• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Rexina Vega recibe o XXII Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
Sala de prensa
Rexina Vega recibe o XXII Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego

Rexina Vega recibe o XXII Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego

xoves, 23 de outubro de 2025
Cultura

Afundación, a Obra Social de ABANCA, celebrou hoxe na Sede Afundación Pontevedra o acto de entrega do XXII Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego, outorgado a Reixa Vega por «Aínda aprendo», publicado en Tempos Novos, o 1 de xaneiro de 2024.

Acompañaron a premiada, ademais das outras dúas finalistas, Alba Moledo Ucha e Carmen Villar Alonso, obsequiadas con dous mil euros cada unha, o director xerente de Afundación, Pedro Otero Espinar; e as persoas integrantes do xurado: Víctor Freixanes, presidente; Fina Casalderrey, vogal; Diego Ameixeiras, vogal; Gloria Rodríguez López, vogal; Xosé Carlos Caneiro, vogal; e Carlos Valle, secretario.

Desde Afundación, incidiu o seu director xerente, Pedro Otero Espinar, en que «con cada edición deste galardón que convocamos, contribuímos a dinamizar o panorama cultural de Galicia, e iso, para nós, significa materializar un dos nosos compromisos estratéxicos, un desafío especialmente esixente dada a conxuntura de recoñecemento que estamos a vivir na última década, na que a produción narrativa, poética, ensaística, dramática, investigadora e xornalística de Galicia está recibindo os máis distinguidos galardóns no conxunto de España». Pedro Otero quixo, ademais, remarcar os «parabéns por esta distinción ás tres persoas finalistas, porque a concorrencia tan constante a este certame reflicte o interese por unha prensa de calidade e en galego, que, da man dos novos e experimentados valores das nosas letras, procura satisfacer as demandas esixentes da sociedade».

A continuación, o presidente do xurado, Víctor Freixanes, destacou o compromiso de Afundación coa cultura e quixo acentuar o valor do «de traballos moi intensos e dunha exquisita calidade na escrita. En nome do xurado, grazas a Afundación, que promove e mantén este premio e que ademais o dotou de máis recursos económicos. Nestes tempos de confusión e caos, de desesperanza, onde está o fenómeno do sufrimento do pobo Palestino, pero tamén do pobo ucraíno, e outros moitos pobos dos que non se fala e que están aí, onde todo arde no día e ao día seguinte parece que xa non é noticia, estes tres artigos están cheos de esperanza. O de Carmen ten raíces na terra como algo que nos sostén e que lle dá sentido á vida; no de Alba, eses gromos que milagrosamente aparecen na planta; e o de Rexina pois porque escenifica que estamos aquí, que seguimos aquí, e que entre todos podemos seguir adiante. Esta esperanza e esta ilusión é algo que a todo o xurado nos gratificou. É un privilexio que Afundación dinamice un premio tan necesario coma este. Moitas grazas á Obra Social ABANCA».

Rexina Vega quixo destacar o seu agradecemento a todos os axentes deste galardón. «Estou moi agradecida ao xurado, integrado por persoas que admiro sinceramente. Son tamén ben consciente do grao de azar que ten sempre un premio. Conseguir chegar a ser a premiada é un azar fermosísimo, pero un azar. Tamén estou agradecida a Afundación por crear e manter una premio coma este, un premio importante que afonda na memoria dunha das figuras máis importantes da literatura galega, nuns tempos tan convulsos coma os actuais. Dignificar o uso dunha lingua, poñer en valor o espazo da comunicación, salvar o pouso literario que o xornalismo literario deita sobre o presente é unha tarefa importante, necesaria, urxente. Este artigo conta momentos duros, momentos que tarde ou cedo acaban chegando a cada vida, pero teimamos por agochar. A finalidade do texto era calmar a imaxinación, non incitala, é dicir, desposuír de relato unha palabra: o cancro, marcada polo tabú e mais polo medo».

 

Aquí están as imaxes do evento e a biografía de Rexina Vega xunto ao seu artigo gañador.

 

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078