• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Afundación e a Universidade de Santiago presentan un informe sobre a eficacia dos programas de envellecemento activo
Sala de prensa
Afundación e a Universidade de Santiago presentan un informe sobre a eficacia dos programas de envellecemento activo

Afundación e a Universidade de Santiago presentan un informe sobre a eficacia dos programas de envellecemento activo

martes, 10 de outubro de 2017
Mayores

Galicia está inmersa nun proceso de envellecemento demográfico que nos próximos anos significará un incremento do número de persoas maiores e do seu peso relativo. Así, 30 de cada 100 galegos teñen hoxe máis de 60 anos e no ano 2031 representarán o 39 % da poboación. O concepto de envellecemento activo nace como unha estratexia común a nivel mundial para afrontar este fenómeno demográfico. Desde un punto de vista individual, incrementa a satisfacción vital, o benestar psicolóxico e a calidade de vida e, indirectamente, contribúe a unha diminución dos problemas de saúde física e psicolóxica. Tendo en conta que o envellecemento activo é unha prioridade estratéxica para Afundación e que desenvolve un amplo abano de actividades neste ámbito, esta entidade e a Universidade de Santiago realizaron un estudo para medir a súa eficacia. O informe conclúe que as persoas que participan nos programas de envellecemento activo mostran niveis significativamente mellores, tanto na saúde global, como na participación e a contribución social en relación a outras persoas da mesma idade, igualmente autónomas e independentes, pero que non participan en actividades.

Consulta e descarga o informe. PDF 1,7 Mb

 

A METODOLOXÍA E OS RESULTADOS DO ESTUDO

O estudo realizouse grazas a unha nova ferramenta deseñada na Universidade de Santiago, o Índice Persoal de Envellecemento Activo (IPEA USC)*, a primeira no mundo que permite avaliar e cuantificar o nivel de envellecemento activo particular de cada individuo, xa que ata agora só existían índices válidos para estudar a súa incidencia sobre a poboación en xeral en distintos territorios. O equipo de traballo da USC realizou un total de 391 entrevistas a persoas maiores de 55 anos divididas en dous grupos: socios que acoden a programas de envellecemento activo e persoas que non participan en ningún tipo de actividades destas características. Para avaliar o impacto tivéronse en conta as dúas dimensións que compoñen o envellecemento activo a nivel persoal, a participación global (que se refire ao emprego, a participación social, a formación continua, o uso de TIC e o lecer) e a saúde integral (que inclúe a saúde física, funcional, cognitiva, o estado afectivo e o estado social). A conclusión é que os participantes nestes programas teñen un nivel de envellecemento activo elevado, de 0,71 sobre 1, dez puntos máis que os que non participan, o que probaría a súa eficacia.

 

En xeral, as persoas que realizan actividades deseñadas especialmente para promover un envellecemento activo teñen un estado de saúde que supera en 6 puntos os que non seguen estes programas: teñen menos enfermidades e síntomas físicos, maior satisfacción co seu estado de saúde, mellor funcionamento cognitivo e están máis activos mentalmente, cun mellor estado afectivo e unha maior frecuencia de sentimentos positivos. Respecto da súa participación global, a diferenza nos índices elévase ata 14 puntos como media. Así, os usuarios destes programas participan máis na sociedade e xeran máis contribución social, usan máis frecuentemente as TIC e gozan dun lecer máis variado e estimulante. Entre as actividades estudadas destaca especialmente o impacto positivo do programa «O valor da experiencia» de Afundación. Os seus participantes obtiveron o maior nivel de envellecemento activo en todas as categorías, con resultados significativamente mellores en ámbitos como o estado afectivo e cognitivo ou o benestar psicolóxico.

Os autores do estudo analizaron tamén o impacto destas actividades noutras dimensións, concluíndo que quen segue regularmente programas de envellecemento activo ten un maior benestar psicolóxico, máis calidade de vida e menos estereotipos negativos asociados á vellez, difundindo unha imaxe máis positiva cara á idade.

«Partindo destes resultados –subliña Sabela Couceiro, coordinadora de Envellecemento Activo de Afundación– extraéronse unha serie de recomendacións para reforzar os aspectos máis débiles do programa e, dese modo, favorecer un envellecemento activo de maneira máis integral. Algunhas propostas son: incluír estratexias para xestionar as emocións e favorecer estados de ánimo positivos, levar a cabo accións que favorezan a participación e a contribución social e incidir nas actividades que contribúen a aumentar a autonomía, a autoaceptación, o crecemento persoal e a visión máis positiva da vellez.»

 

O PROGRAMA DE ENVELLECEMENTO ACTIVO DE AFUNDACIÓN

Afundación dispón dunha rede propia de 11 espazos, situados nas sete principais cidades galegas e noutras catro poboacións (Betanzos, Monforte, Pontedeume e Viveiro). Os centros, que contan na actualidade con máis de 12.000 persoas socias, foron concibidos como espazos destinados a conseguir que a etapa vital que iniciamos coa xubilación siga ofrecéndonos oportunidades de crecer persoalmente, de continuar formándose, de estar conectados cos temas emerxentes, á vez que se desenvolven hábitos de vida saudables e se mantén unha rede de relacións significativas. Con este obxectivo, ofrécese unha ampla e innovadora programación que contempla diferentes dimensións do envellecemento activo, con diversidade de propostas que se estruturan en cinco bloques: hábitos saudables, cultura e expresión artística, formación e coñecemento, TIC e lecer activo. Así mesmo, Afundación desenvolve durante todo o ano diversas campañas para contribuír a construír unha imaxe social das persoas maiores real e afastada de estereotipos, que reflicta a heteroxeneidade do colectivo e as súas achegas á sociedade.

* Marsillas, 2016; Marsillas, De Donder, Kardol, van Regenmortel, Dury, Brosens, Smetcoren, Braña y Varela 2017 

 

Dirección do estudo:

Prof. Dr. Jesús Varela Mallou

Investigadores:

Dra. Sara Marsillas Rascado

Dra. Teresa Braña Tobío

Dr. Antonio Rial Bobeta

 

GRUPO USC-PSICOM. UNIDADE DE PSICOLOXÍA DO CONSUMIDOR E O USUARIO - UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Documentos

  • Informe de envejecimiento activo Afundación - Universidade Santiago de Compostela

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    [email protected]
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 120 078