• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Naturnova conmemora o Día Mundial da Auga cunha serie de obradoiros
Sala de prensa
Naturnova conmemora o Día Mundial da Auga cunha serie de obradoiros

Naturnova conmemora o Día Mundial da Auga cunha serie de obradoiros

xoves, 27 de marzo de 2014

Co gallo do Día Mundial da Auga e das outras tres conmemoracións que neste mes de marzo queren chamar a atención da sociedade polo coidado do medio ambiente, a Fundación Novacaixagalicia, a través do seu centro interactivo de educación ambiental Naturnova, propón uns divertidos obradoiros para a rapazada todas as tardes dos sábados de marzo. Estas actividades lúdicas e educativas están destinadas a nenos e nenas de 6 a 12 anos. A inscrición farase o mesmo día do obradoiro a partir das 17.30 h. O número de participantes é limitado.

 

Os obradoiros

O mensaxeiro espacial. O 8 de marzo un mensaxeiro especial traerá un comunicado do seu planeta e os participantes deberán descubrir para quen será. Con ese propósito construirase unha nave para viaxar por todo o universo na procura dese descoñecido destinatario.

Mary Read e a súa tripulación mergúllanse na ría. As profundidades mariñas son un universo aínda descoñecido para os humanos. Grazas a este obradoiro, o 15 de marzo os participantes transformaranse en piratas e descubrirán os segredos que agacha o fondo da ría viguesa.

Aventura H2O. Entre todos os que participen neste obradoiro, o 22 de marzo intentarase arranxar o problema da auga grazas aos xermoladores portátiles.

Misión: salvar o planeta azul. Como detectives, os rapaces e rapazas que se inscriban nesta actividade deberán descifrar, o 29 de marzo, un código segredo para descubrir un enigma oculto, ademais de fabricaren as súas propias insignias de coidadores do planeta.

 

Naturnova

No ano 2003 inaugurouse un espazo de referencia en Vigo co fin de ilustrar algúns dos aspectos máis interesantes da natureza mediante unha aprendizaxe lúdica. Para iso, o Centro Interactivo de Educación Ambiental da Fundación Novacaixagalicia dotouse de material informático anovador que propiciase a interacción e a posta en práctica dos coñecementos que se explican ao longo da exposición.

 

O centro, emprazado na rúa Velázquez Moreno, 18, en Vigo, está formado por tres salas de exposicións divididas en función da temática que se estuda en cada unha delas. A primeira fai referencia ao universo e nela explícanse, ademais da nosa galaxia e do sistema solar, tanto as formas de movemento dos planetas e a súa situación dentro do sistema, coma o nacemento das estrelas.

 

O seguinte espazo está centrado na Terra e nos trazos característicos que presenta, coma o seu solo, a auga ou a atmosfera. Así mesmo, poderase observar a variedade de seres que habitan o noso planeta e que fan del un singular punto minúsculo da nosa galaxia afectado en todo momento por diferentes fenómenos meteorolóxicos, que se poderán recrear no centro grazas aos xogos interactivos que se atopan na sala. Por outra banda, comprobarase por que a auga é un elemento indispensable para a nosa vida logo de observar como sería o noso planeta sen ela, para o que tamén se botará man de ferramentas informáticas que estarán á disposición dos visitantes. Tras esta viaxe ao redor da Terra, Naturnova propón ao público unha viaxe aérea virtual por Galicia para visitar os seus diversos espazos naturais.

 

Os seres humanos e a relación que mantemos co medio que nos rodea é o núcleo temático da terceira sala, en que xa a atención se centra na nosa realidade máis próxima e inmediata. Ademais de coñecer que tipo de convivencia existe entre todos os seres vivos, gozarase da oportunidade de escoitar unha ampla variedade dos sons da nosa contorna grazas á cámara enoica situada nesta zona da exposición. A importancia do aforro, do respecto polo medio e a aprendizaxe das medidas que contribúen a evitar a degradación do planeta son tres dos temas fundamentais que se analizan nesta última parte do percorrido.

Documentos

  • 03 03 2014 obradoiros marzo naturnova cast
  • 03 03 2014 obradoiros marzo naturnova gal

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078