• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Humor, teatro, maxia e música barroca na programación do Auditorio de Afundación no mes de abril
Sala de prensa
Humor, teatro, maxia e música barroca na programación do Auditorio de Afundación no mes de abril

Humor, teatro, maxia e música barroca na programación do Auditorio de Afundación no mes de abril

martes, 31 de marzo de 2026
Cultura

Desde que acabe a Semana Santa, e ata que remate o mes de abril, o Auditorio da Sede de Afundación en Pontevedra acollerá catro espectáculos, un por semana. Haberá humor, teatro, maxia e un concerto de música barroca a cargo da agrupación Il Fervore. As dúas primeiras propostas serán de carácter escénico: o espectáculo de improvisación e comedia Corta el cable rojo poderá verse o día 11 de abril; a obra teatral Mejor no decirlo preséntase o día 17. Quedan moi poucas entradas para ambos os dous shows. O día 18, a maxia chega ao escenario do Auditorio de Afundación en sesión de tarde con Ilusiónate, de Borja Montón. Para o concerto de Il Fervore tamén comezan a escasear as localidades dispoñibles en Ataquilla.com.

Para comezar, dúas propostas escénicas

Corta el Cable Rojo chega a Pontevedra logo de case 15 anos consecutivos de éxito en Madrid. Con varios cómicos sobre o escenario, o espectáculo combina música cativadora creada en directo e proxeccións cegadoras e un formato pensado para xerar unha experiencia teatral única e emocionante. Cada número cómico é un malgaste de creatividade e humor.

Xa o día 17, Imanol Arias e María Barranco subirán ao escenario do Auditorio de Afundación para presentar a terceira das propostas da Tempada de Abonos de teatro da Obra Social de ABANCA en Pontevedra neste 2026: Mejor no decirlo. Na trama da obra teatral, un matrimonio que leva moitos anos de convivencia ten unha fórmula infalible: saber cando falar e cando calar. Pero, que pasaría se por unha vez decidisen dicir todo, absolutamente todo? 

As seguintes obras programadas na Tempada de Abonos de teatro de Afundación en Pontevedra serán, respectivamente, Querida Agatha Christie -o día 8 de maio-, e maila obra Inmaduros, cun elenco liderado por Carlos Sobera e que se representará o día 12 de xuño.

Maxia e música clásica  

A maxia chega a Pontevedra o 18 de abril ás 17:30 horas con Borja Montón (León, 1991). O seu espectáculo, Ilusiónate, ten carácter familiar e expón tanto ás nenas e os nenos, coma ás persoas maiores, a unha pregunta: por que perdemos a ilusión a medida que crecemos? Asegura Borja Montón que descubriu «a fórmula para que isto non ocorra» e que a comparte no espectáculo que chega a Pontevedra logo de facer xira por España e países coma México e Colombia.

Xa o día 28, ás 20:30 horas, a programación de abril do Auditorio da Sede de Afundación despídese con Il Fervore nun concerto programado en colaboración coa Sociedad Filarmónica de Pontevedra.

Fundado en 2021, Il Fervore é un grupo historicista especializado na música dos séculos XVII e XVIII. Traballan na recuperación do patrimonio musical esquecido nos arquivos de bibliotecas españolas e italianas. No concerto de Pontevedra interpretarán pezas do compositor italiano Alessandro Scarlatti (1660 – 1725). Sobre o escenario haberá sete intérpretes, seis instrumentistas encargados do violín, a viola, o violonchelo, o contrabaixo, a clave, a tiorba e a guitarra barroca. Canda eles, a soprano Jone Martínez. O director, Jesús Merino, tamén toca o violín.

A seguinte cita coa cultura no Auditorio da Sede de Afundación en Pontevedra será xa en maio, o venres día 8. Nunha nova proposta da Tempada de Abonos de teatro, os intérpretes Carmen Morales e Juan Messeguer liderarán o elenco da obra Querida Agatha Christie. Aínda quedan entradas. 

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078