• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Afundación pon á venda os abonos para a segunda metade da Tempada de Teatro en Pontevedra
Sala de prensa
Afundación pon á venda os abonos para a segunda metade da Tempada de Teatro en Pontevedra

Afundación pon á venda os abonos para a segunda metade da Tempada de Teatro en Pontevedra

martes, 23 de xuño de 2026
Cultura

A segunda parte da Tempada de Abonos de Afundación neste 2026 ofrecerá ao público de Pontevedra tres espectáculos entre os meses de setembro e decembro. Trátase da comedia ¡Por fin me voy!, de Carles Sans, un dos co-fundadores da histórica compañía de teatro cómico Tricicle; Bernarda, un retrato da Galicia da transición dirixido por José Prieto; e Dulcinea, con Paloma San Basilio dándolle vida ao emblemático personaxe feminino de El Quijote. Os abonos con prezo reducido para os tres espectáculos poden obterse desde o xoves 25 de xuño e ata o 6 de setembro en Ataquilla.com. A partir do 7 de setembro, o público comprar entradas soltas, a prezo completo, para cada un dos espectáculos. A Tempada de Abonos de Teatro de Afundación convoca cada ano en Pontevedra algúns dos máis interesantes espectáculos teatrais do momento en España.

Puro teatro

O espectáculo  ¡Por fin me voy!, que o 25 de setembro inaugura a segunda parte da tempada de abono, é unha proposta na que Carles Sans relata, desde unha óptica crítica e divertida, as súas vivencias e anécdotas tras a súa retirada dos escenarios co emblemático grupo teatral Tricicle. A obra está chea de momentos divertidos e surrealistas, como ese en o que Sans explica como sabe unha pastilla ao entrar no corpo dunha persoa, para que serve e cara a onde se dirixe

A obra Bernarda, galardoada nos premios María Casares, chegará a Pontevedra o 27 de novembro. Bernarda é un retrato da vida de dúas xeracións de mulleres galegas durante a transición española, centrado nunha muller que queda viúva en 1975 e decreta un rigoroso loito que illa ás súas fillas dos cambios do exterior.

Dulcinea, con Paloma San Basilio á fronte, completa a programación o 11 de decembro. A cantante e actriz subirase ás táboas do Auditorio da Sede Afundación de Pontevedra interpretando a unha Dulcinea que, con humor e ironía, se pregunta se ten sentido seguir defendendo soños imposibles nun mundo sen ideais.

«Cultura por alimentos»

A Tempada de Abonos de teatro da Obra Social de ABANCA en Vigo forma parte do programa solidario «Cultura por alimentos», desenvolvido por Afundación en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL). Os asistentes á función do próximo xoves poderán colaborar depositando alimentos non perecedoiros nos contedores dispostos para tal fin. As doazóns serán distribuídas por FESBAL entre familias en risco de exclusión.

 

 

Hai imaxes das obras nesta ligazón

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078