• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Os programas interxeracionais e o voluntariado protagonizan o novo curso nos Espazos +60 de Afundación
Sala de prensa
Os programas interxeracionais e o voluntariado protagonizan o novo curso nos Espazos +60 de Afundación

Os programas interxeracionais e o voluntariado protagonizan o novo curso nos Espazos +60 de Afundación

luns, 28 de agosto de 2017
Mayores

28.08.2017 Tras o descanso estival, os Espazos +60 de Afundación abrirán de novo as súas portas o vindeiro venres 1 de setembro. Para o curso 2017-2018 deseñáronse novos programas que teñen como obxectivo poñer en valor o papel dos maiores na sociedade, ofrecer unha imaxe social desta poboación afastada de estereotipos e crear oportunidades para que as distintas xeracións estean conectadas. Así, as actividades que se desenvolverán neste período estarán centradas, ademais de no fomento da aprendizaxe ao longo da vida, do benestar físico e do desenvolvemento persoal, na participación activa na sociedade das persoas maiores, a través de programas interxeracionais e de voluntariado social e profesional. «En Afundación traballamos seguindo as pautas do denominado envellecemento activo, que permite incrementar a satisfacción, o benestar, a calidade de vida e indirectamente contribúe a unha diminución dos problemas de saúde física e psicolóxica. Así, na medida en que as persoas envellezan de maneira máis saudable, serán máis capaces de levar unha existencia autónoma e independente e de participar de forma activa na súa comunidade», subliña Sabela Couceiro, coordinadora da área de Envellecemento Activo de Afundación.

Algunhas imaxes das actividades dos Espazos +60 están dispoñibles aquí.

Afundación dispón dunha rede propia de 11 espazos, situados nas sete principais cidades galegas e noutras catro poboacións (Betanzos, Monforte, Pontedeume e Viveiro). Os centros, que contan na actualidade con máis de 12.000 persoas socias, foron concibidos como espazos destinados a conseguir que a etapa vital que iniciamos coa xubilación siga ofrecéndonos oportunidades de crecer persoalmente, de continuar formándose, de estar conectados cos temas emerxentes, á vez que se desenvolven hábitos de vida saudables e mantense unha rede de relacións significativas. Con este obxectivo proponse unha ampla e innovadora programación. Así mesmo, Afundación desenvolverá neste período diversas campañas para contribuír a construír unha imaxe social das persoas maiores real e afastada de estereotipos, que reflicta a heteroxeneidade do colectivo e as súas achegas á sociedade.

PROGRAMAS DOS ESPAZOS+ 60

A proposta de programación nos Espazos +60 estrutúrase en seis programas:

  • O valor da experiencia, co que se propician oportunidades para que as persoas socias poidan compartir a súa experiencia profesional e de vida a través de accións de voluntariado. Nesta liña enmárcase a iniciativa «Fálame dá emigración» na que participaron no curso pasado 71 voluntarios e voluntarias, 18 IES e 825 mozas e mozos. A programación inclúe tamén conferencias e talleres, actuacións musicais e teatrais ou clubs de lectura impartidos todos por persoas socias.

  • Formación e coñecemento, con actividades que favorecen a aprendizaxe de idiomas, o coñecemento do patrimonio, as humanidades ou a formación en novos temas e fenómenos sociais emerxentes.

  • Cultura dixital, mediante unha formación centrada no uso das tecnoloxías da información e da comunicación, desde a perspectiva da revolución tecnolóxica actual e o alcance da internet.

  • Hábitos saudables, con actividades físicas pero tamén de desenvolvemento cognitivo, benestar psicolóxico ou nutrición, entre outras.

  • Expresión artística, a través da aprendizaxe da música, debuxo, teatro ou artesanía, entre outros.

  • Lecer activo, coa programación de viaxes nacionais e internacionais e visitas culturais a museos, rutas históricas etc.

A partir do venres 1 de setembro, as persoas interesadas en facerse socias poden dirixirse aos Espazos +60 das súas cidades para informarse e/ou facer a súa reserva:

A Coruña. Rúa Alta, 7
981 227 677

Ferrol. Praza da Constitución s/n
981 323 378

Betanzos. Cantón de San Roque, 3
981 772 911

Santiago. Carreira do Conde, 18
981 580 416/385

Pontedeume. Ferreiros, 20
981 431 304

Ourense. Rúa do Paseo, 6, 2º
988 236 303

Lugo. Carril do Mercado, 1
982 241 878

Monforte. Cardeal Rodrigo de Castro, 18
982 402 853

Viveiro. Travesía Mariña, 49
982 560 798

Pontevedra. Praza de San Xosé, 3
986 864 185

Vigo. Policarpo Sanz, 26
986 120 071

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    [email protected]
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 120 078