• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias A Real Filharmonía de Galicia inaugura a Tempada de abonos do Teatro Afundación coa estrea da composición breve 'Muffled cry'
Sala de prensa
A Real Filharmonía de Galicia inaugura a Tempada de abonos do Teatro Afundación coa estrea da composición breve

A Real Filharmonía de Galicia inaugura a Tempada de abonos do Teatro Afundación coa estrea da composición breve 'Muffled cry'

xoves, 22 de xaneiro de 2026
Cultura

O Teatro Afundación acolle o venres 30 de xaneiro o concerto inaugural da Tempada de Abonos de clásica da Obra Social de ABANCA en Vigo neste 2026. A Real Filharmonía de Galicia protagonizará a primeira das 7 sesións dedicadas á música clásica programadas no primeiro semestre do ano. Co seu director titular, Baldur Brönnimann, á batuta, a formación compostelá abrirá o concerto, e a Tempada de Abonos, coa estrea absoluta  da composición breve Muffled cry, do trompetista, creador musical e director de orquestra valenciano Voro García (1978). Quen non dispoña de abonos con prezo reducido, pode acceder obtendo as súas entradas en Ataquilla.com.

A composición Muffled cry é unha das 16 cometas encargadas pola Real Filharmonía de Galicia (RFG) para conmemorar o seu trixésimo aniversario, que se cumpre este ano. Son, as cometas conmemorativas da RFG, breves obras sinfónicas, de ata 5 minutos de duración. 8 delas están asinadas por autoras e autores de Galicia; as outras 8 compuxéronas profesionais do resto de España. O programa complétano unha obra de Serguéi Prokófiev, o Concerto para violín núm. 2 en Sol menor, Op. 63, e outra de Jean Sibelius, a Sinfonía núm. 2 en Re mayor, Op. 43.

 

Obras de 1935 e 1902

Prokófiev compuxo o Concerto para violín núm. 2 en sol menor en 1935. Preparado para regresar á URSS tras un longo período de éxitos fóra, este concerto foi o último encargo que o músico recibiría do mundo occidental. A súa estrea, en Madrid, incluíu castañolas.

Jean Sibelius compuxo en 1902 a súa Sinfonía núm. 2, despois dunha breve estancia en Italia. A profusión de motivos melódicos marca os seus catro movementos.

Acompañarán a RFG, Raquel Areal ―violín― e James Dahlgren ―concertino―.

 

Segue a Tempada de abonos

Logo do concerto inaugural da Tempada de Abonos de Clásica coa RFG, e ata a interrupción do verán, o programa inclúe outros seis concertos. Tres serán da propia Real Filharmonía, un da Sinfónica de Galicia, e outros dous correrán a cargo de dous quintetos: o de corda da Filharmónica de Berlín e o Quinteto Lunfardo, composto por músicos de Uruguai e Arxentina radicados en Europa.

A segunda cita da Tempada de Abonos de Clásica será o mércores 25 de febreiro, ás 20.00 horas. O quinteto de corda da Filharmónica de Berlín dará un concerto cuxo programa inclúe o Quinteto para clarinete en la maior, K581 de Mozart, e o Quinteto de corda núm. 3 en mi bemol maior, op. 97 «American» de Dvořák.

 

«Cultura por alimentos»

A Tempada de Abonos de clásica do Teatro Afundación forma parte do programa solidario «Cultura por alimentos», desenvolto pola Obra Social de ABANCA en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos. Os asistentes aos concertos poderán colaborar depositando alimentos non perecedoiros nos contedores dispostos para tal fin no Teatro Afundación de Vigo.

 

 

Fotos de Baldur Brönnimann e dun concerto no Teatro Afundación, nesta ligazón.

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078