• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Special Olympics Galicia inicia con Afundación unha nova edición do seu programa de vacacións
Sala de prensa
Special Olympics Galicia inicia con Afundación unha nova edición do seu programa de vacacións

Special Olympics Galicia inicia con Afundación unha nova edición do seu programa de vacacións

mércores, 08 de xullo de 2026
RSC

O programa de vacacións Special Olympics Galicia, que se presentou esta mañá na Residencia de Estudantes Afundación de Pontevedra, ofrece ás persoas con discapacidade intelectual unha ampla proposta de actividades co obxectivo de propiciar a súa inclusión e dar visibilidade a este colectivo, así como garantir que desfruten das súas vacacións estivais nas mesmas condicións que o resto da sociedade. Nesta nova edición, que conta un ano máis coa colaboración da Obra Social de ABANCA e da Xunta de Galicia, participarán 192 persoas de 16 entidades galegas, que desfrutarán das súas vacacións na Residencia de Estudantes Afundación ata o próximo 21 de agosto.

Na presentación estiveron presentes, alén das persoas participantes na primeira quenda vacacional,  o presidente de Special Olympics Galicia, Eladio Fernández; a representante de FADEMGA Plena Inclusión Galicia, Carmela González; o coordinador da Residencia de Estudantes Afundación de Pontevedra, Óscar Álvarez; e a coordinadora adxunta da área de Educación de Afundación, Carlota Sánchez-Montaña.

 

As imaxes da presentación están dispoñibles aquí.

 

A colaboración de Afundación neste proxecto  iniciouse  en 2017 e permitiu desde entón a participación no programa de máis de 2.200 persoas, aloxadas na súa Residencia de Estudantes de Pontevedra.  Nesta edición, por segundo ano, as persoas participantes poderán tamén desfrutar do programa de Afundación «Música a flor de pel», que levará á Residencia de Estudantes catro microconcertos participativos a cargo do cantante e musicoterapeuta Pedro Campos.

Con estas estancias Special Olympics Galicia pretende cumprir a súa misión, en palabras do seu presidente, «para que as persoas participantes poidan ter as mesmas vacacións que calquera cidadán». Eladio Fernández subliñou así mesmo «o importante papel das persoas voluntarias e das traballadoras e traballadores da residencia, en quen depositamos a máxima confianza para que os nosos fillos e fillas desfruten dunhas instalacións que son hoxe un emblema na cidade pola súa calidade e accesibilidade, contribuíndo á máxima que defendemos desde Special Olympics, que os medios se adapten ás persoas e non as persoas aos medios».

Pola súa banda, a representante de FADEMGA Plena Inclusión Galicia, Carmela González, incidiu en como «esta residencia énchese unha vez máis de ilusión e alegría; cada ano volver aquí é sinónimo de verán, de diversión de felicidade, pero tamén de inclusión, de igualdade e de compromiso. As persoas voluntarias e o equipo de Afundación –comentou– axúdannos a crear experiencias e vivencias dunhas vacacións inesquecibles para as persoas con discapacidade».

Finalmente, a coordinadora adxunta da área de Educación de Afundación subliñou «o orgullo  que supón colaborar con Special Olympics, tanto coas diferentes propostas que desenvolvemos conxuntamente, como nesta ocasión concreta, cunha actividade tan fundamental para unha satisfactoria cohesión social como son os campamentos estivais que estamos a presentar.». Carlota Sánchez-Montaña agradeceu a confianza depositada en Afundación para acoller este proxecto e aos participantes, en concreto,  «elixirnos para que a diversidade e a inclusión sexan mecanismos para que teñades as vacacións que merecedes.

 

SPECIAL OLYMPICS GALICIA

Special Olympics Galicia, creada no ano 2000, é a Asociación de Pais, Profesionais e Familias a favor da promoción do tempo libre e o deporte para persoas con discapacidade intelectual. A súa misión é proporcionar todo tipo de actividades de lecer, deporte, cultura e de dinamización do voluntariado, co fin de mellorar as condicións físicas e psíquicas das persoas con discapacidade intelectual.

O seu obxectivo é promover a inclusión social de persoas con discapacidade intelectual mediante a cultura, a práctica deportiva e o lecer dando a oportunidade a todas as persoas participantes de desfrutar das súas vacacións en igualdade de condicións ao resto da sociedade.

FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA

FADEMGA Plena inclusión Galicia (Federación Galega de Asociacións en Favor das Persoas con Discapacidade Intelectual ou do Desenvolvemento) é unha entidade que aglutina a 41 asociacións de familiares e profesionais de persoas con discapacidade intelectual de Galicia.

Entre os seus obxectivos destaca a consecución dunha plena inclusión social, laboral e familiar das persoas con discapacidade intelectual, o fomento da constitución de asociación, a divulgación de información xeral e/o especializada que poida ser de interese ou a denuncia dos casos que vulneran os dereitos das persoas con discapacidade intelectual ou das entidades.

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    [email protected]
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 120 078