• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias A versión escénica de La barraca, dirixida por Magüi Mira, o 26 de novembro no Teatro Afundación
Sala de prensa
A versión escénica de La barraca, dirixida por Magüi Mira, o 26 de novembro no Teatro Afundación

A versión escénica de La barraca, dirixida por Magüi Mira, o 26 de novembro no Teatro Afundación

martes, 18 de novembro de 2025
Cultura

«Unha historia de sempre que nos fala da eterna loita entre a razón e a violencia, dunha comunidade enferma con comportamentos salvaxes». Así se refire a actriz, escritora e dramaturga Magüi Mira ao argumento de La barraca, a novela de Vicente Blasco Ibáñez publicada en 1898. Mira dirixe a versión teatral do libro que chegará ao escenario do Teatro Afundación o 26 de novembro ás 20.30 horas. As entradas están á venda en Ataquilla.com.

La barraca é a penúltima das 12 obras programadas este ano pola Obra Social de ABANCA en Vigo como parte da Tempada de Abonos do Teatro Afundación, que presenta en Vigo cada ano algúns dos espectáculos teatrais máis importantes do momento en España.

8 intérpretes

A inmortal obra de Blasco Ibáñez, agora novamente adaptada para o teatro, conta a historia do sucedido cando, na horta valenciana, Batiste e a súa familia alugan unha barraca con terra. Ao facelo desafían o xuramento que fixeran os veciños da zona de mantela abandonada despois de que a familia que a explotou historicamente sexa obrigada a deixar de facelo por non poder pagar o alugueiro. A comunidade someteraos a un boicot brutal e comezarán unha serie de feitos de tensión e violencia.

A adaptadora do texto, a dramaturga Marta Torres, propón contar a historia de La barraca cunha posta en escena para 8 intérpretes que representan os principais personaxes da novela. Tamén interveñen uns entes aos que a propia Torres denomina «sombras» e que encarnan a masa de veciños e outras presenzas que axudan a recrear atmosferas e o paso do tempo. 

Coas súas interpretacións levan ao escenario unha historia que fala, asegura Magüi Mira, da «identidade tan necesaria que nos dá o arraigamento á terra na que nacemos».

Mira (Valencia, 1944) é actriz, directora, escritora e produtora de teatro. Tamén é coñecida polas súas participacións en cinema e televisión. Poucas persoas no mundo do teatro en España acumulan na súa ampla traxectoria escénica tantos recoñecementos coma ela. En 2016, Magüi Mira foi distinguida coa Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes.

Tempada de Abonos

Tras a posta en escena de La barraca, a programación da Tempada de Abonos do Teatro Afundación chegará ao seu fin o 10 de decembro con Camino a la Meca, un espectáculo con texto do dramaturgo surafricano Athol Fugard e interpretado por Lola Herrera, Natalia Dicenta e Carlos Olalla.

Camino a la Meca será o duodécimo espectáculo programado na Tempara de Abonos en 2025. O primeiro, en xaneiro, foi a obra La colección, protagonizada por José Sancristán. Desde entón, pasaron polas táboas do Teatro Afundación dentro da programación da Tempada de Abonos intérpretes e grupos como María Adánez ou María Galiana e Els Joglars, dirixidos por grandes nomes da escena española como Helena Pimenta ou Juan Echanove.

«Cultura por alimentos»

A Tempada de Abonos do Teatro Afundación forma parte do programa solidario «Cultura por alimentos», desenvolvido pola Obra Social de ABANCA en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL). Os asistentes aos espectáculos poderán colaborar depositando alimentos non perecedoiros nos contedores dispostos para tal fin no Teatro Afundación de Vigo. As doazóns serán distribuídas por FESBAL entre familias en risco de exclusión de Vigo e a súa área de influencia.

 

 

 

Hai imaxes de La barraca nesta ligazón.

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078