Máis Saaabor!, na programación de teatro para escolares de Afundación na Coruña
Afundación, a Obra Social de ABANCA, presenta mañá venres 20 de febreiro, ás 10.00 e ás 12.00 h, no Auditorio Sede Afundación de A Coruña, unha nova proposta escénica dentro da súa programación de actividades para escolares: Máis Saaabor!, de Culturactiva Produccións, dirixida a público de 3º y 4º de Educación Primaria. Asistirán cerca de 900 estudantes procedentes de 15 centros educativos de A Coruña e localidades de arredores. A obra volverá representarse no mesmo escenario o 5 de marzo.
Tras o éxito da obra Saaabor!, gañadora do Premio do Público no Festiclown 2018, chega o espectáculo Máis Saaabor!, co que amosan o mundo da gastronomía e da alimentación saudable nunha proposta escénica que mestura música en directo, maxia, humor e moito ritmo. Dous recoñecidos chefs ofreceránnos un saboroso, equilibrado e, sobre todo, ben afinado menú, nunha visita cómica ao mundo dos fogóns para promover o achegamento á cociña, a alimentación saudable e o consumo de produtos de proximidade.
As artes escénicas teñen unha especial relevancia dentro da programación para escolares que deseña cada curso o equipo da área educativa de Afundación co obxectivo de reforzar a formación que os estudantes reciben nas aulas. A programación está deseñada para promover unha educación en valores e competencias transversais potenciando o talento, a autonomía, a solidariedade, a creatividade, a autoestima e o traballo en equipo. Neste sentido, as artes escénicas están consideradas como unha das ferramentas educativas máis útiles para estimular a capacidade de observación dos estudantes, posibilitar o diálogo e a reflexión, e desenvolver habilidades sociais.
Imaxe do espectáculo AQUÍ.