O humorista Miguel Lago presenta en Cangas o seu espectáculo Soy un miserable
14.10.2015. A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) presenta o vindeiro venres 23 de outubro en Cangas o último espectáculo do monologuista Miguel Lago. Humor, retranca galega e ironía únense en Soy un miserable para crear un mordaz e hilarante retrato das máis baixas miserias humanas. O espectáculo, que xa gozaron máis de 50.000 espectadores na súa xira ao longo de toda España, terá lugar no Auditorio Municipal de Cangas (Avenida de Lugo, 27) ás 22.00 h. As entradas están dispoñibles a través das canles habituais da entidade, en www.ataquilla.com ou no 902 504 500.
MIGUEL LAGO
Comeza a súa andaina como monologuista no ano 2005 colaborando co programa Central de Cómicos, en Paramount Comedy, onde protagonizou tamén o especial Pata Negra. Ademais de monologuista e presentador, Miguel Lago interpretou a Don Luís no docu-reality Curso do 63, de Antena 3, e a súa secuela Curso do 73. En xullo de 2015 debuta como membro do exclusivo grupo de cómicos de El Club de la Comedia, na Sexta, nunha apoteósica interpretación de Soy un hijo de puta, coa que conquistou a todos os espectadores alí presentes.
Coñécenos por dentro en www.afundacion.org .
Podes seguirnos en Facebook, Twitter, Linkedin e Youtube.