñible na web de Afundación.

Viaxar en grupo, fonte de benestar

O programa de Viaxes + 60 de Afundación enmárcase nas propostas de lecer activo e relacional promovidas pola entidade. «Viaxar achega numerosos beneficios para o benestar físico, psíquico e emocional. Este cambio de rutina, a calquera idade, permite desconectar das preocupacións diarias e xerar emocións positivas e o contacto con outras formas de vida favorece o autocoñecemento e axuda a valorar máis a propia contorna e os logros persoais», subliña Sabela Couceiro, coordinadora da área de Envellecemento Activo de Afundación.

Por outra banda, desde a perspectiva das persoas participantes, viaxar en grupo proporciona unha maior seguridade, facilita a xestión de imprevistos e motiva para participar en actividades que noutro formato non se realizarían. Ademais, engade Sabela Couceiro, «as viaxes en grupo favorecen a socialización e a creación de novos vínculos que se reviven posteriormente ao compartir anécdotas e fotografías. Como se adoita dicir, vívense tres veces: cando se soñan, cando se gozan e cando se lembran».

Entidade de referencia no traballo en envellecemento activo

Os programas grupais da área de Maiores de Afundación fomentan a socialización, a aprendizaxe ao longo da vida, o benestar, o desenvolvemento persoal e o aproveitamento da experiencia vital e profesional das persoas maiores a través de proxectos interxeracionais e de voluntariado.

Toda esta proposta programática impúlsase desde os once Espazos +60 cos que a Obra Social de ABANCA conta en toda Galicia. Con vocación inclusiva e innovadora, deséñase poñendo no centro ás persoas maiores, codeseñando con elas as propostas nas que participan, para contribuír a erradicar o idadismo, seguir avanzando cara a unha sociedade libre de estereotipos cara ás persoas maiores e poñer en valor as súas experiencias a través de iniciativas colaborativas e formativas.

A programación céntrase en tres ramas principais: a aprendizaxe permanente, a promoción da saúde física, emocional e relacional, e a contribución social a través do voluntariado.

 

 

 

 

 

Imaxes de arquivo das viaxes 2025 AQUÍ

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078