• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias O Orfeón Terra A Nosa interpreta no Teatro Afundación o Réquiem de Mozart e o Magnificat en do menor do seu mestre Giovanni Batt
Sala de prensa
O Orfeón Terra A Nosa interpreta no Teatro Afundación o Réquiem de Mozart e o Magnificat en do menor do seu mestre Giovanni Batt

O Orfeón Terra A Nosa interpreta no Teatro Afundación o Réquiem de Mozart e o Magnificat en do menor do seu mestre Giovanni Batt

luns, 20 de outubro de 2025
Cultura

Cunha sesión musical dedicada ao Réquiem de Mozart, o Orfeón Terra Nosa preséntase no Teatro Afundación o mércores 29 de outubro no segundo dos concertos da Tempada de Abonos de Clásica da Obra Social de ABANCA en Vigo neste outono. O programa, de 65 minutos de duración, comeza co Magnificat en Do menor de Giovanni Battista Martini. Interpretarán despois o Réquiem en Re menor do xenial músico austríaco. As persoas que non dispoñen dos abonos bonificados para asistiren, poden acceder ás entradas dispoñibles  en Ataquilla.com.

O programa fai dialogar a obra de Giovanni Battista Martini coa de quen foi o seu alumno  en 1770: Wolfgang Amadeus Mozart. Martini deulle a Mozart leccións de contrapunto durante un período de tempo curto, pero a súa influencia na música do xenial compositor austríaco foi, segundo as opinións especializadas, moi significativa.

 

As voces

Ambas as dúas pezas, o Magnificat en Do menor de Giovanni Battista Martini e máis o Réquiem de Mozart, foron escritas para orquestra, coro, e catro voces solistas. No concerto da noite do 29 de outubro do Orfeón Terra A Nosa actuarán coma solistas Aida López -soprano-, Julia Portela -mezzosoprano-, David Ferreiro -tenor- e Pablo Nieves -baixo-. Levará a batuta o director Luis Martínez.

Do Réquiem en Re menor KV 626, o Orfeón Terra A Nosa interpretará a versión adaptada polo músico bávaro Henrich Ludwig Ritter von Spengel en 1852, un arranxo para coros de igrexa da peza de Mozart, que quedara inconclusa á morte do músico en 1791 e da que se fixeron diferentes versións dende entón.

A música clásica volverá ao Teatro Afundación o 7 de novembro coa Orquestra Vigo 430, que presenta «Sinerxias 430: Camiños cruzados», un concerto que explora a riqueza das músicas belga e francesa para violín e piano.

Cinco días despois, o 12 de novembro, a Real Filharmonía de Galicia volve ás sesións de abono dirixida por Baldur Brönnimann para a estrea absoluta da obra Clara, creada pola compositora mexicana Gabriel Ortiz para a orquestra santiaguesa. A composición homenaxea a Clara Schumann. Pianista e compositora, Clara Wieck —polo seu apelido previo ao matrimonio— foi ademais a esposa do músico Robert Schumann, na cuxa carreira tivo unha importancia central.

A Tempada de Abonos de Clásica de Afundación remata este ano co concerto do 11 de decembro no que a Orquesta Sinfónica de Galicia interpretará a Sinfonía nº 5 en Si bemol maior de Anton Bruckner.

 

«Cultura por alimentos»

Os concertos forman parte do programa «Cultura por alimentos», desenvolvido pola Obra Social de ABANCA en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL). As persoas que asisten aos espectáculos poden colaborar depositando alimentos non perecedoiros nos colectores dispostos para tal fin. As doazóns serán distribuídas por FESBAL entre familias en risco de exclusión de Vigo e da súa área de influencia.

 

 

 


Hai imaxes do Orfeón Terra a Nosa nesta ligazón

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078