• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Protagonistas da emigración galega contextualizan a historia tras as fotos da mostra «Nós tamén fomos emigrantes» en Valdoviño
Sala de prensa
Protagonistas da emigración galega contextualizan a historia tras as fotos da mostra «Nós tamén fomos emigrantes» en Valdoviño

Protagonistas da emigración galega contextualizan a historia tras as fotos da mostra «Nós tamén fomos emigrantes» en Valdoviño

xoves, 23 de abril de 2026
Mayores

Manuela Budiño, que emigrou a Reino Unido en 1974; Rosa Cabana, que tivo como destino Suíza en 1972; e María José Varela, que emigrou a Suíza en 1972 contaron hoxe a 53 estudantes do CPI de Atios e a 20 participantes do obradoiro de estimulación cognitiva do Concello as historias que están detrás das fotos que conforman a exposición «Nós tamén fomos emigrantes. Fotografías da Axencia EFE sobre a emigración española no século XX».

A iniciativa é parte do programa «O valor da experiencia», de Afundación, que ten como obxectivo ampliar as posibilidades de participación e contribución das persoas maiores á colectividade, aproveitando o seu talento e coñecementos vitais e profesionais. A mostra é parte do proxecto «Corrente cultural», que impulsa a capilaridade da cultura en Galicia, ampliando as propostas alén das sedes de Afundación e ABANCA e que nesta ocasión se desenvolve en colaboración co Concello de Valdoviño.

Á inauguración da mostra e posterior encontro interxeracional, que será na Casa da Cultura de Valdoviño, asistiron as voluntarias do Espazo +60 Afundación de Ferrol e de Pontedeume, Manuela Budiño, Rosa Cabana e María José Varela; o alcalde do Concello de Valdoviño, Alberto González; o director de zona Ferrol – Ortegal de ABANCA, Óscar López; a directora de oficina de ABANCA, María Teresa Testa; a coordinadora de Relacións Institucionais de Afundación, Verónica Rego; a coordinadora do Espazo +60 Afundación de Ferrol, Mercedes Garnelo; e a coordinadora do Espazo +60 Afundación de Pontedeume, Teresa Alonso.

As protagonistas

Manuela Budiño Agra emigrou a Londres en 1974 con 18 anos, seguindo os pasos do seu irmán. Comezou a traballar como limpadora nun hospital psiquiátrico, onde tamén residía compartindo unha casa con outra moza galega e unha colombiana. Integrouse na contorna social do complexo, onde coñeceu ao seu marido. Sen coñecementos de inglés, aprendeuno asistindo a clases. Regresou a España no 1982 debido ao estado de saúde do seu pai e coa intención de formar unha familia.

María José Varela emigrou coa súa familia a Francia aos 8 anos por motivos políticos. Instaláronse en Alta Saboya, onde se adaptou con facilidade, a diferenza dos seus pais, que tiveron máis dificultades co idioma. Destaca a boa acollida recibida e o apoio social, como axudas familiares e acceso a estudos. Co tempo trasladáronse a Cluses, onde colaborou nun centro cultural español axudando a outros emigrantes e onde coñeceu ao seu marido. Traballou como administrativa en Siemens e regresou a España aos 30 anos para que os seus fillos crecesen aquí.

Rosa Cabana Sande emigrou á Suíza aos 30 anos, xa que, grazas á intermediación dunha amiga xa emigrada, conseguiu un contrato de traballo nun hotel de Berna. Alí viviu e traballou durante varios anos, ata que se trasladou a Xenebra, onde tivo dificultades iniciais co traballo e a vivenda, o que a levou a pensar en regresar a España. Finalmente atopou estabilidade laboral na maternidade dun hospital, onde traballou ata a súa xubilación.

 

 

A exposición

A exposición «Nós tamén fomos emigrantes. Fotografías da Axencia EFE sobre a emigración española no século XX» recolle unha selección de corenta fotografías da emigración, tanto española como galega, procedentes dos arquivos da Axencia EFE. O obxectivo é tratar de achegarnos a esa realidade histórica a través dunha síntese fotográfica das migracións mediante a mirada profesional e humana dos fotoxornalistas da época. É a historia de «millóns de españois que tiveron que abandonar a súa terra para sobrevivir», en palabras de Miguel Ángel Gozalo, director da Axencia EFE entre 1996 e 2004.

Poderase visitar ata o vindeiro 22 de maio na Casa da Cultura de Valdoviño, de luns a venres en horario de 10.00 a 14.00 h e de 16.30 a 19.30 h.

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078