• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Los lunes al sol inaugura a Tempada de Abonos do Teatro Afundación
Sala de prensa
Los lunes al sol inaugura a Tempada de Abonos do Teatro Afundación

Los lunes al sol inaugura a Tempada de Abonos do Teatro Afundación

xoves, 18 de decembro de 2025
Cultura

A nova Tempada de Abonos do Teatro Afundación programa 7 espectáculos no primeiro semestre do novo ano. O público poderá asistir a algunhas das obras teatrais máis celebradas en España nos últimos meses. Todas as funcións, menos unha, serán nas noites dos xoves. A versión teatral da premiada película Los lunes al sol, cuxa trama se desenvolveu en Vigo e na súa área de influencia, inaugura a programación o xoves 29 de xaneiro. Os seguintes espectáculos farán pasar polo escenario do teatro da Obra Social de ABANCA en Vigo intérpretes como María Galiana, Ana Duato, Darío Grandinetti, Anabel Alonso, María Barranco, Imanol Arias ou Carmen Morales.

Os abonos con prezo reducido e que permiten acceder aos 7 espectáculos poden adquirirse en Ataquilla.com desde este venres, 19 de decembro,  ata o 11 de xaneiro. A partir desa data, será posible adquirir entradas soltas sen redución de prezo.

A adaptación teatral de Los lunes al sol que inaugura a tempada é obra de Ignacio del Moral, quen xa fora responsable, xunto con Fernando León de Aranoa, do guión da inesquecible película de 2002 que volveu sobre temas como o desemprego, a dignidade ou a frustración. Cun elenco formado por 10 intérpretes, a obra expón preguntas sobre a xustiza social e o sistema laboral contemporáneo, convidándonos a reflexionar sobre as desigualdades na nosa sociedade.

 

A vida, a escena

María Galiana é unha das catro actrices que conforman o reparto do segundo espectáculo da tempada, que poderá verse o xoves 12 de febreiro: Yo solo quiero irme a Francia. Xunto a Galiana, Alicia Armenteros, Nieves de Medina e Anna Mayo interpretan catro mulleres de catro xeracións diferentes que se atopan por unha circunstancia sobrevida. A trama da obra aborda o peso das herdanzas emocionais.

Un mes despois, o xoves 12 de marzo, chega a obra La música, con Ana Duato e Darío Grandinetti. Baixo a dirección de Magüi Mira, Duato e Grandinetti dan vida a un texto de Marguerite Duras que narra o reencontro dunha parella cuxos membros levan dous anos apartados e que se reúnen nun hotel, toda unha noite, para pechar os trámites do seu divorcio. O amor, a dor ou a paixón son parte fundamental da historia.

 

De Anabel Alonso a Carmen Morales

A actriz Anabel Alonso presentarase en solitario sobre o escenario do Teatro Afundación o domingo 22 de marzo para interpretar La mujer rota. Con texto de Simone de Beauvoir, a obra explora a crise existencial dunha muller que, soa na súa casa, sen poder durmir, se enfronta aos seus recordos, ao seu presente e ao seu futuro. A directora do espectáculo, Heidi Steinhardt, destaca entre as grandes características deste texto de Beauvoir unha distancia do «pensamento maniqueo» que lle permite «deixar sobre a mesa moitos interrogantes e ningunha resposta».

Xa o 17 de abril, Imanol Arias e María Barranco presentan a comedia Mejor no decirlo. Na trama, os dous integrantes dun matrimonio que fixo do saber cando falar e cando calar o segredo da súa longa duración, pregúntanse que pasaría se pasasen a dicirse todo entre eles, absolutamente todo.

 

Agatha Christie, Pérez Galdós e un par de inmaduros

Querida Agatha Christie chega ao Teatro Afundación o xoves 7 de maio. Protagonízana Carmen Morales e Juan Meseguer. É a historia ficticia dun encontro casual nun hotel de Tenerife entre a escritora británica Agatha Christie e o literato español Benito Pérez Galdós. O encontro sucede nunhas horas nas que a novelista está pensando en suicidarse. Compartirán segredos, fobias, mentiras, desexos e frustracións. Juan Carlos Rubio escribiu e dirixe a obra.

A Tempada de Abonos do Teatro Afundación despedirase o xoves 11 de xuño ata despois do verán cunha divertida historia protagonizada por dous homes que, pasados os 50, seguen sendo absolutamente inmaduros. Con Carlos Sobera e Ángel Pardo á fronte dun elenco de seis intérpretes, a obra, titulada Inmaduros, expón de forma amena temas como as variadas formas de relacionarse.

A historia comeza cando un dos protagonistas se separa tras 25 anos de matrimonio e un amigo trata de axudalo presentándolle mulleres que, confía, o axudarán a saír da melancolía e a depresión. A amizade é outro dos asuntos sobre os que se constrúe a trama de Inmaduros.

 

«Cultura por alimentos»

A Tempada de Abonos do Teatro Afundación forma parte do programa solidario «Cultura por alimentos», desenvolto pola Obra Social de ABANCA en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL). Os asistentes ás funcións poderán colaborar depositando alimentos non perecedoiros nos colectores dispostos para tal fin no teatro. As doazóns serán distribuídas por FESBAL entre familias en risco de exclusión de Vigo e a súa área de influencia.

 

 

 

Hai imaxes dalgúns dos espectáculos nesta ligazón

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078