• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias A Tempada de Abonos de teatro de Afundación inicia a súa segunda parte con As amargas bágoas de Petra von Kant
Sala de prensa
A Tempada de Abonos de teatro de Afundación inicia a súa segunda parte con As amargas bágoas de Petra von Kant

A Tempada de Abonos de teatro de Afundación inicia a súa segunda parte con As amargas bágoas de Petra von Kant

xoves, 02 de outubro de 2025
Cultura

Ana Torrent, Gabino Diego, Lola Herrera ou Natalia Dicenta forman parte da relación de intérpretes que se subirán ao escenario do Auditorio da Sede de Afundación entre os meses de outubro e decembro para protagonizar os espectáculos programados na Tempada de Abonos de teatro da Obra Social de ABANCA en Pontevedra. Torrent será a encargada de darlle vida a un personaxe de referencia no teatro occidental do século pasado: Petra von Kant, unha deseñadora de modas que tras deixar ao seu esposo namórase doutra muller. A obra As amargas bágoas de Petra von Kant poderá verse o mañá, venres, 3 de outubro (20.30 horas). As entradas están dispoñibles en Ataquilla.com. 

 

Hai imaxes do espectáculo nesta ligazón

 

A montaxe, que inaugura a segunda metade da Tempada de Abonos de teatro en Pontevedra neste 2025, revisita o texto homónimo co que o escritor e cineasta Rainer Wener Fassbinder sorprendeu a crítica e público en 1971. A proposta, que rompendo tabús e convencionalismos conectou moi rapidamente coas xeracións novas e coa crítica nunha época de efervescencia política e cultural, tivo tanto éxito que tan só un ano despois o propio Fassbinder a levou ao cinema.

 

Teatro para a reflexión

Polo libreto de As amargas bágoas de Petra von Kant desfilan temas e convites á reflexión sobre cuestións como o poder nas relacións de parella, ou o emprego do diñeiro ou o sexo como ferramentas de poder.

A historia que conta o espectáculo comeza cando, pouco despois de separarse do seu marido, Petra von Kant coñece a Karin, unha moza oportunista de orixes humildes da que namora perdidamente. Petra mesmo lle promete convertela nunha modelo internacional. A relación entre ambas as mulleres resultará tormentosa.

O elenco da obra, dirixida por Rakel Camacho, complétano Aura Garrido, Julia Monje, María Luisa San José e Maribel Vitar.

 

Tempada de Abonos

O espectáculo é o terceiro das programadas polo Teatro Afundación dentro da súa Tempada de Abonos de teatro neste 2025.

Coa Tempada de Abonos, a Obra Social de ABANCA programa cada ano algúns dos mellores espectáculos teatrais do momento en España. As persoas interesadas nas obras poden retirar abonos para asistir a todas as producións a prezo reducido ou comprar entradas de forma individual para cada espectáculo. No primeiro semestre deste ano, e dentro do programa a Tempada de Abonos do Teatro Afundación, o público puido gozar das postas en escena de A raíña da beleza de Leenane, protagonizada por María Galiana e Lucía Quintana, e de El rey que fue, o espectáculo co que o grupo Els Joglars expuxo un retrato satírico da vida de Juan Carlos de Borbón e da historia recente de España.

 

«Cultura por alimentos»

Moitos dos eventos que se programan na Sede de Afundación en Pontevedra Afundación forman parte do programa solidario «Cultura por alimentos», desenvolto pola Obra Social de ABANCA en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL). As persoas que asisten aos espectáculos poden colaborar depositando alimentos non perecedoiros nos contedores dispostos para tal fin. As doazóns serán distribuídas por FESBAL entre familias en risco de exclusión de Pontevedra e a súa área de influencia.

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078