• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Pérez Galdós e Agatha Christie no Teatro Afundación Vigo
Sala de prensa
Pérez Galdós e Agatha Christie no Teatro Afundación Vigo

Pérez Galdós e Agatha Christie no Teatro Afundación Vigo

martes, 28 de abril de 2026
Cultura

Foi, o de 1926, o annus horribilis da escritora Agatha Christie. Faleceu a súa nai e o seu marido pediulle a separación. A escritora tiña entón 36 anos e caeu nunha profunda depresión. En 1927 fixo unha viaxe ás Illas Canarias que, tal e como contaría na súa autobiografía, lle resultou profundamente terapéutica. O dramaturgo Juan Carlos Rubio construíu unha ficción na que Agatha Christie, hospedada durante esa viaxe ás Illas Canarias no Hotel Taoro do Puerto de la Cruz (Tenerife), planea o seu suicidio. Está no seu cuarto cando se lle aparece o escritor canario Benito Pérez Galdós. A obra titúlase Querida Agatha Christie e chega ao Teatro Afundación o xoves 7 de maio ás 20.30 h. No patio de butacas, as localidades dispoñibles en  Ataquilla.com cóntanse por unidades. Quedan algunhas máis nos anfiteatros.

O espectáculo forma parte da Tempada de Abonos do Teatro Afundación deste 2026. É a sexta das sete obras programadas no primeiro semestre do ano. Durante a tempada, Afundación programa en Vigo algunhas das producións escénicas máis celebradas en España nos últimos meses.

 

Carmen Morales e Juan Meseguer

A actriz Carmen Morales dálle vida a Agatha Christie no espectáculo. Aínda que acadou unha enorme popularidade grazas ao seu paso pola televisión en series icónicas como Al salir de clase, Morales desenvolveu unha gran carreira sobre as táboas. No teatro protagonizou títulos como Ninette y un señor de Murcia ou La importancia de llamarse Ernesto. O seu compañeiro no espectáculo, Juan Meseguer, é outro referente da interpretación. Coa Compañía Nacional de Teatro Clásico protagonizou grandes personaxes do teatro dirixido por referentes como Adolfo Marsillach.

Morales e Meseguer dan vida ao texto creado e dirixido por Juan Carlos Rubio, outro nome de referencia na escena española desde hai máis de dúas décadas.

 

A visión do autor e director

Asegura Rubio que entre as razóns polas que lle «fascina» o proxecto que supón a montaxe Querida Agatha Christie está o feito de «ter a posibilidade, unha vez máis na miña carreira, de explorar as vidas de personaxes absolutamente únicos e imprescindibles». Juan Carlos Rubio xa levara ás táboas, convertidos en personaxes, a Adolfo Suárez, Pau Casals, Nicolás Maquiavelo, Lorca ou Concha Piquer.

Ademais, o desenvolvemento da obra ofrecíalle a posibilidade de «mesturar dous estilos narrativos nos que Galdós e Christie foron mestres: a psicoloxía e o detalle dos personaxes, no caso do primeiro, e o misterio e o suspense no caso da segunda».

O espectáculo, que está a ser un éxito de crítica e público, é o penúltimo da Tempada de Abonos de Teatro de Afundación no primeiro semestre do ano. A última das citas co mellor do teatro español será o xoves 11 de xuño con Inmaduros, unha comedia protagonizada por homes que, pasados os 50 anos de idade, seguen comportándose de forma inmadura. Carlos Sobera e Ángel Pardo están á fronte do elenco de seis intérpretes.

 

Cultura por alimentos

A Tempada de Abonos do Teatro Afundación forma parte do programa solidario «Cultura por alimentos», desenvolto pola Obra Social de ABANCA en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL). Os asistentes ás funcións poderán colaborar depositando alimentos non perecedoiros nos colectores dispostos para tal fin no teatro. As doazóns serán distribuídas por FESBAL entre familias en risco de exclusión de Vigo e a súa área de influencia.

 

Hai imaxes do espectáculo nesta ligazón

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078