• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Amigos da Ópera achega o xénero a máis de mil estudantes de primaria da Coruña en Afundación
Sala de prensa
Amigos da Ópera achega o xénero a máis de mil estudantes de primaria da Coruña en Afundación

Amigos da Ópera achega o xénero a máis de mil estudantes de primaria da Coruña en Afundación

luns, 20 de outubro de 2025
Cultura Conocimiento y Formación

Co obxectivo de romper os estereotipos e de mostrar a ópera como unha proposta moito máis próxima do que en moitas ocasións está na mente do público, especialmente a idades temperás, nace o programa «Ópera para nenos». Máis de 1000 escolares de terceiro e cuarto de primaria de distintos centros da Coruña e comarca poderán gozar desta proposta, que se enmarca na programación didáctica de Amigos da Ópera da Coruña desde unha perspectiva de achegarse á lírica como «unha arte por descubrir e á cultura en xeral como un medio para viaxar a través do tempo e o espazo».

O auditorio da Sede Afundación da Coruña acollerá este martes e mércores, con dúas funcións ás 10 e ás 11.30 h,  unha proposta na que os estudantes se achegarán á ópera a través de fragmentos de Carmen e L’elixir d’amore, interpretadas polo equipo de Ópera Kids. Durante unha hora, os participantes farán un percorrido a través da música por China, Francia, Italia e España, nunha actividade na que poderán participar sumando as súas voces.  Trátase dunha masterclass que, como destacan desde Amigos da ópera, «dá unha oportunidade de aproximarse a este xénero desde idades temperás, dunha forma directa, próxima e adaptada a diferentes idades, situando a ópera nun plano máis próximo a todos eles».

Coas entradas xa esgotadas, «Ópera para nenos» celebra a súa cuarta tempada a través da colaboración de Amigos de la Ópera, a Deputación da Coruña, INAEM, a Fundación Emalcsa, Xunta de Galicia e Afundación.

As funcións enmárcanse ademais no programa solidario «Cultura por alimentos», mediante o cal Afundación, en colaboración coa Federación Española de Bancos de alimentos (FESBAL), anima á doazón de produtos non perecedoiros a modo de entrada solidaria, que se poderán depositar nos contedores habilitados para o efecto nos espazos de Afundación, para a súa posterior doazón ao banco de alimentos local.

 

 

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078