• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Os Seis personaxes en busca de autor de Luigi Pirandello chegan mañá ao Teatro Afundación
Sala de prensa
Os Seis personaxes en busca de autor de Luigi Pirandello chegan mañá ao Teatro Afundación

Os Seis personaxes en busca de autor de Luigi Pirandello chegan mañá ao Teatro Afundación

mércores, 29 de outubro de 2025
Cultura

Aseguraba a directora teatral Pepa Gamboa, tras a estrea da versión de Seis personaxes en busca de autor que se presenta mañá no Teatro Afundación, que se trata dunha obra «na que o público se divirte moito co espectáculo aínda que non é nada frívolo, ao contrario, é moi profundo». Gamboa é a responsable da posta  en escena, con 13 intérpretes sobre as táboas e que volve sobre un dos grandes textos clásicos do teatro europeo. As escasas localidades aínda non ocupadas están dispoñibles en Ataquilla.com.

A trama da obra Seis personaxes en busca de autor, escrita por Luigi Pirandello e estreada en 1921, en pleno fulgor da época das vangardas en Europa, empeza ao comezo do ensaio teatral dun texto do propio Pirandello. De súpeto, irrompe en escena unha familia de seis individuos que declaran que naceron coma personaxes e esgrimen unha pretensión imposible: que alguén represente o seu drama. Desa forma, a comedia mestúrase coa traxedia, a fantasía coa realidade e os personaxes cos actores. As voces especializadas adoitan cualificar a obra de «meta-teatro» ou «teatro dentro do teatro».

«Funambulistas da escena»

O responsable da adaptación do texto orixinal de Pirandello, Antonio Álamo, explica que se trata dun libreto feito «para atopar funambulistas da escena que saiban transitar da comedia ao drama e do drama á comedia, do caos á orde e da orde ao caos, do realismo ao fantástico e do fantástico ao real».

Entre os «funambulistas da escena» que se suman como intérpretes ao proxecto desenvolvido a partir da adaptación de Antonio Álamo e baixo a dirección de Pepa Gamboa hai actrices e actores de longa traxectoria no teatro e o audiovisual español como Ruth Gabriel, Nuria Gallardo, Fernando Ramallo ou Juan Carlos Martín. Súmanse á amplísima relación de intérpretes que desde hai máis de 100 anos deron vida a unha obra en cuxas múltiples diferentes versións participaron lendas da interpretación como as actrices María Casares e Liv Ullmann ou os directores Ingmar Bergman e Franco Zefirelli.

Tempada de Abonos

O espectáculo, que ten unha duración de 105 minutos, é o segundo dos programados neste outono dentro da Tempada de Abonos.

O 13 de novembro será tempo de Pixama para seis, unha comedia asinada en 1984 por Marc Camoletti, protagonizada por Gabino Diego, e que aborda temas como o amor, os celos, a confianza, a mentira, a infidelidade.

A adaptación teatral da novela La Barraca, de Blasco Ibáñez, e a obra surafricana Camiño á Meca, protagonizada por Lola Herrera, Natalia Dicenta e Carlos Olalla , completan a programación de abono ata decembro.

«Cultura por alimentos»

A Tempada de Abonos do Teatro Afundación forma parte do programa solidario «Cultura por alimentos», desenvolto pola Obra Social de ABANCA en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL). As persoas que asisten aos espectáculos poden colaborar depositando alimentos non perecedoiros nos contedores dispostos para tal fin no Teatro Afundación de Vigo. As doazóns serán distribuídas por FESBAL entre familias en risco de exclusión de Vigo e a súa área de influencia.

Hai imaxes do espectáculo nesta ligazón

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078