• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias A UIE nomeará profesora honoris causa a Kerry Kennedy, presidenta da Fundación Robert F. Kennedy Human Rights
Sala de prensa
A UIE nomeará profesora honoris causa a Kerry Kennedy, presidenta da Fundación Robert F. Kennedy Human Rights

A UIE nomeará profesora honoris causa a Kerry Kennedy, presidenta da Fundación Robert F. Kennedy Human Rights

luns, 27 de outubro de 2025
Educación superior

Kerry Kennedy, presidenta da Fundación Robert F. Kennedy Human Rights, visitará Galicia os próximos 3 e 4 de novembro no marco da colaboración subscrita entre a fundación que custodia o legado do seu pai, o senador estadounidense Robert F. Kennedy, a Universidad Intercontinental de la Empresa e Afundación.

O luns 3 de novembro, a UIE nomeará a Kerry Kennedy profesora honoris causa da Facultade de Administración de Empresas e Dereito nunha cerimonia solemne que terá lugar ás 18.00 h en Santiago de Compostela. A presidenta da Fundación Robert F. Kennedy Human Rights pronunciará unha conferencia maxistral e recibirá o diploma e a medalla académica da UIE. O reitor Miguel Ángel Escotet fará a laudatio: «Kerry Kennedy: A forza da palabra, a compaixón e a lei». Previamente, manterá un coloquio cos estudantes da UIE na súa sede en Santiago.

A visita institucional de Kerry Kennedy forma parte do protocolo de colaboración asinado pola súa fundación en España, a UIE e Afundación para establecer un marco de traballo conxunto que permita impulsar programas que contribúan a difundir a necesidade de concienciar sobre os dereitos humanos, a tolerancia e os valores democráticos en nenos e novos. O programa continuará ao día seguinte, martes 4 de novembro, no IES Rosalía de Castro, onde manterá un encontro ás 11.00 h con estudantes e profesores como parte da programación deseñada polas tres entidades.

 

 

Fundación Robert F. Kennedy Human Rights

A Robert F. Kennedy Human Rights Foundation, con sede en Washington D.C. e con presenza en 60 países, foi creada en 1968 por amigos e familiares do senador estadounidense Robert F. Kennedy, asasinado ese ano, para promover o seu legado moral. Entre as súas iniciativas destaca a concesión do Premio de Dereitos Humanos con ese nome desde 1984 ao obxecto de distinguir a persoas de todo o mundo que fixesen unha contribución significativa aos dereitos humanos nos seus respectivos países.

En 2019 Kerry Kennedy, filla de Robert F. Kennedy, fundou a súa división española, RFK Human Rights Spain, con sede en Madrid, que se centra en preservar os seus valores: a defensa dos dereitos humanos, a xustiza social e o poder da acción individual. Así, a fundación promove a paz, o respecto, a educación en valores e o desenvolvemento do talento en nenos e adolescentes, fomentando a cohesión social e a diversidade.

Kerry Kennedy, ten un doutoramento na prestixiosa Facultade de Dereito de Boston College e varios doutoramentos honoris causa e premios internacionais en Estados Unidos, América Latina e outros países dos cinco continentes. Entre as súas publicacións destacan Dicir a verdade ao poder, Robert F. Kennedy: Ondas de esperanza e Citizenship Education and the Modern State.

 

Imaxes da firma do protocolo de colaboración entre UIE, Afundación e RFK Human Rights Spain   e de Kerry Kennedy con seu pai AQUÍ

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078