• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Mergulladores voluntarios convocados por Afundación retiran máis dunha tonelada de lixo mariño dos fondos de Baiona
Sala de prensa
Mergulladores voluntarios convocados por Afundación retiran máis dunha tonelada de lixo mariño dos fondos de Baiona

Mergulladores voluntarios convocados por Afundación retiran máis dunha tonelada de lixo mariño dos fondos de Baiona

luns, 15 de xuño de 2026
RSC

Os fondos mariños das praias da Barbeira e Ribeira e do espigón DOCA, en Baiona, teñen hoxe unha tonelada de lixo mariño menos trala xornada de voluntariado medioambiental desenvolvida no marco de PLANCTON, o Plan de Conservación Territorial impulsado pola Obra Social de ABANCA. A iniciativa mobilizou durante toda a mañá a mergulladores da Confraría de Pescadores A Anunciada de Baiona, dos clubes de mergullo Club Subacuático Pérez-Sub, Club Terra dos Mares, A.D.C. Raspa, Club Neptuno das Rías Baixas e Club Ugari Sub de Biscaia e da Asociación Galega de Pescadores Submarinos Responsables (AGPESUR), que realizaron sucesivas inmersións para localizar e extraer residuos acumulados no medio mariño.

A actuación permitiu recuperar distintos obxectos, moitos deles aparellos de pesca extraviados durante o seu exercicio, como nasas, cabos, áncoras, pneumáticos empregados como defensas e outros útiles relacionados co sector pesqueiro. Os mergulladores atoparon tamén, como é frecuente neste tipo de accións, distintos residuos relacionados coa vida cotiá e as actividades de lecer, entre eles envases, botes, botellas, un retrete e outra serie de obxectos plásticos altamente contaminantes para  os ecosistemas submarinos.

Mentres os equipos de mergullo traballaban nos fondos, o voluntariado convocado por ABANCA e Afundación encargouse das tarefas de apoio en terra, colaborando na recepción, clasificación e pesada dos materiais retirados do mar ao longo da xornada.

Con esta nova actuación, PLANCTON continúa ampliando os seus resultados e alcanza case as 162 toneladas de lixo mariño extraídas no conxunto de actuacións desenvolvidas ata o de agora en bancos marisqueiros, areais e outros espazos costeiros de Galicia, desde o inicio do proxecto en 2021,

A xornada contou tamén coa implicación de numerosas entidades e organizacións que fixeron posible o desenvolvemento da actividade. Entre elas, o Concello de Baiona, que asumirá a xestión final dos residuos retirados do medio mariño; o Club de Iates Monte Real; a Federación Galega de Actividades Subacuáticas; ABANCA e a súa Obra Social, promotora do proxecto PLANCTON.

A colaboración entre administracións públicas, entidades sociais e deportivas, colectivos vinculados ao mar e persoas voluntarias volveu demostrar o valor do traballo conxunto á hora de afrontar os retos ambientais que afectan ao litoral galego. Grazas a esta actuación foi posible retirar dos fondos mariños numerosos residuos que supuñan unha ameaza para a fauna e a flora da contorna, contribuíndo á mellora do estado de conservación da costa de Baiona e reforzando a sensibilización cidadá arredor da protección dos ecosistemas mariños.

Esta nova intervención exemplifica os principios que inspiran o proxecto PLANCTON, baseado na suma de esforzos para avanzar cara a unha maior conservación do patrimonio natural galego. Un compromiso que se aliña cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible das Nacións Unidas, especialmente co ODS 17 (Alianzas para lograr os obxectivos), o ODS 14 (Vida submarina) e o ODS 13 (Acción polo clima), convertendo cada actuación nun paso máis cara a un litoral máis limpo, saudable e resiliente.

As imaxes da limpeza de hoxe están dispoñibles AQUÍ.

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078